jueves, 19 de junio de 2025

ACTO DE INCIDENCIA POLÍTICA REDE COMPÁS NO CONCELLO DE MONFERO

Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, recibiu no salón de plenos do concello. a un grupiño de alumnos/as do CPI Virxe da Cela pertencente á Rede Compás (xoves 19 de xuño de 2025, ás 11:30 horas). A Rede Compás  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025, á que iremos 3 alumnos/as de cada centro. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).

Alexandre Doutón e Nuno González exerceron como voceiros do grupo, e tras dar as grazas a Alberto Cortizas por recibilos, iniciouse a reunión coa presentación dos rapaces e rapazas alí presentes. Os voceiros deron unhas pinceladas do proxecto Rede Compás, na que o noso centro leva participando desde inicios deste curso 2024-2025, e que finalizará no mes de setembro cun viaxe a Bruxelas, directos ao Parlamento Europeo. A mocidade expresou a súa preocupación ante o problema do despoboamento do rural e compartiu co alcalde varios documentos que reflicten a necesidade de abordar esta problemática antes de que sexa tarde, xa que o futuro do rural está nas mans da mocidade. Entre os documentos aportados figura unha análise estatística que reflicte a opinió das familias e da mocidade da zona, un especial radiofónico, un vídeo explicativo, etc. 

Alberto agradeceu toda esta información e prometeu tratar de levar a cabo algúns cambios, os que estén na súas mans, para garantir que estes rapaces e rapazas podan vivir no futuro no rural e sacalo a diante con todas as transformacións que sexan necesarias para adaptarnos ao século XXI. Xa para finalizar o encontro o alcalde permitiu pendurar no balcón na casa consistorial a pancarta que leva o lema "Sen boas condicións non haberá relevo xeneracional", realizada polo propio alumnado do centro e elemento clave da súa "comunicación de guerrilla". Lembramos o noso paso polo Concello cunha foto de grupo e agradecemos a Alberto Cortizas o seu acollemento e o sei apoio, esperando seguir mantendo reunións cos nosos representantes políticos para facer posible unha participación cidadá na axenda política desde idades temperás. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario