miércoles, 18 de marzo de 2026

VISITA SHOMA SUBAYA, EMBAIXADORA DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

O noso centro leva anos traballando no proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer, que consiste nun intercambio cultural e de tradicións cunha escola da India (Konampalli School). Este curso o alumnado de 4º , 5º e 6º EP e tamén o de 1º , 2º , 3º e 4º da ESO estiveron elaborando materiais para este intercambio, abordando o tema dos “Deportes e Xogos” . 

Grazas á participación neste proxecto, o  mércores 18 de marzo de 2026 o noso centro contou coa visita de Shoma Subaya, unha muller procedente de Anantapur (India), que actuará como embaixadora da Fundación Vicente Ferrer. Grazas ao apoio da fundación, Shoma puido estudar Económicas e Ciencia Política, aprender español e desenvolver unha visión internacional a través do contacto con persoas de España e doutros países que visitaban o proxecto. A súa historia é un testemuño inspirador sobre educación, liderado con valores, igualdade de oportunidades e o impacto que pode ter o compromiso social na transformación de comunidades enteiras. 

 HORARIOS 
De 13:00 a 13:45 CHARLA PARA ALUMNADO 4º, 5º E 6º PRIMARIA. UUMM 
De 13:45 a 14:45 XANTAR COMPARTIDO NO COMEDOR ESCOLAR 
De 14:45 a 15:35 CHARLA PARA O ALUMNADO DA ESO. UUMM 
De 15:35 a 16:25 CHARLA PARA ALUMNADO DE EI e 3º EP


Aproveitando a visita de Shoma Subaya temos á disposición do profesorado e o alumnado diferentes materiais que poden axudar a afondar na cultura da India e países da zona, así como nos proxectos que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver no sur da India (Anantapur). 
1. - EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR sobre a cultura da India e países cercanos. 

2. - EXPOSICIÓN MATERIAIS DO INTERCAMBIO CULTURAL COA KONAMPALLI SCHOOL. Ao lado da aula de UUMM estatán expostos dossieres e traballos enviados polos nenos e nenas da Konampalli School en anos anteriores. No televisor que hai ao lado da biblioteca facilitarase o visionado de materiais en formato audiovisual.





miércoles, 11 de marzo de 2026

¡SOMOS GAÑADORES! O CPI Virxe da Cela triunfa na 42ª Edición do Concurso Escolar ONCE

Temos o pracer de compartir unha nova que nos enche de orgullo: o alumnado de 1º de ESO do noso centro resultou gañador da fase autonómica do 42º Concurso Escolar ONCE.

Baixo o lema de que a imaxinación é a semente dun futuro inclusivo, os nosos mozos e mozas demostraron que a creatividade é unha linguaxe universal que non entende de barreiras. 

Se impulsamos estas ideas, non só poderemos soñar, senón construír un mundo máis xusto, accesible e cheo de posibilidades para todos.

O desafío: Deseñar un futuro sen barreiras

Nesta edición, o concurso convidaba ao alumnado a usar o seu enxeño para crear un invento ou produto que eliminase barreiras reais para persoas con discapacidade. O traballo gañador do noso centro foi o Colar CECO, unha proposta que cautivou ao xurado pola súa combinación de tecnoloxía, seguridade e estilo.

Así é o Colar CECO: Moito máis que un accesorio

O CECO é unha ferramenta revolucionaria deseñada para mellorar a autonomía das persoas invidentes. Estas son as súas características clave:

  • Tecnoloxía Intelixente: Incorpora unha micro-cámara que detecta os obstáculos da contorna e un chip de audio que se comunica co usuario, indicándolle o que ve e como actuar. Imaxina poder preguntar pola túa localización ou polos obxectos ao teu redor e recibir unha resposta clara!
  • Seguridade SOS: Conta cunha función de emerxencia que, en situacións de perigo, detecta a alerta e avisa automaticamente a un familiar ou persoa de confianza.
  • Deseño e Moda: Porque a accesibilidade non está rifada co estilo, o CECO ten chapas intercambiables para combinalo coa roupa e un peche magnético que facilita a súa colocación. É práctico, seguro e, ademais, ¡queda xenial!

Este invento demostra como a tecnoloxía e a creatividade poden unirse para dar un paso adiante na autonomía e seguridade das persoas.

Rumbo á fase nacional

Grazas a este proxecto, o grupo de 1º de ESO representará á nosa comunidade autónoma na fase nacional. Pero antes, os gañadores desfrutarán dunha experiencia educativa grupal como premio acadado na fase autonómica, que levaremos a cabo moi pronto.
 

O NOSO PROTOTIPO 

 
A EXPLICACIÓN DO ALUMNADO

jueves, 5 de marzo de 2026

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

  Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no noso cole, decidimos que as palabras non eran abondo e puxémonos mans á obra para visibilizar a aquelas mulleres que, ao longo da historia, axudaron a construír o mundo que hoxe coñecemos.

Baixo o marco do noso PDI "Tirando do fío", o alumnado converteuse en investigador para dar vida a un mural colectivo que enche de cor e sabedoría o noso corredor.

🧵 Un proxecto con fío propio

A actividade consistiu en que cada grupo-clase elixise unha muller ou un colectivo de mulleres cuxo legado fose transformador. Para que o mural tivese unha estética compartida, todos traballamos sobre unha ficha-modelo onde recollemos o máis esencial:

  • O Nome: Identificando a protagonistas de tódalas épocas e ámbitos.
  • O seu "fío" principal: Ese gran logro ou achega á sociedade que define a súa traxectoria.
  • A súa historia: Un breve percorrido pola súa vida, loitas e legado.
  • A súa imaxe: Retratos e ilustracións que poñen cara a estas referentes.

📚 Unha biblioteca para seguir descubrindo

Pero a homenaxe non quedou só nas paredes. Para acompañar o mural, organizamos unha exposición de libros vinculados co Día Internacional da Muller. Desde biografías de mulleres pioneiras ata contos que rompen estereotipos, esta selección está á disposición de todo o alumnado para seguir "tirando do fío" da lectura e da igualdade.

"A educación é o camiño para que as nenas de hoxe sexan as mulleres libres de mañá."


Grazas a todos os alumnos e alumnas polo voso esforzo na investigación e por axudarnos a tecer esta rede de referentes femininas!