martes, 25 de noviembre de 2025

CONMEMORACIÓN DO 25 N NO CPI VIRXE DA CELA

 

 A comunidade educativa do CPI Virxe da Cela reuniuse o martes 25 de novembro de 2025 no patio cuberto para conmemorar unha data moi significativa: o Día Internacional da Vioencia contra a Muller. O acto iniciouse cunha pequena presentación de posicionamento para combater esta problemática social e xa a continuación alumnado e profesorado cantou e signou o famoso tema La Puerta Violeta de Rozalén, toda unha metáfora do escape e a liberación das mulleres. Agradecemos a Lola Flores, alumna de 4º da ESO, e a Diego Garabana, alumno de 2º de ESO, por ofrecernos a súa voz e a súa guitarra respectivamente, interpretando a música en directo. 

Este martes 25 de novembro de 2025 reunímonos todo alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela no patio cuberto co fin de conmemorar o Día Internacional da Violencia contra a Muller. Neste acto, cantamos e representamos con lingua de signos a canción de “La Puerta Violeta”, de Rozalén. Ademais, tivemos a sorte de que a miña compañera de 4º da ESO, Lola Flores, deleitounos e guiounos coa súa gran voz, acompañado por Diego Garabana de 2º da ESO. Foi un acto dun día que hai que reivindicar e que todos/as/es debemos coñecer, por iso está moi ben que nos colexios se conmemorar. Alexandre Doutón (4º ESO).

A conmemoración do 25 N no noso centro  foi un acto sinxelo pero cargado de significado, no que quixemos mostrar o noso malestar fronte a esta realidade. Participar nesta actividade fixo que todos e todas tomásemos maior conciencia sobre a importancia de loitar contra a violencia machista e de apoiar ás vítimas. A letra da canción de Rozalén, La Puerta Violeta, que fala de liberdade e de romper co medo, encaixaba perfectamente coa mensaxe do día. É fundamental que nos centros educativos se organicen iniciativas como esta, porque axudan a educar, sensibilizar e lembrar que a igualdade é tarefa de todos. Foi unha experiencia positiva que sen dúbida recordaremos no futuro. Marcos Garabana (4º ESO).


miércoles, 19 de noviembre de 2025

I EDICIÓN POLO DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA NA COMARCA DO EUME

 








Este mércores 19 de novembro reunímonos na Casa da Cultura de Pontedeume tres colexios pertencentes á comarca do Eume (o CPI Virxe da Cela de Monfero, o CEIP Eladia Mariño de Cabanas e o CEIP de Andrade), para conmemorar o 20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia. Xunto cos meus compañeiros da clase de 4º da ESO acudimos alí xa que, como case todos tocamos algún instrumento, como o tambor, a gaita, ou pandereta, pedíronnos que fóramos facer a entrada e o peche do acto. Durante este acto interviron varios representantes políticos desta comarca e tamén representantes dos centros educativos, como o noso director Iker Sánchez. Máis tarde seguimos coas exposicións do alumnado dos tres centros, as cales todos fixeron moi ben, e finalmente voltamos outra vez coa nosa actuación musical, e cun picoteo antes de saír. Foi un acto moi agradable no que a Asociación Euroeume, a asociación que organizou o acto, nos tratou moi ben. Alexandre Doutón (4º ESO).