Páxinas

jueves, 24 de abril de 2025

CELEBRACIÓN DA SAME 2025 NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o noso centro participa na Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Este ano, na SAME 2025, baixo o lema «Defende a Educación, apaga a Emerxencia» en España a campaña ten o foco na Educación en Emerxencia, que vaia máis aló da mellora do acceso á educación das nenas, novas e mulleres, nunha educación enfocada en equipar e capacitar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, comunidades e responsables políticos) para ser capaces de examinar, cuestionar e cambiar as construcións sociais e culturais que manteñen os privilexios do xénero masculino fronte ás nenas, novas, as mulleres e outras identidades de xénero ata o de agora moi invisibilizadas.

No corredor da planta baixa do edificio de secundaria hai un panel expositivo que ilustra esta campaña. Neste mesmo espazo está colgado o discurso que un grupo de alumnos/as de 1º da ESO levará ao Parlamento Galego no acto que terá lugar o vindeiro martes 29 de abril de 2025.

Proposta para unha actividade conxunta: Deixarase na sala do profesorado unha plantilla coa silueta dunha linterna, obxecto que simboliza a Educación en Emerxencia  (SAME 2025), para que poda ser fotocopiado e distribuído entre os alumnos/as das diferentes clases de EI, EP, ESO, e así cada quen faga por grupo ou de maneira individual a súa personalización do obxecto (pintar, decorar, escribir mensaxes, etc) e engadir ao panel expositivo da SAME 2025. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario