jueves, 15 de mayo de 2025

Xornada: A dixitalización en Galicia e E-Dixgal: Entre a Promesa e o Desencanto. Cara a onde?

O vindeiro sábado 14 de xuño participaremos en Moaña nunha xornada importante para reflexionar sobre a dixitalización no ensino en Galicia e o proxecto E-Dixgal. Co título “A dixitalización en Galicia e E-Dixgal: Entre a Promesa e o Desencanto. Cara a onde?”. Esta xornada, correspondente co XVI Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos Jaume Martínez Bonafé reunirá profesorado, familias, investigadores/as e axentes sociais para analizar estudos recentes, potencialidades e limitacións do cambio cara o dixital e publicacións de referencia en materia.

Nelas presentaranse investigacións como “Infanci@ Dixital”, “Escol@ Dixital” (onde o centro foi un dos centros educativos participantes), “Secundari@ Dixital” e o estudo de ANPAS Galegas, ademais do novo monográfico da Revista Galega de Educación. Neste último, participamos na súa coordinación.

A  mesma, esta organizada polo Grupo CAVILA (Nova Escola Galega), Concello de Moaña, USC, Grupo de investigación Stellae, RUTE, REUNID e o proxecto Secundari@ Dixit@l.

Programa da actividade na súa  sesión de mañán. 
Programa da actividade na súa  sesión de tarde. 



Cartel de presentación de la actividad. 


Un espazo para coñecer, debater e avanzar na mellora da dixitalización educativa en Galicia.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario