Informamos que no día de hoxe fixemos o reconto dos cartos recadados a través da actividade "Marcapáxinas Solidarios". Entre a venta e os donativos xuntamos 123 euros! Parabéns a todos e a todas polas vosas aportacións. Lembramos que esta actividade deseñouse para conmemorar o 10º aniversario do Proxecto School to School da FVF, e no noso colexio realizouse en colaboración coa Biblioteca Castelao e o Departamento de Plástica.
Estes cartos, xunto cos 147 euros recadados no Rastro Solidario, serán enviados á Fundación Vicente Ferrer, e deste xeito contribuir na construción dunha escola na India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario