martes, 27 de diciembre de 2016
jueves, 15 de diciembre de 2016
QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
O CPI Virxe da Cela sumouse este
ano, por primeira vez, á XIII Carreira Quilómetros de Solidariedade da
ONG Save The Children. Enmarcada dentro
das nosas actividades solidarias, é unha actividade con dobre finalidade: por
unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario
cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e,
por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children”
para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus
dereitos.
Moito máis que unha actividade
deportiva, a carreira Quilómetros de Solidariedade permite traballar a defensa
e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fora da aula. A través das
actividades didácticas as alumnas e alumnos coñecen máis de preto a situación
que millóns de nenas e nenos de países máis desfavorecidos viven a diario. Mobilizarse
e loitar para defender os seus dereitos é o noso obxectivo. Cada quilómetro
percorrido conta para chegar á meta: conseguir que todas as nenas e nenos do
mundo teñan asegurado o cumprimento dos seus dereitos.
E para mostra, o vídeo que tedes
a continuación.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA SOLIDARIEDADE
martes, 13 de diciembre de 2016
UNHA CLASE MOI ESPECIAL NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE LUGO
A experiencia que presentarán concrétase nunha campaña de posta en valor do medio rural galego que aglutina un conxunto de actuacións a prol da identificación, valoración e enfrontamento a situacións problemáticas que o configuran dende unha perspectiva activa e resolutiva que é quen de aglutinar o esforzo comunitario. O nexo de unión é a Asociación Infantil e Xuvenil “Soño rural” creada polo alumnado do centro, sendo a encargada de dinamizar e difundir estas actuacións, tarefa que realizarán na Facultade. Neste curso escolar o proxecto deseñado ten por nome "A vaquiña polo que vale", sendo hoxe o alumnado o encargado de presentalo
Destacar que esta experiencia forma parte dos proxectos “Somos paisaxe, somos vida” e de “Monfero Solidario” que desenvolve o Centro educativo e que conta cun gran recoñecemento institucional, sendo o primeiro premiado en varias ocasións dentro do Plan Proxecta, tanto pola Consellaría de Cultura Educación e Orientación Universitaria como pola Consellaría do Medio Rural e Monfero Solidario galardoado co Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación al Desarrollo. Un proxecto que ademáis contou co respaldo da Dirección Xeral de Voluntariado pola súa capacidade de entender a aprendizaxe como un servizo á comunidade.
O encontro, impulsado pola profesora de Socioloxía da Educación, Marta Poncet e pola directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Camino Pereiro (antigua alumna da Facultade), se encadra dentro do espírito de esforzo compartido en prol da calidade do ensino en todas as súas vertentes.
sábado, 10 de diciembre de 2016
10 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
“Somos moito máis fortes cando nos tendemos a man e non
cando nos atacamos, cando celebramos a nosa diversidade [...] e xuntos
derrubamos os poderosos muros da inxustiza”.
Etiquetas:
Día dereitos humanos
TRABALLANDO INTELIXENCIAS ENTRE A UNIVERSIDADE E A ESCOLA
Nestes últimos días o colexio público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) converteuse nun lugar de encontro entre o alumnado de 5º de Educación Infantil e alumnado do Grado de Mestres/as de Educación Infantil da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta experiencia foi que futuros mestres e mestras puxeran en práctica un banco de actividades deseñadas para desenvolver as intelixencias múltiples en nenos e nenas de catro anos.
Etiquetas:
Traballando Intelixencias
viernes, 9 de diciembre de 2016
INCONFORMISTAS
A Coordinadora Galega de ONGD pecha o ano do seu 25 aniversario coa difusión on line de 'Inconformistas. 25 anos de andaina solidaria', unha curta documental producida por Agareso, e dirixida por Xes Chapela, que fala da loita das organizacións galegas para mudar o mundo. O alumnado do CPI Virxe da Cela participou na gravación deste documental.
Etiquetas:
CGONG,
documental,
Inconformistas
lunes, 5 de diciembre de 2016
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO NO VIRXE DA CELA

Animamos a todas as persoas do planeta para dar un moi
merecido aplauso global (#GlobalApplause) aos voluntarios e voluntarias a
través das redes sociais e a participar nas celebracións do Día do Voluntariado.
Este 5 de decembro, Día Internacional dos Voluntarios, non
só celebramos o voluntariado en todas as súas facetas, senón que tamén se rende
unha homenaxe especial a todos os voluntarios que traballan para conseguir os
novos obxectivos mundiais. A través do voluntariado, cada persoa pode influír
na axenda de desenvolvemento sustentable mobilizando e promovendo a
participación de gobernos e comunidades.
Cada día miles de persoas ofrécense como voluntarios, sobre
o terreo ou en liña, para contribuír á paz e o desenvolvemento e para alcanzar
os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Este día é unha celebración do noso compromiso e da nosa
esperanza dun mundo mellor.
VIVAN OS VOLUNTARI@S!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)