miércoles, 29 de abril de 2015

A TÚA CARTA PARA KAILASH SATIARTHY


Voz galicia nobel paz from satelite1


Se vos fixades con moita atención, poderedes descubrir un fragmento da carta redactada pola alumna Alba Rodríguez Purriños, que cursa os seus estudos no CPI Virxe da Cela. O noso centro quiso sumarse a este chamamento de Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, e nos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO todos os rapaces e rapazas dirixíronse a Kailash Satyiarthi, premio Nobel da Paz na pasada edición 2014, mostrándolle a súa admiración e agradecendo o seu traballo en defensa dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo. 

viernes, 24 de abril de 2015

"EU VOTO POLA EDUCACIÓN" NO CPI VIRXE DA CELA






Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á CME (Campaña Mundial pola Educación), que nesta ocasión identifícase cun lema tan significativo como “Eu voto pola educación”. O alumnado de 2º da ESO foi o principal dinamizador desta campaña non noso centro educativo, visitando as diferentes aulas da nosa escola para sensibilizar a alumnado e profesorado da importancia da súa participación en prol dunha educación universal, integradora e de calidade. Repartiron un lote de materiais, entre eles un póster para personalizar en cada clase, tarxetas para escribir as nosas peticións e ideas enfocadas a un cambio e mellora na educación, así como adhesivos co logo e lema da campaña.
A campaña tivo su cumio na semana do 20 ao 26 de abril, coincidindo coa SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación). Así, o venres 24 de abril efectuamos unha votación en toda regra. Todos os nenos e nenas visitaron, acompañados polos seus profesores/as, unha mesa electoral que estaba situada na entrada do edificio de secundaria. Depositaron nunha furna decorada para a ocasión as súas papeletas e xuntándose por aula para facer unha “foto de familia” acompañados do seu póster personalizado conxuntamente e que os identifica como grupo.
Proximamente pasaremos a colocar papeletas e carteis nun enorme panel expositivo, para así poder compartir os nosos soños e desexos cara un cambio na educación, e pouco a pouco tratar de ir levando a cabo o que estea nas nosas mans. 






jueves, 23 de abril de 2015

SOS EUROPE








O primeiro paso deste proxecto foi que a nosa profesora de Educación para a Cidadanía nos informara desta campaña simbólica de Amnistía Internacional, que consistía na realización de barquiños de papel co logo “SOS EUROPE”  para simbolizar e honrar a tantas persoas que quedan atrapadas polo mar fuxindo dunha vida, se é que se pode chamar así, e intentando salvar a das súas familias que alí quedan.
Inmediatamente collemos dous barquiños e a cámara e fomos explicándoo polas clases de todo o colexio. Xa no primeiro recreo notamos unha gran colaboración, e así nos seguintes, de forma que enchemos a parede que vai dar á biblioteca. Posteriormente infantil, que non ía quedar, trouxo os seus barquiños. Unha clase traía un bob esponxa ca cara do alumno na vela do barquiño, e a outra na vela traía un pirata, tamén ca cara do alumno.
Nesta clase de proxectos, ensinas, pero tamén aprendes, con isto quero dicir que facer  isto faite pensar. Cando ía de camiño as clases a explicar, pensaba: Pero que é desta xente que se ve obrigada a abandonar a súa familia e a súa vida para salvala?... se me vexo nesa situación eu...?. En fin, é duro e á vez entristecedor ver isto, e penso que os debemos axudar  “á nosa escala”.
Sergio García Coira (2º ESO)




      El pasado domingo murieron ahogadas 800 personas en el mar cerca de Libia, que se unen a las 200 que murieron en Rodas poco después. La semana pasada también murieron unas 400 personas ahogadas en el Mediterráneo. Estas tragedias son terribles, pero evitables. De momento son 1700 muertos en lo que va de 2015. Estamos seguros de que os indignan mucho las muertes y la respuesta que están teniendo los gobiernos europeos a esta terrible situación. 

    Por ello, os planteamos que durante estos días elaboréis barcos de papel (con periódicos o papeles de colores) en los que aparezcan los mensajes 'primero las personas, luego las fronteras' y/o SOS Europe, junto con mensajes de solidaridad para estas personas. Queremos ver más barcos para proteger a la gente, y menos vallas para proteger fronteras. El reto está en conseguir el mayor número posible de barcos de papel y colocarlos en algún espacio visible del centro (pasillo, patio, etc). En las zonas costeras, sugerimos si existe la posibilidad hacer la actividad cerca del mar.

