lunes, 18 de marzo de 2024

ESCRIBINDO CARTAS AOS RAPACES E RAPAZAS DA INDIA

Luns 18 de marzo de 2024, ás 12:30 horas, na Biblioteca Escolar. Clase de 4º Educación Primaria, coa súa mestra de inglés Cristina Cillero, preparan unhas cartas para enviar aos rapaces e rapazas da Konampalli School, na India, dentro do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer.





lunes, 11 de marzo de 2024

Donas de sí en infantil

 Dende a etapa de Infantil e dentro do proxecto Donas de sí, as titorías estiveron a traballar o papel importante da familia e o rol das mulleres dentro dela. Este foi o resultado:











martes, 5 de marzo de 2024

"O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE

 "O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.



Aquí vos deixamos o conto narrado polo alumnado de 1º de ESO

viernes, 1 de marzo de 2024

8M


 No corredor de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, etc. Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, entre outras, son as mulleres protagonistas desta exposición. 




jueves, 22 de febrero de 2024

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 O xoves 22 de febreiro de 2024, Martín Mejuto, psicólogo, visitou o noso centro para impartir obradoiros sobre Educación Emocional. Estas visitas realízanse  de maneira quincenal nas aulas de educación primaria e 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, grazas ao patrocinio da Fundación Ayuda en Acción. Estes obradoiros xa deron comezo o curso pasado impartidos pola psicóloga Helena García, e tiveron moi boa acollida. Os nenos e nenas e os mozos e mozas están encantados con esta formación na que se traballan aspectos tan importantes como a autoestima, a igualdade e a xestión de conflitos. 







lunes, 19 de febrero de 2024

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE DELITOS DE ODIO

 Luns 19 de febreiro 2024, 3 quendas. A axente Sara Rodríguez, da Garda Civil de Fene.



EDUCAR EN POSITIVO: AUTONOMÍA E LÍMITES

 Martes 20 de febreiro de 2024. Unha decena de nais asisten á charla "Autonomía e Límites", dentro do ciclo de charlas Educar en Positivo, ofertadas durante este curso escolar pola Fundación Ayuda en Acción en colaboración coa ANPA do CPI Virxe da Cela. 




Formacion Familias Vc 2 Sesion by veracruces on Scribd

viernes, 16 de febrero de 2024

CONCURSO

Con motivo da celebración do Día Internacional da Visibilidade Trans o próximo 31 de marzo, ARELAS, Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia, convocamos o “Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans” co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o apoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias transfóbicas. 

Dentro deste concurso, temos establecido dúas categorías de concurso con dous premios: o primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.

A Primeira Categoría: concursantes ata 13 anos cumpridos.

A Segunda Categoría: concursantes de 14 anos cumpridos en adiante.

Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS. Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 24 de marzo ao correo infoarelas@gmail.org. Entre o 24 e o 27 de marzo as persoas participantes recibirán unha comunicación de aceptación do traballo, verificando que se axusta ás bases. A decisión do xurado farase pública o 31 de marzo.



BASES.CONCURSOILUSTRACIÓNS by veracruces on Scribd

Normativa Concurso Ilustracion Arelas 2024 by veracruces on Scribd

martes, 6 de febrero de 2024

ÉXITO DA CAMPAÑA PILABOT

Dende o pasado 21 de xaneiro, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela está a participar na quinta edición do Concurso Pilabot. O alumnado de 2º EP pasou polas aulas de 1º, 3º e 4º EP para explicar o proceso de participación. Así mesmo, tamén colocaron os contedores nas tres etapas educativas. Dende o primeiro momento, tivo unha gran acollida por parte do alumnado, o cal non deixou de traer pilas de forma diaria. A participación segue aberta ata mediados de abril, polo que...VOS ANIMAMOS A SEGUIR TRAENDO PILAS!".






lunes, 5 de febrero de 2024

Día da muller (8M)

Para celebrar esta conmemoración, dende o centro propuxemos facer unha exposición fotográfica na que se vira presente consellos sabios para as nenas de hoxe en día. 

Para isto, pedímoslle ao alumnado que escollese un home significativo para eles e elas e lle fixera a seguinte pregunta: que consello lle darías as nenas de hoxe en día?

Con esta proposta poñemos en valor a oponión e a visión de homes de xeracións pasadas respecto a evolución do rol da muller de hoxe en día. Este foi o resultado:







POÑENDO EN MARCHA O PROXECTO SHOOL TO SCHOOL DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Alumnado de 4º de Educación Primaria, xunto coa súa mestra de inglés Cristina Cillero, visitan a Biblioteca Escolar para facer un primeiro achegamento coa Konampalli School (Anantapur, a India) e deste xeito tratar de reactivar o proxecto School to School coa Fundación Vicente Ferrer



miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

O CPI Virxe da Cela unímonos á celebración do Día Escolar da non Violencia e a Paz. Esta actividade consistiu na elaboración dun mural conxunto achegando as aportacións das diferentes aulas a modo de vagón con palabras relacionadas coa paz: un poema, unha canción, titulares de noticia... unha proposta aberta para fomentar a diversidade e creatividade do alumnado. O martes 30 de xaneiro de 2024 o tren cos seus respectivos vagóns articulouse nun  taboleiro de cortiza do patio cuberto, e as diferentes clases/aulas foron visitalo ese día con motivo da conmemoración.  




jueves, 25 de enero de 2024

III PREMIO GALEGO EPDCG

 A Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento ten o pracer de informar que, proximamente, no vindeiro mes de febreiro, se publicarán na nosa páxina web as Bases da Convocatoria da III Edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas transformadoras, realizadas durante o curso escolar 2022/23 e/ou 2023/24, que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo máis xusto.

O premio contará con tres categorías de participación: Categoría A: Educación Infantil e Primaria; Categoría B: E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; Categoría C: Ensinanzas universitarias. Polo que poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada que sexan oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación.

Nesta edición, o Premio incorpora como gran novidade, a dotación cunha viaxe a un proxecto de cooperación internacional en Guatemala cos gastos pagados para 6 docentes (2 profesores/as de cada centro gañador). Ademais da visita a Guatemala, as experiencias gañadoras recibirán tamén: un elemento distintivo para o centro; diplomas para o alumnado e certificados para o profesorado; a publicación das experiencias; a asistencia e participación protagonista na gala de entrega de premios.

A  próxima publicación das Bases da Convocatoria incluirá toda a información necesaria para participar: lugar e prazo de presentación de candidaturas; documentación que se debe achegar; criterios de valoración das iniciativas; composición do xurado avaliador; prazos de resolución e datas orientativas dos actos e viaxes.

A información previa está xa dispoñible na web da Coordinadora. Aquí tes o enlace: https://galiciasolidaria.org/o-premio-galego-de-educacion-convocarase-en-febreiro/

Por iso, dende a Coordinadora Galega de ONGD, queremos animar ao profesorado e centros de ensino galegos a participar achegando este avance d os puntos máis relevantes do certame.

Cando se publiquen as bases da nova convocatoria e se abra o prazo de presentación de candidaturas volveremos a informar.  Un saúdo e moitas grazas pola atención prestada.

III Premio Galego EPDCG by veracruces on Scribd