viernes, 13 de junio de 2025

INTERCAMBIO CULTURAL CPI VIRXE DA CELA E KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)

Alumnado de 5º de EP e 1º da ESO reúnense na Biblioteca Castelao para facer un visionado de todos os materiais elaborados polo noso centro e pola Konampalli School (A India), a través do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. Todos os rapaces e rapazas, e as profesoras que guiaron ao alumnado durante todo o proceso de traballo, recibiron un colorido diploma acreditativo agradecendo a súa participación. 

Traballar no proxecto de intercambio de tradicións coa escola de Konampalli foi unha experiencia moi enriquecedora. Ter un obxectivo real motivounos a querer compartir as nosas festas e costumes, e tamén a coñecer as súas con curiosidade e respecto. Ao longo deste proceso, traballamos en equipo e empregamos o inglés como lingua de comunicación, o que fixo que aprendésemos non só sobre culturas diferentes, senón tamén sobre a importancia do entendemento mutuo. Unha experiencia que, sen dúbida, deixará pegada. María Domínguez (mestra inglés).




No hay comentarios:

Publicar un comentario