      HACED FOTOS O VÍDEOS y enviádnoslos, nos serán muy útiles para darles difusión. Hacednos llegar las fotos a redescuelas@es.amnesty.org. Si la acción de los barcos presenta dificultades, os sugerimos formar con velas o personas las palabras SOS Europe en algún espacio común, y realizar una foto aérea que nos podáis mandar. ¡Sed creativos! Os sugerimos completar la acción con una petición de firmas al Gobierno en la q pedimos que se refuercen las operaciones de búsqueda y salvamento inmediatamente (podéis descargar modelo en la columna de la derecha). AMNISTÍA INTERNACIONAL


miércoles, 22 de abril de 2015

4 ALUMNAS DO CPI VIRXE DA CELA IMPARTEN UNHA CHARLA NO SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE O DEREITO Á EDUCACIÓN









       “A educación cambia o mundo”, esta é unha afirmación que compartiron todos os/as asistentes ao Seminario Internacional sobre o Dereito á Educación tras presenciar a charla-obradoiro “Experiencias de ensinanza-aprendizaxe para cambiar o mundo”, impartida por catro alumnas do CPI Virxe da Cela o pasado martes 21 de abril de 2015 (Facultade Ciencias Educación USC, Santiago de Compostela). 

       Ana Pena e Andrea Brage (2º ESO), xunto con Antía Gómez e Sofía Pena (4º ESO) demostraron as súas capacidades docentes guiando e dinamizando a un grupo de 40 persoas (estudantes universitarios, docentes, educadores sociais, voluntarios, psicólogos, etc), que tiveron que efectuar diferentes actividades relacionadas coa CME (Campaña Mundial pola Educación), que este ano ten o lema “Eu voto pola educación”. Comezando por unha auténtica votación con papeletas e furna, e finalizando un divertido “selfie”, o obradoiro ofreceu un marco ideal para reflexionar sobre a importancia da educación e para definir, aínda que utopicamente, un sistema educativo ideal e esbozar unha imaxe do docente que fora quen de materializar ese soño. 

     O CPI Virxe da Cela leva desde o ano 2009 participando activamente na CME (Campaña Mundial pola Educación) e a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), enmarcando estas actividades dentro do proxecto Monferosolidario, no que se conxuga a educación en valores e a educación para o desenvolvemento. Agradecemos ás ONGs Entreculturas e Ayuda en Acción, encargadas de organizar a CME 2015 en Galicia, por convidarnos a estas xornadas e ofrecernos un ha oportunidade para difundir o noso traballo.


 

CARTA DE AGRADECEMENTO DA COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL

O pasado venres 17 de abril visitábamos a Cociña Económica de Ferrol para achegar as caixas de alimentos que se acadaron no CPI Virxe da Cela (Monfero) a través da Operación Quilo 2015, así como un sobre con donativos en metático (282'30 euros) tamén recadados nesta mesma campaña. Penduramos neste espazo a carta de agradecemento da Cociña Económica de Ferrol polas doazóns recibidas, así como o recibo-xustificante especificando a cantidade en euros. 





lunes, 20 de abril de 2015

OBRADOIROS DE COOPERATIVISMO NO ENSINO

O alumnado de 3º ciclo de EP e de 2º da ESO fixeron a inscrición para participar no Certame de Cooperativismo no Ensino. Como axuda para o desenvolvemento dun proxecto cooperativo, a Xunta de Galicia proporciona un obradoiro de formación para o alumnado e profesorado participante. Por iso contamos coa visita de Rosa Muñiz, xa coñecida no noso centro por ter participado nesta convocatoria en anos anteriores, o pasado luns 20 de abril de 2015, que impartiu o obradoiro en dúas quendas dirixo a ambos grupos participantes. Falou da importancia do cooperativismo e do traballo en equipo e realizou diferentes e divertidas dinámicas para que o propio alumnado valorase o traballo desenvolvido en grupo. Agora toca pensar e deseñar un proxecto para enviar ao certame... Mans á obra e sumemos as nosas forzas como equipo!














3º OBRADOIRO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"







        Chámase Cristiana Louis, é avogada e naceu na República Dominicana. Visitou o CPI Virxe da Cela o luns 20 de abril 2015 para impartir unha charla ao alumnado de 4º da ESO, enmarcada dentro do proxecto Creando Cidadanía Global. Veu acompañada de María Caride, técnico da ONG Solidariedade Internacional Galicia, quen a presentou aos rapaces e rapazas como todo un exemplo de incidencia política. Cristiana pertence á organización MUDHA (Movemento de Mulleres Dominico-Haitianas), unha organización que centra o seu traballo no ámbito da educación, a saúde e os dereitos humanos, loitando pola mellora da calidade de vida da poboación dominico-haitiana. 

     O 23 de setembro de 2013 o Tribunal Constitucional da República Dominicana emitiu unha sentenza (168-13) a cal ordena o despoxo da nacionalidade de centos de persoas nacidas en territorio nacional. As persoas que serían afectadas desta decisión son homes e mulleres fillos e fillas de inmigrantes hatianos/as que foron recoñecidos/as como dominicanos/as e gozaron deste dereito por máis de 20, 40, 60 e 80 anos. Cristiana veunos falar desta situación que ameza coa deportación masiva destas persoas a partires do 15 de xuño deste mesmo ano, converténdoas en apátridas e privándolles da documentación e dos dereitos que lles corresponden. Unha enorme inxustiza na que se evidencian a violación de dereitos fundamentais, como é o dereito á nacionalidade, á dignidade humana, a aplicación retroactiva de leis, etc. 

     Admiramos o valente esforzo de Cristiana Louis e do Movemento de Mulleres Dominico-Haitianas na denuncia e a loita contra esta inxusta sentenza, así como a importante e valiosa labor que están desenvolver na República Dominicana para garantir os dereitos básicos da poboación dominico-haitiana e ofrecendo servizos básicos ás familias.

 

viernes, 17 de abril de 2015

VISITA Á COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL









  

       O pasado 27 de marzo celebramos o“VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015” no CPI Virxe da Cela, e resultado desta xornada foi a recadación de moitos quilos de alimentos e algúns cartos en metálico grazas ás doazóns de alumnado, familias, profesorado e persoal non docente. Si ben a realización desta campaña “Operación Quilo 2015” buscaba a consecución destes bens materiais para aportar á Cociña Económica de Ferrol e así axudar a centos de familias que están vivindo unha difícil situación económica na actualidade, o auténtico e principal obxectivo da actividade era sensibilizar ao noso alumnado e facelos reflexionar para que no futuro axuden a construír unha sociedade moito máis xusta. 

         Antonio Tostado Naveiras, presidente desta institución ferrolá insistiu en recibirnos e guiar a nosa visita polas instalacións da Cociña Económica de Ferrol. Comprobamos que esta organización benéfica funciona respectando todos os requisitos establecidos na lexislación dos locais dedicados á hostalaría, contratando a persoal titulado e cumprindo as normas sanitarias vixentes. Tamén puidemos constatar que a pesares da crise económica as persoas contribúen con doazóns a esta causa benéfica. Como resultado a Cociña Económica adquiriu recentemente un local nas proximidades que está sendo utilizado como almacén, pois o que tiñan orixinalmente na parte superior de propio edificio de estilo modernista deseñado por Rodolfo Ucha Piñeiro na primeira década do século XX quedouse pequeno, xa que o número de usuarios disparouse nos últimos anos. 

        E unha vez máis o presidente da Cociña Económica lembrou a todos os rapaces e rapazas da importancia de estudar e adquirir unha formación que nos permita o día de mañá exercer un traballo digno e nos posibilite xestionar as nosas propias vidas, elixindo sempre un camiño axeitado para evitar problemáticas que nos fagan vulnerables nesta sociedade na que nos toca vivir. Como broche final á visita, a nosa compañeira Nina (3º de ESO) entregoulle a Antonio Tostado un sobre cos donativos en metálico recadados no noso centro, e que esperemos contribúan a paliar as demandas das familias máis necesitadas.



HAI UN ARTISTA EN TI


viernes, 10 de abril de 2015

A EDUCACIÓN CAMBIA O MUNDO

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE FORNOS SOLARES









       Durante a mañá do venres 10 de abril de 2015 desenvolveuse no CPI Virxe da Cela un interesante obradoiro para a construción de fornos solares, impartido por Juan Bello Llorente, profesor do departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Someso de A Coruña. Asistimos un grupo de profesores/as coa intención de aprender a construír con materiais baratos e de refugallo estes sinxelos aparellos que permiten cociñar utilizando o sol como fonte de enerxía. Escoitamos as explicacións que analizaban conceptos teóricos como “eficiencia enerxética”, “arquitectura bioclimántica”, “economía de recursos”, e simultaneamente puxémonos mans á obra deseñando e construíndo dous modelos diferentes de forno solar a partir de caixas de cartón. 

          Faltounos ese día a fonte mesma de enerxía, xa que o sol ficaba feble e apagado tras a néboa. Que mágoa, porque do contrario poderíamos comprobar directamente o funcionamento e a eficiencia dos fornos solares comendo un delicioso polo asado… O caso é que a lección queda aprendida. Agora tócanos a nós, como docentes, difundir esta práctica entre o noso alumnado, e tal vez a finais de curso, cando os raios do sol incidan con máis forza, podamos facer unha xornada especial no patio exterior poñendo todos os fornos construídos a pleno funcionamento e rendemento e… con xantar incluído!