Animamos a toda a nosa comunidade educativa a participar na Carreira Solidaria, unha iniciativa que chega da man da Fundación Entreculturas e que se levará a cabo o vindeiro 5 marzo 2023 en A Coruña. Baixo o lema "Corre por unha Causa", esta actividade de sensibilización tratará tamén de acadar fondos para a axuda da infancia refuxiada.
Páxinas
martes, 28 de febrero de 2023
viernes, 24 de febrero de 2023
RESOLUCIÓN II PREMIO GALEGO EPDCG
Resolución definitiva do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución definitiva da segunda edición do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Nesta segunda edición presentáronse 15 candidaturas (3 correspondentes á Categoría A. Educación Infantil e Primaria; 5 correspondentes á Categoría B. E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; 7 correspondentes á categoría C. Ensinanzas Universitarias). Todas elas poden consultarse na plataforma do Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global.
Un xurado composto por sete persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución definitiva do Premio:
RESOLUCION-DEFINITIVA by veracruces on Scribd
OBRADOIRO "ZINKERS" FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN E FUNDACIÓN REPSOL
Grazas á colaboración coa Fundación Ayuda en Acción e da man da Fundación Repsol o alumnado da ESO tipo a oportunidade de continuar a súa formación en torno aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e á Axenda 2030. Esta actividade foi impartida por Jennifer Chamadoira e tivo lugar o Venres 24 febreiro en dúas quendas: de 10:35 a 11:25 (1º e 2º ESO); de 11:25 a 12:15 (3º e 4º ESO).
viernes, 17 de febrero de 2023
CLIPMETRAXES PARA O CONCURSO MANOS UNIDAS
jueves, 9 de febrero de 2023
ENTREGA DE DIPLOMAS CARTEIS DA PAZ CLUB LEONES
Englobada dentro das actividades que realiza o noso centro para a conmemoración do Día Internacional da Paz e da non Violencia (30), a participación no concurso de debuxo "Cartel da Paz" do Club de Leones axudou ao alumnado de 1º da ESO a reflexionar sobre a cultura da paz á vez que desenvolver todo o seu potencial artístico e creativo. O pasado xoves 9 de febreiro de 2023 fíxose a entrega dos diplomas de participación a todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO. O cartel seleccionado, autoría de Tatiana, será visibilizado e publicado nun xornal en papel do Club dos Leones.







