“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do CPI Virxe da Cela para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empregando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social en colaboración con Agaresco (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social).
O alumnado do 5º curso de EP desenvolveu as súas competencias comunicativas a través do diálogo e da reflexión sobre os temas que máis lles preocupan, sempre dende unha perspectiva positiva e tentando achegar solucións. Cómpre dicir que as temáticas enfocáronse cara o tratamento dos ODS partindo da análise e posta en valor da realidade contextual do alumnado e contando con referentes significativos da súa realidade para enfocala despois cara a unha visión máis global. Neste caso camiñamos cara a valoración e a consecución do Obxectivo 3: Garantir unha vida sa e promover o benestarpara todos en todas as idades.
![]() |
Imaxe autoeditada a partir dun dos momentos da actividade. |
A través da micro-experiencia “Radio cun sorriso”, 15 alumnos e alumnas de 5º EP reflexionaron, investigaron e tiraron conclusións sobre a importancia de evitar a violencia sexual e das consecuencias que pode chegar a ter unha persoa que presente problemáticas relacionadas con dita temática. Para darlle visibilidade ás súas inquedanzas, empregaron a radio como soporte e elaboraron un programa radiofónico que inclúe a presentación do tema, unha entrevista con recomendacións dunha profesional e as reflexións do grupo sobre o tema.
LUCES
Coñecer para comprender
Nunha experiencia educativa dirixida ao alumnado de Educación Primaria, decidimos investigar sobre un tema que debe tratarse con moito coidado, pero sen medos: o abuso sexual.
Coñecer é o primeiro paso para previr. Para iso, entrevistamos a unha sexóloga e educadora emocional, que leva anos traballando con nenos e nenas, familias e centros educativos para garantir espazos seguros. Forma parte de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias.
Así, Vanessa Rodríguez Pousada explícanos que estamos ante violencia sexual cando unha persoa obriga ou convence a un neno ou nena a facer cousas que teñen que ver co corpo ou a sexualidade e que non son adecuadas nin legais. A miúdo, estas situacións ocorren en segredo, e por iso é tan importante aprender a recoñecelas e saber pedir axuda.
CÁMARA
Que situacións actuais no noso arredor nos preocupan?
Neste punto tratamos de poñer en valor as aplicacións educativas da prevención. Así pois, así como o Smart Film cambia de transparente a opaco para protexer a intimidade, nós tamén podemos poñer barreiras de protección ao coñecemento e á confianza.
Onde podemos aplicar esta aprendizaxe?
- No colexio: Aprendendo que temos dereito a dicir “non”.
- Na casa: Falando con persoas adultas de confianza.
- Coas amizades: Aprendendo a escoitar e axudar sen xulgar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario