Páxinas

PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL

Venres 25 febreiro 2022. Plan Director Garda Civil. Prevención riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías. Sara Rodríguez. Delitos de usurpación de identidade, sexting o grooming. Tres charlas: 5º e 6º EP, 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO. 




APORTACIÓNS DO CPI VIRXE DA CELA PARA O PROXECTO SCHOOL TO SHOOL

Esta semana o noso centro colgará na páxina web do Proxecto School to School (Fundación Vicente Ferrer) un vídeo que resume as actividades que se levaron a cabo no noso centro durante o curso 2021-2022. Iniciamos o curso coa apertura do paquete que nos enviaron os rapaces e rapazas de Konampalli School (A India) e posteriormente realizamos, no mes de decembro, unha colorida exposición sobre a India na Biblioteca Castelao. A maiores, o alumnado de educación primaria e a ESO, dirixidos polas súas mestra/profesora respectiva de educación física (Ruth Varela e Mª Teresa Blanco) realizaron xogos e deportes da India. 


jueves, 24 de febrero de 2022

PROXECTO DE APRENDIZAXE-SERVIZO CON EUROEUME

 Xoves 24 febreiro 2022. Mapeo de necesidades. Alumnado 3º e 4º ESO. Imparten o obradoiro 4 estudantes de Pedagoxía. Ángel Lorenzo Euroeume. 

O proxecto estaría executado polo alumnado de 3º curso do grao de Pedagoxía da USC. A súa labor consistirá na recollida de necesidades a través dun mapeo entre a mocidade da comarca, realizando a intervención dende os centros de ensino secundario.
 1ª fase: No mes de febreiro. Nesta primeira sesión se lanzará a proposta ao alumando de asumir o papel promotor e representante, na recollida de necesidades.
 2ª fase: Mes de abril e maio. Realizarase unha segunda sesión presencial nos centros de recollida das conclusións e peche de proxecto. 

3ª fase: Se as condicións sanitarias o permiten e dependendo da autoxestión do propio grupo, e os intereses que xurdan dentro do traballo realizado, podería valorarse unha última sesión na que presentar as conclusións e ser a mesma realizada nun marco festivo nunha xornada intercentros no mes de xuño. 

A través destas necesidades detectadas Euroeume, elaborará unha estratexia comarcal, que nos permitirá dirixir os programas destinados á mocidade partindo das súas necesidades expresadas.


















miércoles, 9 de febrero de 2022