Este mércores 19 de novembro reunímonos na Casa da Cultura de Pontedeume tres colexios pertencentes á comarca do Eume (o CPI Virxe da Cela de Monfero, o CEIP Eladia Mariño de Cabanas e o CEIP de Andrade), para conmemorar o 20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia. Xunto cos meus compañeiros da clase de 4º da ESO acudimos alí xa que, como case todos tocamos algún instrumento, como o tambor, a gaita, ou pandereta, pedíronnos que fóramos facer a entrada e o peche do acto. Durante este acto interviron varios representantes políticos desta comarca e tamén representantes dos centros educativos, como o noso director Iker Sánchez. Máis tarde seguimos coas exposicións do alumnado dos tres centros, as cales todos fixeron moi ben, e finalmente voltamos outra vez coa nosa actuación musical, e cun picoteo antes de saír. Foi un acto moi agradable no que a Asociación Euroeume, a asociación que organizou o acto, nos tratou moi ben. Alexandre Doutón (4º ESO).


No hay comentarios:
Publicar un comentario