Temos dereito!!! Curta realizada polo alumnado de 5º curso da Ed. Priamria pola igualdade.
Este curso participamos no programa “Cinema con perspectiva”, unha proposta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia creada para dotar de recursos aos centros educativos públicos para á consecución da igualdade efectiva e de dereitos entre homes e mulleres, á prevención da violencia de xénero e ao respecto pola diversidade afectivo-sexual.
A
proposta ven da man da Asociación FICBUEU que ademais de organizar o Festival
Internacional de Cine de Bueu, promove numerosas accións relacionadas
directamente coa cultura cinematográfica e co seu potencial educativo.
Desta
forma, o alumnado de 5º curso fixo a súa primeira produción audiovisual
desenvolvendo as súas competencias persoais e sociais cunha proposta creativa e
crítica ante situacións que non son xustas nin éticas.
O primeiro paso para evitalas
é ser conscientes de que suceden na vida cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario