Un grupo de mozos e mozas do CPI Virxe da Cela pertencentes á Rede Compás realizan unha "comunicación de guerrilla" no pavillón polideportivo de Monfero (venres 30 de maio 2025). O proxecto Rede Compás intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARSO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social).
Con esta acción performativa, levada a cabo diante dun numeroso público e contando coa presencia de representantes políticos dos concellos de Monfero e Irixoa, e baixo o lema "Sen boas condicións non haberá relevo xeneracional" esta mocidade comprometida visibiliza a situación que se está a vivir no rural galego, pedindo unha mellora das condicións (sobre todo para a xente que vive do sector primario) para que deste xeito poder seguir vivindo no seu lugar de orixe sen ten que ir ás cidades en busca de oportunidades.
Nas próximas semanas este grupo de mozas e mozas teñen previsto concertar unha reunión co alcalde do Concello para tratar en persoa este problema, entregarlle un documento escrito coas súas pedicións de mellora e respaldar as súas demandas aportando os resultados dunha doble enquisa (para persoas menores de idade por unha banda e para persoas maiores de idade por outra) que recolle o sentir da cidadanía da zona ao respecto: a precariedade do sector primario supón unha discriminación para a mocidade da zona, que non conta coas mesmas oportunidades de educación, de experiencias e de futuro, xa que a precariedade do emprego forza a migración a núcleos máis grandes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario