viernes, 30 de octubre de 2009

SHOES FOR AFRICA


O noso centro unirase a unha campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persigue recoller en Europa o maior número posible de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. Esta iniciativa, que comezou no 2006, conta nesta ocasión co apadriñamento por parte da Fundación de Samuel Eto’o.

Do 3 ao 16 de Novembro podedes achegar ao colexio o calzado, e nós encargarémonos de entregalo no Corte Inglés. Como di o noso lema, “moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, facendo cousas pequenas, cambiará a face da Terra”.



miércoles, 28 de octubre de 2009

PROGRAMA SCHOOL TO SCHOOL



Tras ser galardonados no I Premio de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer", o noso centro ten o propósito de formar parte do proxecto "School to School" desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Teremos a oportunidade de traballar conxuntamente cunha escola en Anantapur, a India, e a través desta colaboración coñecer un pouco máis da India rural, e de igual xeito, achegar a realidade da nosa escola, ubicada no rural galego. Aprenderemos das diferenzas, ainda que descobriremos tamén moitas semellanzas.

Realizaremos moitas actividades para empaparnos da cultura india, entre elas:
  • Charla de sensibilización con proxección de diapositivas en todos os ciclos e niveis educativos.

  • Elaboración de fotografías e textos explicativos relacionados coa vida no rural galego, para establecer comparativas, e exposición das mesmas na Bibliteca Escolar.

  • Exposición sobre a India na Biblioteca Escolar, ofertando libros e material audiovisual sobre a India, e amosando variados obxectos, vestimentas, ornamentos, etc.

  • Obradoiros de mandalas.

  • Menú degustación de xantares típicos da India.


Animámosvos a que, a través do noso blogue Monferosolidario, disfrutedes de interesantes fotografías e documentais sobre a India, consultedes os libros ofertados na nosa Biblioteca, e facades o seguimento deste interesante proxecto no que nos acabamos de embarcar...




Mahatma Gandhi Documental

Mahatma Gandhi Documental biografia


www.Tu.tv

Norte da India

Norte da India


www.Tu.tv

Sur da India

Sur da India


www.Tu.tv

India Amor e devocion documental


www.Tu.tv

lunes, 26 de octubre de 2009

IX ENCONTRO EN REDE.

O sábado 24 de outubro viaxamos a Vigo para participar no IX Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que se celebrou nesta ocasión no Colexio Montesol. A pesares da chuvia e o mal tempo, disfrutamos enormemente desta xornada lúdico-educativa: tivemos a oportunidade de coincidir de novo con moitas caras coñecidas e afianzar os nosos lazos de amizade, aprender e valorar a interculturalidade a través de variados obradoiros, xantar uns fantásticos macarróns con salsa de tomate e porción de pizza "margarita", planificar as nosas axendas solidarias para o presente curso académico, e divertirnos co espectáculo musical "O deserto de Rub Al-Khali", do dúo DVA.

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixamos unha magnífica presentación fotográfica deste día tan especial...



10-10:30 Acollida e presentación



11:00 Xogos para os e as rapazas.


12:30 Obradoiro "Conecta e Cambio" para profes e alumnos.


14:00 Xantar


15:30 Xuntanza por grupos.Planificación das nosas axendas solidarias





16:30 Actuación lúdica: "O deserto de Rub Al-khali" polo dúo DVA

17:30 Presentación das axendas solidarias






19:00 Despedida

Pero que ben sairon todas...!. Ainda que a que mellor sain fun eu , que era a que quitaba a foto.


martes, 20 de octubre de 2009

"POR NADA": unha curtometraxe que aborda a problemática do acoso escolar

COMENTARIO DIDÁCTICO

"Por nada" é unha curtometraxe de ficción baseada en feitos reais descritos por persoas que levan anos analizando os comportamentos violentos de sectores moi concretos da nosa mocidade, máis concretamente do que fora o Primeiro Defensor do Menor, Javier Urra.
Nel preséntasenos a uns alumnos dun colexio, a cuadrilla de Roi, aburridos e consentidos, resultado dunha educación permisiva e superprotectora, que produce tanto dano como o autoritarismo, na nosa mocidade.
Aborda tamén o tema da violencia, da súa práctica e da súa publicación a través de Internet, en Youtube neste caso, e do chamado ciberacoso, a gravación non autorizada de imaxes, reais ou ficticias, que logo son publicitadas sen consentimento na rede.
Permite reflexionar sobre a violencia, o ciberacoso ou matonismo e a convivencia, sobre o respecto, a xustiza, a responsabilidade sobre os propios actos, o aburrimento ou a diversión.
Imos pois a reflexionar sobre iso, sobre si as situacións que se describen nel adáptanse á realidade, si quedan curtas ou si pensas que son unha esaxeración...
Tras o debate do tema e a exposición do mesmo na clase, deberedes de facer un comentario reflexivo e agregar as conclusións ás que cheguedes no blogue.






lunes, 19 de octubre de 2009

ENCONTRO EN REDE 2009

ENCONTRO EN REDE 2009
Sábado, 24 de Outubro
COLEXIO MONTESOL (Vigo)


Baixo o título "Conecto e cambio", o próximo sábado 24 de outubro celebraremos o IX Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes.


A continuación deixámosvos o programa da xornada. E xa sabedes...vémonos en Vigo.

jueves, 15 de octubre de 2009

DO 8 AO 18 DE OUTUBRO, SEMANA GALEGA POBREZA CERO

Pinchar para ampliar


Máis de 40 cidades españolas acollen, do 16 ao 18 de outubro, as mobilizacións da Semana Contra a Pobreza promovida pola Alianza Española contra a Pobreza. Todas elas programaron actividades para este fin de semana. O obxectivo? Esixir aos líderes políticos mundiais o cumprimento dos seus compromisos cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio na loita contra a pobreza extrema e a fame que afectan xa a máis de 1.000 millóns de persoas no mundo. Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Valencia, Pamplona, Sevilla, Valladolid, Santiago de Compostela,Coruña, Ferrol, Vigo,Ourense,Lugo, Pontevedra entre outras moitas, acollerán diversas mobilizacións.

No vídeo “EU ESIXO” El Canto del Loco, Javier Cámara, Cayetana Guillén Cuervo, Patricia Conde e Marcos Cao esixen aos gobernos o cumprimento dos compromisos asumidos na loita contra a pobreza na Declaración do Milenio do ano 2000. Animan tamén á cidadanía a participar nas manifestacións contra a pobreza que se celebrarán os días 16, 17 e 18 de outubro.




miércoles, 14 de octubre de 2009

I XORNADAS DE CONVIVENCIA ENTRE CENTROS


O martes 13 de Outubro de 2009 celebramos no Mosteiro de Monfero unha xornada de convivencia entre o noso centro C.P.I. Virxe da Cela e o I.E.S. Monelos da Coruña. Os alumnos e alumnas de ambos centros tiveron a oportunidade de relacionarse, coñecerse, intercambiar experiencias, etc., nun marco incomparable: O Mosteiro de Monfero. Aprenderon e valoraron o noso rico patrimonio cultural a través dunha interesante visita guiada ao Mosteiro, coas explicacións de Manuel López Vidal. Abordamos o tema da interculturalidade a través de xogos cooperativos e actividades lúdicas. Disfrutamos dun divertido xantar baixo a sombra dos carballos. Intercambiamos regalos no momento da despedida... Foi un día inesquecible que soubo a ben pouco... Para o ano máis...



Xogo de presentación para coñecernos un pouco máis


Visita guiada ao Mosteiro de Monfero


Un partidiño de fútbol despóis de xantar


Xogo da Travesía Perigosa con periódicos

O xogo do Pasapalabras

Unha grande roda con todos os participantes


Sorpresa de despedida: un saco con regalos...


Intercambio de regalos






domingo, 11 de octubre de 2009

VISITA DE PROFES DE NICARAGUA Ó NOSO CENTRO

O luns 5 de outubro recibimos a visita de Dánea Mairena e Jealtha Márquez, dúas profesoras nicaragüenses para compartir connosco o traballo que realizan nas escolas de “Fe e Alegría “ e nas escolas gubernamentais de Nicaragua, encamiñado á formación de xóvenes e que contempla como obxectivo prioritario a construción dunha cidadanía global. No seu proxecto educativo tentan construír un modelo de formación que sirva para o desenvolvemento integral dos mozos e mozas dende dous grandes eixos:

  • O desenvolvemento humano, que implica fortalecer habilidades para a vida que se traduce en valores, toma de decisións, plans de vida, etc.
  • O de proxección social, que implica preparalos en coñecementos sobre liderazgo, organizacións xuvenís, participación, comunicación, formulación e planificación de proxectos, poder e xestión local, para o servizo á súa comunidade.

Así mesmo compartimos con elas as experiencias e actividades realizadas no noso colexio no grupo “Monferosolidario”.

Dánea Mairena, explicando os nosos alumnos o proxecto educativo xuvenil que dirixen nas escolas guatemaltecas


Sandra (técnico de Entreculturas), Jealtha, Dánea e as coordinadoras de Monferosolidario Verónica e Yolanda.