.png) |
Imaxe autoeditada de presentación do artigo.
|
A dixitalización educativa en contextos rurais representa unha oportunidade para a transformación educativa e o avance social, sempre que atenda as singularidades de cada comunidade. Pode ser un perfecto recurso para minorar as limitacións xeográficas, económicas e sociais sempre que a súa implementación sexa crítica, inclusiva e equitativa, evitando a réplica de modelos estandarizados. A formación docente, a superación da fenda dixital e a valorización da identidade cultural son clave para garantir que a dixitalización sexa un recurso de mellora educativa e desenvolvemento local, e non unha finalidade en si mesma.
Este é o resumo do artigo que baixo o título "A dixitalización educativa nunha realidade rural diversa e diferenciada" presentamos no último número da Revista Galega de Educación. Unha reflexión critica sobre as posibilidades e os retos aque supón a dixitalización educativa en contextos rurais.
Se queredes ler este artigo ao completo podedes mercar este número ou subscribirvos á revista.
Moitísimas grazas por darlle voz á escola rural!!!
 |
Portada do número 92 da RGE. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario