Esta experiencia (2018-actualidade) nace coa idea de conectar as necesidades e intereses dunha infancia que forma parte dun realidade rural “singular e diferenciada” (Pereiro, ) coa escola, coa realidade e co medio natural. O seu obxectivo é que a escola sexa quen de respecta á cultura dunha infancia que precisa medrar con seguridade e benestar desde a súa propia identidade e realidade.
Para isto, dentro da proposta pedagóxica da etapa da Ed. Infantil do centro proponse a necesidade de favorecer metodoloxías activas, experienciais e conectadas coa realidade e co medio natural. Entre elas están os ambientes de aprendizaxe.
A diagnose previa identificou (estudo DAFO) unha serie de limitacións que dificultaban que esta cultura pedagóxica se convertese nunha realidade. Entre elas, as características arquitectónicas e espaciais da etapa de infantil e do propio centro educativo. Desta forma, o centro comeza por definir que arquitectura pedagóxica é a idónea para a consecución das finalidades establecidas e a partir de aquí. Realiza unha serie de actuacións que destacan por contar coa participación activa do conxunto da comunidade educativa e de diferentes axentes educativos. Unha vez superadas estás limitacións céntranse en definir a cultura pedagóxica acorde coa súa realidade. Desta forma, os ambientes de aprendizaxe son hoxe en día unha realidade na etapa da Ed. Infanti do centro e base para o desenvolvemento de estacións de aprendizaxe na etapa da Ed. Primaria.
Entre as actuacións realizadas pódense destacar:
• Formación multinivel: Grupo de traballo con docentes das etapas de infantil e primaria en colaboración co CFR Ferrol. Destacar actividades formativas con Mestra de Obra, as fomacións e colaboracións coa USC (Vicente Blanco, Lina Iglesias), as estadias formativas en Finlandia, Gales, Pistolla ou as escolas Rello Emilia) e formación con centros educativos con experiencias de éxito de características similares.
• Adopción do sistema Lupo "Mestra de Obra" como base para un deseño espacial ecolóxico.
• Co-deseño participativo dos espazos: coa implicación do alumnado (3-6 anos) en creación de maquetas tridimensionais mediante grupos cooperativos heteroxéneos.
• Sesións coas familias para a validación conceptual e para favorecer a súa implicación nas actuacións.
• Execución técnica: remodelación de baños e corredores mediante sinerxías coa Xefatura Territorial de Educación (materiais) e cos concellos de Irixoa e Monfero (man de obra). Fabricación de mobiliario multifuncional (super-moble) polo modulo de carpintaría de FP do IES Rosalía Mera (madeira tricapa con aceite de liñaza). Integración Ecolóxica: Reconversión do patio interior para crear un espazo natural con tarimas, zona herbácea, circuíto psicomotor, espazo para botas, horto (executado polo alumnado da Ed. Primaria), tarima e zona de escalada.
Isto leva ao deseño de catro espazos ambientais dentro da etapa onde o alumnado indaga, experimenta e xera confianza e autonomía a partir de propostas de aprendizaxe. O alumnado se organiza en grupos heteroxéneos entre niveis que rotan polos diferentes ambientes. Son os ambientes artístico-sensorial¸ simbólico-construtivo, de luces e sombras e o lóxico-matemático/científico.
CPI Plurilingue Virxe da Celaxe da Cela de Genma Penelas Teijeiro