A finalidade desta actividade é aprender a realizar unha recollida selectiva dos residuos xerados no centro coa finalidade de xerar unha conciencia ecosocial das nosas responsabilidades persoais. Para isto contamos coa colaboración de Sogama que é encargada de impartir os tres obradoiros nos que participou o alumnado da etapa da Ed. Primaria.
A idea é que os contedores de separación do lixo cos que contamos no centro sexan aproveitados adecuadamente. Ademais, este curso queremos darlle pulo á compostaxe para que a horta escolar non careza dos nutrientes necesarios para que a mesma creza esplendorosa.
Desta forma, Cristina a monitora da actividade, acompañounos durante toda esta xornada escolar.
Moitas grazas!!!!
Ao tempo, o noso centro vai participar na sexta edición do Concurso Pilabot tras a boa acollida da nosa participación no curso anterior (229,65 kg netos recollidos). Dito concurso ten como obxectivo fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e a súa familia e o persoal do centro. Esta actividade estará coordinada polo alumnado do 5º curso da Ed. Primaria e piden a nosa colaboración. Desta forma, repartirán polas aulas uns pequenos contedores onde depositar as pilas e acumuladores usados que teñamos nos nosos fogares.
O alumnado as poderá depositar, unha vez cheos, nos contedores colocados no centro para tal finalidade. Unha vez baleirados os poderán levar de novo para o fogar e así, seguir depositado neles estes residuos. Desta forma, queremos favorecer a xestión adecuada da súa recollida selectivas (ben no centro, ben noutros espazos dos Concellos destinados ao efecto).
Máis información: https://pilabot.gal/es/concurso/
No hay comentarios:
Publicar un comentario