miércoles, 30 de septiembre de 2015

SON UNHA PERSOA MÁXICA?


Test campode sanalberto_noia from satelite1

Os nosos benqueridos compañeiros/as do IES Campo de San Alberto, Noia (centro participante na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas) elaboraron este interesantísimo test da solidariedade. Eres unha persoa máxica? Se queres saber a resposta non tes más que adicar uns minutos para contestar as preguntas deste cuestionario...

AXENDA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS 15-16

TRIP TO THE LIGHT



O CPI Virxe da Cela leva anos loitando pola construción dun mundo mellor. Son tempos difíciles para todas aquelas persoas que viven lugares rodeados de conflitos bélicos e violencia, e queremos cun pequeno xesto, que unido ao de outros tantos colectivos farán unha montaña, enviar unha mensaxe de paz.  Todos os centros inscritos na Rede de Escolas de Galicia gravaremos unha parte da canción "Trip to the light" (Viaxe á luz ), poñendo debaixo o nome do centro e o lugar. Toda a letra é axeitada para traballar sobre os refuxiados, os que foxen da guerra ou da pobreza, para vivir nun mundo mellor. Asemade tamén sería unha para traballar xuntos os diversos centros da rede. Animádesvos??? 

viernes, 25 de septiembre de 2015

NA PROCURA DE XENIOS

No noso país, máis de catro millóns de vivendas non dispoñen de acceso a Internet, o que implica que un 25% dos fogares españois están excluídos do universo dixital –o que nos sitúa na cola de Europa-. A brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade. Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.


 

martes, 22 de septiembre de 2015

PROXECTO "SCHOOL TO SCHOOL", FUNDACIÓN VICENTE FERRER


School-to-School from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Un ano máis o CPI Virxe da Cela participará no proxecto School to School, un intercambio cultural e educativo cunha escola da India a través da Fundación Vicente Ferrer. Este curso académico A Nosa Contorna será o punto de partida para desenvolver este interesante proxecto. Seguro que nos vai dar moito xogo: explorar a nosa propia riqueza e patrimonio natural e inmaterial e dar a coñecerlos aos nosos amigos e amigas da Konampalli School (India). Convidámosvos a que sigades todo o proceso. 

jueves, 17 de septiembre de 2015

CARTA DE PAVANI



Iniciamos un novo curso, nin máis nin menos que o 2015-2016... (como pasa o tempo), e a carta da nosa amiga Pavani non tardou en chegar á nosa escola. Como todos/as ben sabedes, Pavani é unha nena da India a quen temos apadriñada desde fai anos a través da Fundación Vicente Ferrer. Nesta carta (escrita por ela en alfabeto telegu e traducida ao castelán por voluntarios/as que viven e colaboran no proxecto que a Fundación Vicente Ferrer ten en Anantapur (India), Pavani cóntanos as últimas novidades da súa vida. Queredes estar ao día? Pois prestar atención:

Queridos amigos/as. Alégrome moito de poder escribirvos esta carta outra vez. Estou contenta de darvos unha boa nova: aprobei de 6º a 7º curso. Desde o 24 de abril ate o 11 de xuño estiven de vacacións de verán. Nestes días fun ao pobo dos meus familiares e divertinme moito. Durante o verán fai moita calor. En abril celebramos unha festa local da Deusa Peddanma. Eu comprei pulseiras e divertinme moito. Teño amigas na escola. Os meus pais son xornaleiros. Empezou o verán, que é desde marzo ata maio. Agradézovos moito a vosa axuda. Pavani. 

domingo, 13 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2015-2016

Pois si, xa está aquí o novo curso escolar. O empezamos con ilusións renovadas, con moitas ideas, proxectos en mente e ganas de aprender, porque na vida todos somos eternos aprendices. Esperamos que o verán fora aproveitado do mellor modo posible, e que o seu recordo axude a alimentar esa actitude positiva tan necesaria e intelixente de ser felices e de facer felices aos demais. Así que aí van os nosos mellores desexos para este novo curso.



martes, 1 de septiembre de 2015

CARTA AGRADECEMENTO ENTRECULTURAS


Deixamos constancia con este documento da axuda enviada través da Fundación Entreculturas a Nepal (348'13 euros) para axudar aos damnificados do terremoto. Estes cartos son o resultado dunha valiosa iniciativa levada a cabo polo alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela durante o pasado curso escolar 2015-2016. Agradecemos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e personal non docente) por toda a vosa colaboración.