Música, tradición e moita ilusión
O centro encheuse de vida
coas voces dos máis pequenos e a enerxía dos maiores. Durante a visita:
- Os nenos e nenas de Infantil fixeron rir e
aplaudir a todos cantando e bailando o tradicional "Mi burrito
sabanero".
- Non faltaron as panxoliñas nin o son
das gaitas e pandeiretas, que puxeron o ritmo tradicional a esta
mañá tan especial.
- Pero, sobre todo, o que máis brillou foi a ilusión
reflectida nas caras de pequenos e maiores ao compartir este ratiño
xuntos.
Un agasallo con raíces
Para selar este momento de
unión, o alumnado fixo entrega dunha Flor de Pascua moi especial,
acompañada dunha mensaxe que emocionou a todos os presentes:
"Vedes as follas novas,
coma nós? Pois para que esas follas medren fermosas e cheguen ao máis alto,
necesitan algo esencial: as raíces. Vós, os nosos queridísimos maiores,
sodes esas raíces fondas e poderosas que nos suxeitan á terra. Sodes a
sabedoría que nos dá seguridade e o amor que nos permite soñar."
Con este pequeno detalle,
quixemos enviarlles un abrazo quentiño a cada un dos seus corazóns,
desexándolles unhas festas cheas de saúde, paz e, sobre todo, moitísimo
agarimo.
Grazas, maiores, por ser o
noso mellor exemplo!








No hay comentarios:
Publicar un comentario