Este martes, 19 de novembro o alumnado os cursos 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria participou na Celebración do Día da Infancia no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña.
Este é un día de celebración onde os Consellos escolares da Infancia dos centros participantes (no noso centro grazas ao bo facer da asociación EuroEume) expoñen o seu traballo. Neste curso escolar, a proposta é tratar competencias e recursos que permitan mellorar o benestar da infancia e da adolescencia.
Unha tarefa na que xa
está o noso alumnado tras que no curso anterior, o seu traballo estivese centrado na
mellora dos espazos do centro para que estes sexan lugares de convivencia.
Ao final contamos cun
pequeno aperitivo para que o alumnado, tras o acto, compartisen experiencias.
Esta iniciativa tamén tivo a súa difusión en prensa:
![]() |
Noticias en prensa do evento. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario