jueves, 19 de junio de 2025

Reunión Diálogos sobre Educación Ambiental para la Sostenibilidad. Movimiento 4.7. Centro Nacional de Educación Ambiental - CENEAM

Hoxe participamos nun dos Diálogos sobre Educación Ambiental para la Sostenibilidad promovidos polo Centro Nacional de Educación Ambiental - CENEAM-. 

O mesmo estivo organizado polo Movimiento 4.7 do que formamos parte e co que estamos a traballar en diferentes iniciativas de EpCG.

Este diálogo forma parte do proceso de avaliación do Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS 2021-2025)  e para a preparación dun novo Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS) Ministerio para a Transición Ecolóxica escoitando propostas de colectivos, redes e persoas implicadas na transformación educativa. 

Imaxe autoeditada dun momento da presentación da reunión.

Nel participan diferentes entidades: ONG, centros educativos, redes de profesorado e plataformas da educación ambiental para xerar propostas resolutivas no ámbito educativo. 

De onde vimos?

Foi a primeira parte da reunión. Analizamos a evolución da educación ambiental e chegamos ao presente: que estamos a facer? Desde o presente miramos cara o futuro.

Que emociones nos suscitan el futuro da EAS: 

Que se pode lograr?  Que se pode perder? Quen corre o risco de quedarse fora?

Apatía, desmotivación non poden formar parte dos valores sociais. Educar en compromiso resulta fundamental. Este valor ten que ser parte da cultura educativa desde o exemplo persoal desde as persoas educadoras. 

Esperanza, porque  tamén existen unha morea de iniciativas macro e micro que xeran cultura da sustentabilidade. Sobre todo precisamos  procesos consistentes que ás veces non so se teñen que valorar polos seus logros senón pola ilusión e a constancia dos mesmos. Os resultados non sempre son inmediatos pero sempre sentan bases para a mellora.

Incertidume ante a polarización. É preciso xerar un cambio social positivo: interdependencia e ecodependencia están relacionados. Precisamos dunha mirada trasformadora da que queremos ser parte!!!

Avanzar

Ás veces temos muros que limitan os avances. Temos que superalos.

  • Dar valor ao compromiso desde o local para avanzar cara o global.
  • Contar con valores, recursos e medios adecuados. 
  • Superar as reticencias.
  • Xerar activismo político e acción participativa. 
  • Transversalidade.
  • Obxectivos reais e asumibles. Darlle valor ás pequenas cousas. Precisamos cambiar a cotidianidade. Por que non pensar nun decrecemento paulatino?
  • Dar voz e responsabilidade ás novas xeracións.
  • Axenda da Educación Ecosocial na formación universitaria.
  • Comunicación: saber e ser entrelazados.
  • Ensinar a coidar e dar coidados.
  • Xerar comunidades educadoras.
  • Contar cunha vontade política real e efectiva que non se vexa limitada polos tempos. 
Toda unha experiencia de aprendizaxe!!!


                   Vídeo de benvida aos Diálogos sobre educación ambiental para a Sustentabilidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario