jueves, 8 de mayo de 2025

SEGUNDO OBRADOIRO DE ARTIVISMO. PROXECTO EDUCATION4THEPLANET

Alumnado de 1º e 2º da ESO realizaron un segundo obradoiro de Artivismo, para rematar as creacións que iniciaron na primeira sesión (martes 22 abril),. Nesta ocasión Laura Gómez Vales, técnica de Ayuda en Acción para o proxecto Educatio4ThePlanet, visitou de novo o centro para traballar con alumnado nesta actividade que axuda a sensibilizar á mocidade, e na que se utilizan materias de refugallo, algúns deles recollidos na praia do Pedrido nunha xornada de limpeza realizada o venres 11 de abril de 2025.
Agora que as propostas creativas xa están elaboradas queda pensar na seguinte etapa do proxecto: facer unha exposición pública das mesmas e convidar a algunha figura institucional. 








Durante este último trimestre os alumnos/as de 1° e 2° da ESO participamos en dous obradoiros de "Artivismo" dentro do proxecto Education4ThePlanet. Tras formar equipos de aproximadamente 5 persoas, empezamos a traballar nunha maqueta expresando algúns problemas da actualidade e do mundo, a nivel global, ou incluso algo máis local coma a falta de transporte público na zona rural onde vivimos. "Artivismo" e o termo que utilizamos para referirmos a utilizar a arte para chamar  a atención. Os materias usados nestes proxectos eran reciclados totalmente, coma por exemplo plásticos para así crear unha paisaxe mariña expresando a contaminación dos oceanos. Ao principio andabamos todos/as un pouco perdidos/as e non sabiamos moi ben que facer, uns collían tapóns, outros teas e fios, e co tempo esas ideas abstractas tomaron sentido. Os tapóns xuntáronse para crear un planeta expresando a importancia da reciclaxe e o pouco que se fai; coas teas creamos un pantalón moi feo tratando de criticabar a grande contaminación na industria téxtil. A importancia destes obradoiros é moita xa que podemos expresar os problemas que nós temos e buscar solucións. EAS (2º ESO).



No hay comentarios:

Publicar un comentario