miércoles, 30 de abril de 2025

PREPARACIÓN DISCURSO PARLAMENTO

Durante varias sesións de clase, 7 alumnos/as de 1º da ESO están a preparar un discurso sobre a Educación en Emerxencias para facer chegar aos nosos políticos nun acto oficial da Campaña Mundial da Educación que terá lugar o vindeiro venres 23 de maio de 2025. 


viernes, 25 de abril de 2025

REUNIÓN PROFESORADO INVESTIGACIÓN MOVEMENTO 4.7

Venres 25 de abril 2025, de 10:45 a 11:45. Reunión con ETEA _ Investigación Movimiento 4.7. María José Vázquez (ETEA), Estefanía Franco (Entreculturas), profesorado do CPI Virxe da Cela.

Dentro do Movemento 4.7. (que se financia a través dun convenio coa AECID) unha investigación activa na que se proba unha ferramenta de promoción da Cidadanía Global dentro da aula, buscando ver como levar a cabo unha educación transformadora e con perspectiva de EpCG axuda na formación e desenvolvemento dos alumnos e alumnas. Esta ferramenta consta dun cuestionario e uns xogos que a idea sería poder implementar con alumnxs de 1º da ESO. 

Para isto, o equipo de ETEA reuniríase en liña co equipo directivo/o e con lxs educadorxs en cuxa clase se vaia a pasar o cuestionario antes de que o fagan, para darlles indicacións e/o resolver dúbidas. 

A Fundación ETEA, Instituto de Desenvolvemento da Universidade Loyola, céntranse na investigación ao servizo do desenvolvemento, especializándose na implementación de proxectos e programas de cooperación internacional e realizando consultorías, estudos, asistencias técnicas e avaliacións.




jueves, 24 de abril de 2025

CELEBRACIÓN DA SAME 2025 NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o noso centro participa na Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Este ano, na SAME 2025, baixo o lema «Defende a Educación, apaga a Emerxencia» en España a campaña ten o foco na Educación en Emerxencia, que vaia máis aló da mellora do acceso á educación das nenas, novas e mulleres, nunha educación enfocada en equipar e capacitar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, comunidades e responsables políticos) para ser capaces de examinar, cuestionar e cambiar as construcións sociais e culturais que manteñen os privilexios do xénero masculino fronte ás nenas, novas, as mulleres e outras identidades de xénero ata o de agora moi invisibilizadas.

No corredor da planta baixa do edificio de secundaria hai un panel expositivo que ilustra esta campaña. Neste mesmo espazo está colgado o discurso que un grupo de alumnos/as de 1º da ESO levará ao Parlamento Galego no acto que terá lugar o vindeiro martes 29 de abril de 2025.

Proposta para unha actividade conxunta: Deixarase na sala do profesorado unha plantilla coa silueta dunha linterna, obxecto que simboliza a Educación en Emerxencia  (SAME 2025), para que poda ser fotocopiado e distribuído entre os alumnos/as das diferentes clases de EI, EP, ESO, e así cada quen faga por grupo ou de maneira individual a súa personalización do obxecto (pintar, decorar, escribir mensaxes, etc) e engadir ao panel expositivo da SAME 2025. 










miércoles, 23 de abril de 2025

HACKATLON DA REDE COMPÁS EN ALLARIZ

 Varios alumnos/as de 2º, 3ºe 4º  ESO participarán na actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación”, coordinado por AGARESO, que terá lugar entre os días 23 e 25 de abril de 2025.

As actividades previstas nesta mobilidade forman parte dun programa educativo extraescolar, certificado con Youthpass, e teñen como obxectivo a formación do alumnado en:

 ✔️ Competencias dixitais e mediáticas

 ✔️ Xestión de grupos e traballo en equipo

 ✔️ Habilidades de comunicación interpersoal e pública

 ✔️ Cidadanía e participación social (dereitos, deberes, institucións e vías de participación a nivel local, rexional e europeo)








Noticia do xornal "La Región".









martes, 22 de abril de 2025

PRIMEIRO OBRADOIRO DE ARTIVISMO CON ATALAIAS

 Martes 22 de abril 2025. Para 1º e 2º ESO. De 12:15 A 14:15. Actividade enmarcada dentro do proxecto Education4theplanet, promovido pola Fundación Ayuda en Acción. Tras a visita á praia do Pedrido (venres 11 de abril de 2025) e a recollida de obxectos de refugallo, neste obradoiro de Artivismo impartido pola organización Atalaias serviu para darlle un novo uso a estes materiais e sobre todo, para reflexionar e concienciarnos sobre o efecto dos nosos actos á hora de aplacar os efectos do cambio climático. 







miércoles, 9 de abril de 2025

XORNADA DE LIMPEZA NA PRAIA DO PREDRIDO E VISITA AO PAZO DE MARIÑAN RESERVA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS

Que mellor maneira de rematar o trimestre que pasar unha xornada lúdica, educativa e cultural na zona das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo  (Reserva de Biosfera pola UNESCO,  2013), encadrada dentro do proxecto Education4theplanet. Foi o  venres 11 abril 2025, e todo o alumnado da ESO participou nesta actividade, pasando a xornada na Praia do Pedrido e no Pazo de Mariñán. O tempo nos acompañou e resultou moi agradable percorrer o areal do Pedrido en busca de obxectos de refugallo cunha doble intención: limpar de lixo este paraíso natural e utilizar os materiais recollidos para unha futura actividade artística, dándolle un novo uso. A poucos quilómetros desta praia se atopa o Pazo de Mariñán, e tivemos a sorte de poder disfrutar dunha visita guiada a este edificio tan fermoso, así como percorrer os fabulosos xardíns e gozar das vistas á Ría de Betanzos. 

miércoles, 2 de abril de 2025

REUNIÓN ALUMNADO REDE COMPÁS

Xa faltan poucos días para o evento tan esperado, o Hackatlon en Allariz, que permitirá que varios alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela podan convivir tres días con outros xóvenes de outros 4 centros educativo galegos, da man do proxecto Erasmus+ "Rede Compás2. Para ultimar detalles e planificar a participación, a rapazada da Rede Compás do noso centro reuniuse o mércores 2 abril 2025 na Biblioteca Escolar, en horario de14:45 a 15:35.