Páxinas

lunes, 28 de abril de 2014

PRESENTACIÓN MEMORIA ACTIVIDADES CRUZ VERMELLA 2013

    “A Asamblea Comarcal da Cruz Vermella Española en Betanzos, en agradecemento ao CPI Virxe da Cela de Monfero a súa iniciativa solidaria, colaborando nas campañas solidarias realizadas durante o ano 2013, en Betanzos a 25 de abril de 2014”. 

    Este é o texto que ilustra o diploma que foinos entregado no acto da presentación da Memoria Anual 2013 da Cruz Vermella de Betanzos, que tivo lugar o pasado venres 25 de abril na Sala Xulio Cuns (Edificio do Liceo, Betanzos), e que estaba relacionado coa actividade que desenvolvimos no pasado curso académico 2012-2013 na nosa escola: o V Rastro Solidario. Naquela ocasión, os 742 cartos recadados foron ingresados na conta bancaria da Cruz Vermella, que estaba a facer unha fantástica e admirable labor para loitar coa pobreza e a exclusión social na nosa contorna máis próxima. Para reforzar esta actividade e sensibilizar ao noso alumnado, contamos tamén cun obradoiro impartido polos técnicos/as e voluntarios/as desta organización (venres 22 marzo 2013). Tal como mostra esta fotografía, as coordinadoras de Monferosolidario subiron ao escenario a recibir este galardón de mans do Alcalde de Betanzos, e xa o temos enmarcado e exposto na entrada do edificio de secundaria.



                       



1 comentario:

  1. Gustame moito que o colexio estea solidario tamén cos "veciños" e que todos colaboremos coa Cruz Vermella de Betanzos, tamén felicitar a Cruz Vermella e a todos os rapaces e rapaces e a toda a xente que o compoñen polo seu magnífico traballo, eu que son veciña da zoa síntome orgullosa deste tipo de organizacions.
    Un saúdo

    ResponderEliminar