lunes, 2 de junio de 2025

Consello Escolar da Infancia: Coidando-NÓS. Curso 2024/2025

Este curso traballamos sobre o benestar e a saúde.

Cartel representativo do curso 2024/2025.

A temática escollida polo alumnado foi a contaminación acústica que moitas veces temos no comedor.

Unha situación que ás veces non nos damos conta que as nosas accións transcenden os límites do razoable e afectan ás persoas que nos rodean.

Actuacións que son asumidas polo grupo pero que non son admitidas de igual forma por todas as persoas.

Estamos ante unha  molestia para moitas persoas pero que ao tempo,  pasa desapercibida para outras que non chegan a ser conscientes dos niveis sonoros aos que estamos expostos a determinados momentos do día. 

 Segundo a OMS, especialmente os  nenos e nanas son un dos colectivos máis vulnerables ante os  efectos nocivos do ruído. En definitiva: o ruído ten efectos sobre a saúde de todas as persoas aínda que nun principio non os notemos.

Por iso, este curso tocou debater, investigar e pasar á acción. 

Cada mes tiñamos unha sesión onde o alumnado representante de cada aula (dous por clase) trataba o tema aportando as achegas do resto da aula e tendo a responsabilidade de achegar aos seus iguais o tratado en cada reunión. 

Desta forma, propuxemos tomar conciencia colectiva desta situación realizando dúas sesións conxuntas no propio comedor onde plasmar como nos sentimos ante esta situación e para trazar un  plan de acción para minorar esta situación.

Ao rematar o mes des maio xa tiñamos uns carteis preparados coas normas básicas de comportamento neste espazo para manter o benestar sonoro do espazo.

Toda unha experiencia de aprendizaxe!!!! Moitas grazas Nerea e Beatríz (Euroeume) por acompañarnos nesta viaxe!!!




Aprendizaxe cooperativa e sumativa. Quen da máis?
Imaxes autoeditadas das diferentes sesións do Consello Escolar da Infancia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario