Páxinas

viernes, 17 de junio de 2022

GRADUACIÓN ALUMNADO 4º ESO. 2022

 


O venres 17 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, compañeiros, representantes dos Concellos e Anpa.

Despois de varias semanas de traballo intenso, exames, estrés, chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para o alumnado de 4º da ESO esta foi a derradeira xornada no CPI Virxe da Cela, despois de trece anos compartindo aula e pupitre... Ante estes marabillosos rapaces e rapazas preséntase unha nova etapa na vida, noutro centro educativo. Botaremos en falta os vosos sorrisos e a vosa alegría, e vos desexamos o mellor. E xa sabes...non dubidedes en pasarvos polo noso e o voso "cole" a facernos unha visita. Sempre será a vosa casa.

Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.

miércoles, 15 de junio de 2022

INTERCAMBIO SCHOOL TO SCHOOL: CHEGAN OS MATERIALES DA INDIA

 Mércores 15 de xuño de 2022. Visionado dos materiais elaborados tanto polo CPI Virxe da Cela como a Konampalli School dentro do proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer.  Como este ano, debido ás condicións sanitarias e protocolo Covid-19 non se enviaron os materiais en formato papel, o alumnado de 5º de primaria, acompañados pola súa mestra de inglés Cristina, tiveron a primicia de visionar todos os materiais que están en formato dixital pendurados na páxina web do proxecto. 









HORTO ESCOLAR

Os primeiros froitos de todo o traballo realizado durante este curso académico 2021-2022 en colaboración coa asociación Euroeume empezan a ser visibles, e nunca mellor dito!! Xa temos dispostos nos bancais varias prantas que coidaremos con cariño. Tanto o alumnado de infantil, primaria e secundaria aportaron o seu graniño de area: recibindo obradoiros teóricos e prácticos sobre a xestión de residuos ou a compostaxe, xa que un dos obxectivos fundamentais é sensibilizar e promover un modelo de desenvolvemento sustentable. 











viernes, 10 de junio de 2022

ENTREGA DE DIPLOMAS EPDLAB

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio social  (AGARESO) recoñece a implicación, compromiso e creatividade do alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela, e otorga un diploma acreditativo da súa participación no obradoiro virtual "A linguaxe non importa: Memes para chamar as cousas polo seu nome", que se levou a cabo durante o terceiro trimestre do curso académico 2021-2022 nas materias de Relixión e Valores Éticos.









miércoles, 8 de junio de 2022

CARREIRA SOLIDARIA 2022

 Mércores 8 de xuño de 2022. 18ª Edición de Kilómetros de Solidariedade, ONG Save the Children. Sensibilización e recadación de fondos para axudar á infancia do corno de África (Etiopía, Somalia). 















martes, 7 de junio de 2022

ALUMNADO DE SECUNDARIA VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

 O Parlamento de Galicia  (Santiago de Compostela) acolleu hoxe, martes 7 de xuño de 2022, a un centenar de alumnos/as de distintos centros educativos galegos, entre eles, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, nun acto que serveu de encontro entre o mundo educativo e o mundo político, encadrado dentro da CME (Campaña Mundial pola Educación). Os escolares galegos tiveron a oportunidade para expresar inquietudes, reflexións e propostas. Damián García Ramos foi o voceiro do noso centro educativa, quen con grandes dotes de oratoria puxo en coñecemento dos representantes das diferentes forzas políticas unha serie de demandas de cara á mellora e impulso da educación no rural. O discurso de Damián susténtase nun traballo en equipo realizado previamente polo alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, analizando os puntos fortes e débiles do noso centro e buscando solucións que incidan na construción colectiva dunha educación de calidade e unha igualdade de oportunidades para todos e todas. 

 Aquí podedes ver a intervención de Damián 










Texto Cpi Virxedacela Para Parlamento Galego by veracruces on Scribd