O pasado sábado 23 de febreiro de 2019 SIG (Solidariedade Internacional Galicia) ofertou un obradoiro en Pontevedra para seguir coas formacións no marco do proxecto "Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora". A formación estaba centrada en "intelixencia emocional" e os asistentes eran técnicos e voluntarios da ONG, así como profesores dos centros galegos onde se está levando a cabo o proxecto Horizonte 2030, entre eles, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero).
lunes, 25 de febrero de 2019
viernes, 22 de febrero de 2019
CONGRESO EDUCA 2019
O 22 de febreiro unha representación do alumnado de 3º e 5º de
primaria, acompañado de Carmen Espiñeira (titora de 5º EP) e Magú
(orientadora), presentaron unha comunicación no II Congreso Mundial de
Educación. EDUCA 2019, que se organizou na Cidade da Cultura, en
Santiago de Compostela.
A comunicación levaba o título “A implementación do Programa TEI na etapa de Educación Primaria”.
O alumnado titor cos seus titorandos explicaron a profesorado de moitos lugares diferentes a súa vivencia no Programa TEI: por que se anotaron como titores/as, como facer fronte a un conflito, que calidades ten que ter un titor/a e moitos aspectos máis que podedes consultar na presentación de PowerPoint.
A experiencia, despois foi valorada polo alumnado como algo moi positivo, xa que, nas súas palabras, aprenderan o que é un Congreso, ao tempo que tiveron que lidiar cos seus medos e inseguridades. Aprenderon tamén que todos somos máis capaces do que pensamos, solo temos que propoñernos facer as cousas para que estas resulten.
Por parte do profesorado tamén somos máis conscientes aínda de que o noso alumnado só necesita oportunidades para enfrontarse a novos retos e levalos a cabo con éxito.
Etiquetas:
Congreso Educa 2019
martes, 19 de febrero de 2019
1º OBRADOIRO "HORIZONTE 2030"
Martes 19 de febreiro 2019, de 12:15 a 13:25. O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO recibiu o primeiro obradoiro deste proxecto "Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora" que estamos a desenvolver coa ONG Solidariedade Internacional Galicia, que ten como marco os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Noa, a encargada de impartir esta actividade, fixo unha interesante dinámica utilizando graos de café na que os rapaces e rapazas tiveron que reflexionar sobre o reparto equitativo. A seguinte sesión a realizaremos no vindeiro mes de marzo, e consistirá nun proceso de investigación.
Etiquetas:
Horizonte 2030,
Solidariedade Internacional Galicia
viernes, 15 de febrero de 2019
TEATRO E VISITA AO CIFP SOMESO
A mencionada peza de teatro tivo
unha duración aproximada dunha hora na que o alumnado tivo o pracer de ver in
situ as evolucións interpretativas e poder sentirse franco-escoitantes, gozando
da presencia dun elenco de actores franco-belga.
Ao remate da sesión seguiu unha
pequena charla-coloquio entre @s participant@s e o trío de intérpretes,
configurado por dúas persoas de orixe belga e unha francesa que intercambiaron
inquedanzas, preocupacións e respostaron
ás cuestións lanzadas dende o patio de butacas.
Os nos@s alumn@s foron quen de
seguir globalmente a obra, feito que lles vai axudar a avanzar e reportar máis
curiosidade se cabe na súa evolución e aprendizaxe da lingua obxecto de estudo.
O alumnado que non cursa francés
visitou o CIFP Someso para coñecer as
familias profesionais que alí se imparten. Puidemos ver talleres de fabricación
e montaxe, as cabinas de soldar, talleres de carpintería, de transporte e
mantemento de vehículos e de peiteado e estética, entre outros.
Moitas grazas ás persoas que nos acompañaron nas visitas!!
Etiquetas:
CIFP Someso,
teatro
A ESTUDAR TAMÉN SE APRENDE

Pero estudar non só
significa pasar moitas horas diante dos libros ou apuntamentos e para
ensinarvos diferentes “trucos” e
estratexias que vos permitan ter éxito, Belén Pérez Sanmartín, pedagoga do
gabinete Eleméntal, desenvolveu ao
longo da semana do 4 ao 8 de febreiro un obradoiro de técnicas de estudo co
alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º de ESO.
IRIMONLAB: OBRADOIRO DE INTERNET SEGURO
O pasado martes 5 de febreiro os alumnos/as do proxecto IrimonLab impartiron un obradoiro aos rapaces de 5º e 6º de primaria e a ESO sobre os riscos que de Internet. Tal como relata Lúa, unha das formadoras de IrimonLab: "
"Foi unha iniciativa que xurdiu no Lab, a proposta foi nosa pero os rapaces e rapazas aceptaron o encargo. Tiñan liberdade para elixir que formato lle querían dar, e como o tempo foi xusto, decidiron tirar pola parte de presentación en impress.
Fixéronse dous grupos no Lab: un deles faría o obradoiro con 5º e 6º de Primaria e o outro con toda a ESO. O obradoiro discurriu así:
- Presentación, na que se incluían indicacións básicas para manexarse na rede con seguridade, vídeos, preguntas para o debate.
- Dinámica. Consistía nun xogo tipo "pasapalabra" para comprobar os coñecementos dos e das asistentes e aclarar dúbidas e algúns conceptos.
O resultado foi positivo por dous motivos fundamentais: En primeiro lugar, os rapaces e rapazas do Lab valoraron a importancia de ser quen transmite información relevante para a vida do seu grupo de iguais, e tomaron a tarefa con responsabilidade. En segundo lugar conseguiron traballar en equipo, é verdade que con moitas dificultades, pero conseguírono."
Etiquetas:
Fundación Ayuda en Acción,
internet seguro,
IriMonl@b,
Obradoiro
jueves, 14 de febrero de 2019
RADIO FEROUTA CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019
Radio Ferouta
celebra o Día Mundial da Radio 2019 realizando un programa especial con
entrevistas a referentes como Gorka Zumeta ou Nazaret López, unha reportaxe a La Radio de los Gatos ou reflexións arredor da
radio escolar e a solidariedade. Esta coprodución radiofónica realizada entre o
CPI Virxe da Cela (Monfero) e o CEIP Barouta (Ames) é o resultado da
participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de
ideas e a creación e produción do guión.
Unha produción do
Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e
Axuda en Acción.
Etiquetas:
Día Mundial da Radio 2019,
radio ferouta
miércoles, 13 de febrero de 2019
DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ NO DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019
Hoxe, mércores 13 de febreiro de 2019, a UNESCO celebra a octava edición do Día Mundial da Raido. Este día é unha oportunidade para que o mundo celebre a radio e o seu impacto nas nosas vidas. A radio infórmanos, transfórmanos e tamén únenos. Reúne a comunidades de todas as profesións e condicións sociais para promover un diálogo construtivo para o desenvolvemento. Máis concretamente, a radio é o medio ideal para pedir o fin da violencia e dos conflitos.
Sobre esta base o tema do Día Mundial da Radio 2019 será "Diálogo, Tolerancia e Paz". Ao proporcionar unha plataforma para o diálogo e o debate democrático sobre temas de actualidade, como a migración ou a violencia contra as mulleres, a radio pode axudar a sensibilizar e difundir novas perspectivas positivas. A radio tamén pode axudar a difundir a tolerancia e superar as diferencias para reunir ás persoas en torno a obxectivos e causas comúns, como o dereito á educación e a saúde para todos/as.
Etiquetas:
Día Mundial da Radio 2019
viernes, 1 de febrero de 2019
35 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Baixo o lema “Por min e por tódolos meus compañeiros” os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o 35 Concurso Escolar Once. Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as sobre a importancia de crear unha escola inclusiva e, nesta edición, ponse o punto de mira nos recreos.
De feito, o patio de recreo convértese nunha micro sociedade dentro do espazo escolar, onde alumnos/as de distintas idades, etapas educativas, perfis... poñen en xogo a súa capacidade de interactuar cos iguais nun espazo onde poñer en práctica as súas habilidades de empatía, negociación, interacción, solidariedade...
Etiquetas:
35 CONCURSO ESCOLAR ONCE 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)