Páxinas

martes, 17 de septiembre de 2024

Espazos con vida para aprendizaxes vivas: arquitectura pedagoxíca para a transformación da Ed. Infantil

 Esta experiencia (2018-actualidade) nace coa idea de conectar as necesidades e intereses dunha infancia que forma parte dun realidade rural “singular e diferenciada” (Pereiro, ) coa escola, coa realidade e co medio natural. O seu obxectivo é que a escola sexa quen de respecta á cultura dunha infancia que precisa medrar con seguridade e benestar desde a súa propia identidade e realidade. 

Para isto, dentro da proposta pedagóxica da etapa da Ed. Infantil do centro  proponse a necesidade de favorecer metodoloxías activas, experienciais e conectadas coa realidade e co medio natural. Entre elas están os ambientes de aprendizaxe.

A diagnose previa identificou (estudo DAFO) unha serie de  limitacións que dificultaban que esta cultura pedagóxica se convertese nunha realidade. Entre elas, as características arquitectónicas e espaciais da etapa de infantil e do propio centro educativo. Desta forma, o centro comeza por definir que arquitectura pedagóxica é a idónea para a consecución das finalidades establecidas e a partir de aquí.  Realiza unha serie de actuacións que destacan por contar coa participación activa do conxunto da comunidade educativa e de diferentes axentes educativos. Unha vez superadas estás limitacións céntranse en definir a cultura pedagóxica acorde coa súa realidade. Desta forma, os ambientes de aprendizaxe son hoxe en día unha realidade na etapa da Ed. Infanti do centro e base para o desenvolvemento de estacións de aprendizaxe na etapa da Ed. Primaria.

Entre as actuacións realizadas pódense destacar:

•   Formación multinivel: Grupo de traballo con docentes das etapas de infantil e primaria en colaboración co CFR Ferrol. Destacar actividades formativas con Mestra de Obra, as fomacións e colaboracións coa USC (Vicente Blanco, Lina Iglesias), as estadias formativas  en Finlandia, Gales, Pistolla ou as escolas Rello Emilia) e formación con centros educativos con experiencias de éxito de características similares.

•   Adopción do sistema Lupo "Mestra de Obra" como base para un deseño espacial ecolóxico.

•   Co-deseño participativo dos espazos: coa implicación do alumnado (3-6 anos) en creación de maquetas tridimensionais mediante grupos cooperativos heteroxéneos.

•   Sesións coas familias para a validación conceptual e para favorecer a súa implicación nas actuacións.

•   Execución técnica: remodelación de baños e corredores mediante sinerxías coa Xefatura Territorial de Educación (materiais) e cos concellos de Irixoa e Monfero (man de obra). Fabricación de mobiliario multifuncional (super-moble) polo modulo de carpintaría  de FP do IES Rosalía Mera (madeira tricapa con aceite de liñaza). Integración Ecolóxica: Reconversión do patio interior para crear un espazo natural con tarimas, zona herbácea, circuíto psicomotor, espazo para botas, horto (executado polo alumnado da Ed. Primaria), tarima e zona de escalada.

Isto leva ao deseño de catro espazos ambientais dentro da etapa onde o alumnado indaga, experimenta e xera confianza e autonomía a partir de propostas de aprendizaxe. O alumnado se organiza en grupos heteroxéneos entre niveis que rotan polos diferentes ambientes. Son os ambientes artístico-sensorial¸ simbólico-construtivo, de luces e sombras e o lóxico-matemático/científico.
CPI Plurilingue Virxe da Celaxe da Cela de Genma Penelas Teijeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario