Os alumnos do CPI Virxe da Cela (Monfero) e o CPI As Mirandas (Ares) uníronse nunha fermosa actividade colaborativa para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
Os estudantes mergulláronse na interpretación do conto “Un Planeta de Paz” que transmite valores de paz nun mundo no que segue habendo guerras e conflitos pero no que a esperanza da PAZ segue a ser o noso soño. A mensaxe de que a paz constrúese a través da colaboración e o entendemento mutuo reflictese neste conto demostrando que cando traballamos xuntos por un obxectivo común, podemos crear momentos máxicos que perduran no tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario