martes, 28 de junio de 2016

5ª E ÚLTIMA REUNIÓN DO GRUPO INVESTIGACIÓN ED



O luns 27 de xuño de 2016 celebrouse a última reunión deste curso académico do profesorado que participa no Proxecto de Investigación sobre a Educación para o Desenvolvemento que comezouse a levar a cabo este ano en colaboración coa Universidade da Coruña e a ong Solidariedade Internacional Galicia. Nesta última sesión definimos as pautas de actuación para a implantación deste proxecto piloto no vindeiro curso académico, no que todo o profesorado e alumnado do centro traballará en torno a un tema, o leite, e partindo dunha situación "local" chegarase a unha visión global e buscaremos solucións que favorezan un desenvolvemento sostible dos nosos recursos e, en xeral, dos do noso planeta. 


martes, 21 de junio de 2016

XUNTANZA "MÓVETE" EN GANDARÍO. RCES







     O martes 21 de xuño xuntámonos en Gandarío a alumnado de primaria do noso cole xunto co CEIP A Lomba de Vilagarcía e o CEIP As Fontiñas de Santiago para participar nunca xuntanza de fin de curso dos participantes no Proxecto Móvete. Alí vimos un vídeo resumo do encontro celebrado en Santiago en abril e realizamos diferentes actividades como xogos cooperativos, elaboración dun mural ou “Olimpraias”, con carreiras de sacos e construcción de castelos de area. Como non podía faltar, tamén aprendimos a coreografía da canción de Paco Nogueira que pon música a este proxecto. Ademais, recibimos a visita da Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez que nos entregou os certificados de participación no Proxecto Móvete, enmarcado no programa “Voluntariado miúdo”. 

"COMO O MEU COLEXIO NON HAI NINGÚN", CLARA BRAGE AMADO

"Como o meu colexio non hai ningún, gústame porque somos unha familia". Esta afirmación tan contundente de Clara Brage Amado (6º educación primaria) é exemplo do fantástico funcionamento do CPI Virxe da Cela. Clara vén de recibir un premio no programa "Atrévete", da Xunta de Galicia, enmarcado no plan Eduemprende. Pararabéns, Clara, por crear "Liber-Café", unha fantástica idea de misturar ocio, cultura e educación. Ogallá que algún día poida poñerse en práctica!


DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS REFUXIADAS


Hoy, Día Mundial de las Personas Refugiadas, reivindicamos una Europa de dignidad y derechos: firma #YoSoyTierraDeAcogida. Desde Entreculturas, como parte de las organizaciones del Sector Social de la Compañía de Jesús, te animamos a sumarte al manifiesto #YoSoyTierraDeAcogida.  Ante la respuesta de rechazo que Europa está dando a las personas refugiadas y desplazadas, queremos ser tierra de acogida. Queremos alzar nuestra voz a través de este manifiesto y exigimos a nuestros representantes políticos protección y acogida YA. Firma el manifiesto.


lunes, 20 de junio de 2016

miércoles, 15 de junio de 2016

ABRAIO, UNHA CURTA FEITA NO COLE DE ARES PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

Desde o cole As Mirandas de Ares, queren compartir con nós este traballo que realizaron para conmemorar o Día Internacional da Lingua de Signos. Esperamos que vos guste.


ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas capacidades, independientemente das diferentes características que nos forman como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura, tradicións, valores…

Quizáis non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade atentos que COMEZAMOS!


CONCESIÓN DO SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" AO CPI VIRXE DA CELA

    Con data 14 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a seis centros educativos, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 10 de decembro de 2015 da devandita dirección xeral, pola que se publicaba a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias que integra, entre outras, esta iniciativa e que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación, da Consellería de Política Social. 
     Reciben este selo os seguintes centros: CPI P. Virxe da Cela  de Monfero  (A Coruña), CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra),  CEIP Espedregada de Poio (Pontevedra),  IES de Poio (Pontevedra),  CEIP de Parada-Campañó (Pontevedra) e IES de Vilalonga de Sanxenxo (Pontevedra).
    Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar e concédese a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable e sistematizada a educación en valores e a compensación de desigualdades, e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

Accede ao programa premendo a imaxe superior

ENCONTRO FIN DE CURSO ENTRECULTURAS

   

 O sábado 18 de xuño de 2016 fun ao meu último encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, que tivo lugar en Santiago de Compostela, preto da catedral, e acudiron distintos centros de Galicia: Vigo, Noia, Boiro, A Coruña, Ferrol, Monfero e Santiago.  
      Realizamos distintas actividades, pola mañá tivo lugar a recepción dos centros, a presentación dun novo colexio que se uniu á rede e de novas persoas que nunca acudiran. A eles e aos que xa acudiramos máis veces mostráronnos un pequeno resumen do anterior encontro. Despois saímos a fora e fixemos un xogo relacionado co coidado do medio ambiente, neste cada equipo tiña que conseguir o maior número de pins, pero ao final todos os equipos tivemos que xuntarnos para poder descifrar a frase que estaba oculta. A seguinte actividade foi de relevos, na que cada equipo conseguiría máis ou menos súper poderes segundo a posición na que quedase. 
      Despois das actividades tivo lugar o xantar e tempo libre, no que descansamos e nos relacionamos quen xente de outros centros. Pola tarde reunímonos cas nosas mestras e realizamos unhas actividades de reflexión sobre o que fixemos, non fixemos, que nos gustaría facer, que melloraríamos... con vistas a este curso e posteriores, ao rematar isto, fixemos unha foto de grupo de todos os asistentes. 
      Ao final da tarde realizouse o acto de clausura, no que un representante de cada centro expoñía e presentaba todo o falado na actividade anterior. Animaron á xente a que acudise a máis encontros e agradeceron a participación de todos os asistentes, antes de rematar esta clausura, chamaron un por un ás persoas que acudiron por última vez a un encontro, dedicáronnos un vídeo e regaláronnos unha veliña, unha pulseira da rede e unha tarxeta personalizada. Antes de marchar despedímonos de todas esas persoas que quizais non volvamos a ver, ou quizais si... 
     Foi un día para rememorar e nunca o esquecerei, nestes encontros coñecín a moita xente e pasei moitos momentos inmellorables. Grazas por estes 4 anos. Nerea Couceiro (4º ESO).







 

ELABORACIÓN DE BOMBAS DE BAÑO PARA COLABORAR NO RASTRO SOLIDARIO


O alumnado de 4º de ESO de Física e Química elaborou bombas de baño para colaborar na VIII edición do Rastro Solidario (celebrado o pasado mes de marzo). Un ano máis foi todo un éxito de venta! Grazas á profesora Mª José Fandiño. Penduramos aquí o video "tutorial", por si alguén quere probar a fórmula!!

jueves, 9 de junio de 2016

VIDA E MÁIS QUE VIDA


“Vida” e “Máis que Vida” é un documental feito por Rubén Ríos. Estre trata sobre o acoso e o maltrato a persoas con discapacidade. Saían escenas moi crueis, xa que insultaban a dúas persoas que non facían nada malo, soamente eran diferentes. A min, persoalmente gustoume moito o documental “Vida”, polos temas tratados e porque cada día se pode aprender algo novo da sociedade na que vivimos.

Este é un tema que está moi presente na actualidade, por desgraza. Moitas veces tratamos mal a persoas polo simple feito de ter características ou ideas  diferentes. Eu penso que a pesar de todas as diferenzas entre nós deberiamos de tratarnos ben, que é como merecemos porque todos somos iguais.Estas enfermidades non teñen unha cura total, e ás veces costa tratar con xente con discapacidades pero é moi gratificante poder axudar e ver que os demais agradecen o esforzo que fas.

Encántame que cada día as persoas estean máis concienciadas en erradicar estas inxustizas, e aprendín moito có que dixo  o seu autor e os comentarios dos demais. Aldara Pita (2º ESO).




jueves, 2 de junio de 2016

LIBRIÑO PARA A KONAMPALLI SCHOOL

Remata o curso e xa estamos a compilar materiais realizados polo alumnado do CPI Plurilingüe Virxe da Cela para enviarlle á Konampalli School, escola da india coa que levamos anos realizando un proxecto de colaboración baixo o título "School to School", promovido pola Fundación Vicente Ferrer. Penduramos neste espazo unha interesante presentación do traballo "Jobs around us" que o alumnado de 1º e 2º de educación primaria fixo baixo a dirección da profe de Inglés Lucía. Esperamos que vos guste, e que os nenos e nenas da India podan entender algo máis sobre a nosa cultura e a nosa manera de vivir.



miércoles, 1 de junio de 2016

4ª REUNIÓN GRUPO DE INVESTIGACIÓN EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Martes 31 maio 2016



O pasado martes 31 de maio de 2016 realizamos a penúltima reunión do grupo de investigación sobre Educación para o Desenvolvemento, proxecto que levamos a cabo xunto coa Universidade da Coruña e a ONG Solidariedade Internacional Galicia. Foi unha sesión moi fructífera na que poidemos ir pechando moitos dos apartados dos tres plans de accións que se están a deseñar e que se poñerán en práctica a partires do vindeiro curso académico 2016-2017.

GRAVACIÓN DOCUMENTAL "25 ANOS DA CGONGD"







O pasado venres 27 de maio de 2016 o alumnado de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela participou na gravación dun documental que rendirá homenaxe ao 25 aniversario da Coordinadora Galega de ONGD. Queremos dar as grazas a esta organización por lembrarse do noso colexio, o CPI Virxe da Cela de Monfero, e considerarnos un dos centros educativos máis destacados á hora de traballar no eido da Educación para o Desenvolvemento e en colaboración con diferentes ONGs.