Páxinas

miércoles, 15 de octubre de 2025

ACTIVIDADE FINAL REDE COMPÁS

Mércores 15 outubro 2025. Roi Quitián, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) visitou hoxe o noso centro para facer a última das actividades integradas dentro do proxecto Rede Compás, que deu inicio en setembro de 2024. Todo o alumnado do CPI Virxe da Cela que de maneira voluntaria decidiu formar parte deste proxecto para a mocidade tivo a oportunidade de analizar todos os obxectivos acadados e de deseñar a maneira de dar continuidade a esta iniciativa, xa que a Rede Compás foi unha semente que pode seguir medrando.

A Rede Compás  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO. Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).






Este proxecto estivo moi ben, incluso me atrevo a dicir que a REDE COMPÁS foi o mellor que tivemos, polo menos nestes últimos 4 anos en secundaria. Foi unha gran experiencia, na que aprendimos a organizarnos e loitar polo que queremos. Nel fixemos varias actividades, destacando entre elas o Hackatlón en Allariz xunto con outros 4 centros de Galicia (Brión, Bueu, Silleda e Viana do Bolo) durante 3 días, e alí, ademáis de facer moitas amizades, puxemos entre todos as nosas ideas en común. E para finalizar, algúns tivemos a sorte de visitar o Parlamento Europeo en Bruselas con alumnos/as e profesorado dos outros centros, facendo desta, unha experiencia inesquecible. Pero non só acaba aquí, esperemos que a Rede Compás soamente fora unha semente en nós, e sigamos organizándonos e loitando xuntos polas cousas que queremos. Alexandre Doutón (4º ESO). 

A8 Difusión, transferencia y sostenibilidad by veracruces

No hay comentarios:

Publicar un comentario