viernes, 28 de noviembre de 2014

CARTA DA PRESIDENCIA DO GOBERNO DE ESPAÑA

O traballo que o alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela realizou o pasado curso académico na materia de Educación para a Cidadanía segue a dar os seus froitos. Conmemorando a Semana de Acción Mundial pola Educación, os rapaces e rapazas escribiron cartas reivindicando unha educación de calidade, entre elas, unha dirixida ao presidente do goberno de España. Esta mesma semana recibimos a contestación, e como poderedes observar, aínda que o mundo non se pode cambiar de golpe, un paso moi importante é ser consciente dos problemas e facer unha chamada para a súa solución. Deste xeito nos convertimos en cidadanía activa, con dereito a participar e aportar solucións. A continuación penduramos a carta recibida, onde se contesta ás esixencias da alumna Varía Vázquez.




VIDEO RESUMO II ENCONTRO RCES

ELABORANDO PULSEIRAS SOLIDARIAS

     Parabéns ao alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela!!! Está claro que traballar en equipo da moi bo resultado. Con vistas á próxima celebración do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro), estableceuse unha comisión que está encargada da elaboración de pulseiras solidarias. Día tras día, no horario de recreo, estes rapaces e rapazas xúntanse na entrada do edificio de secundaria, onde teñen habilitada unha enorme mesa, e alí colocan todos os materiais necesarios: basicamente fíos de cores e tesouras, e moitísimas ganas e ilusión para levar a cabo a tarefa. Son moitos os curiosos que alí se achegan e que case sempre acaban uníndose e esta iniciativa. E, ademais de pasalo ben charlando uns con outros e aprendendo a facer este tipo de artesanía, o seu traballo terá consecuencias positivas noutros ámbitos. As pulseiras estarán á venda e os cartos recadados serán destinados á Cociña Económica de Ferrol, facendo unha humilde contribución que terá repercusión nos fogares de algunhas familias que están atravesar unha difícil situación económica na actualidade.








jueves, 27 de noviembre de 2014

OBRADOIRO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"

           Carlota e Jenifer, da ONGD Solidariedade Internacional Galicia, estiveron o pasado venres 28 de novembro de 2014 no CPI Virxe da Cela para impartir o primeiro dos obradoiros do Proxecto “Creando Cidadanía Global” ao alumnado de 4º da ESO. Baseándose na temática dos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio as dúas talleristas transformáronse en simpáticas presentadoras do concurso “Queres ser Millonario!” e os rapaces e rapazas en concursantes que non soamente gañaban fabulosos premios, senón que tiñan que reflexionar sobre as terribles consecuencias que estes tiñan para a poboación mundial e para o planeta: desde a explotación infantil, a escravitude, a prostitución, a contaminación, a pobreza, etc. Como resumo desta experiencia situaron cada un destes problemas nun punto determinado do mapa mundi, utilizando a proxección de Peters.
            Este foi por tanto o punto de inicio, e o próximo paso será pasar do global ao local, pensando en mellorar a nosa contorna máis próxima, tendoe incluso a oportunidade de exercer como cidadanía activa e participativa, facendo escoitar as nosas voces e redactando propostas para as vindeiras eleccións municipais... Pero isto e soamente un pequeno adianto para o próximo obradoiro previsto para o segundo trimestre!!!











FUNDACIÓN VICENTE FERRER: TÓMBOLA SOLIDARIA EN FERROL




      Apreciado/a colaborador/a, Con estas líneas nos gustaría informarte del próximo acto que se organiza a beneficio de la Fundación Vicente Ferrer en Narón, A Coruña: TÓMBOLA SOLIDARIA EN NARÓN 
        Los próximos viernes 5 y sábado 6 de diciembre en el Centro Comercial Dolce Vita ODEON y durante todo el día, la agrupación “Ayúdales a llegar”, os invita a pasar un día divertido y solidario. Se organizará una tómbola solidaria con el fin de recaudar fondos para la Fundación Vicente Ferrer. Se venderán boletos a 1€ y en el mismo momento se sabrá si contienen premio. Todos los regalos han sido donados por empresas de Narón y Ferrol que han querido colaborar con esta iniciativa. Por primera vez, y como novedad este año, se hará una rifa para sortear una cesta de Navidad el sábado 6 durante la tómbola. Los boletos para dicha rifa se venderán también a 1€ y además de poder adquirirse el mismo día de la rifa, se podrán conseguir también durante esta semana y la próxima contactando con los organizadores. Los beneficios de la recaudación irán destinados al Proyecto de Nutrición que la Fundación Vicente Ferrer lleva a cabo en el estado de Andhra Pradesh, al sur de la India. 
        Te animamos a que asistas con tus familiares y amigos. Es una buena ocasión para pasar un buen rato y colaborar con la Fundación Vicente Ferrer. 

Días: Viernes 5 y sábado 6 de Diciembre de 2014 
Horario: De 10h a 22h
Ubicación: Centro Comercial Dolce Vita ODEON - Polg. de la Gándara s/n - 15570 Narón - Situado al fondo de la Ría de Ferrol Organiza: 
Agrupación "Ayúdales a llegar” - ayudalesallegar@hotmail.es

martes, 25 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O pasado martes 25 de Novembro Educación Infantil e Primaria celebraron unha xornada de obradoiros, cos que se quixo abordar a condición das mulleres no ámbito socio-familiar a través de tarefas da vida cotiá. Os obradoiros propostos foron os de COSTURA, FACER A CAMA, TENDER A POUPA, PASAR O FERRO E DOBRAR ROUPA, POÑER A MESA E O COIDADO DE "BEBÉS".  Ademais organizáronse outros dous talleres máis relacionados cos oficios e profesións: o primeiro  consistiu na DRAMATIZACIÓN de oficios e o segundo COLOREAR OFICIOS co fin de visualizar nun mural que tanto  homes como  mulleres en condición de igualdade desenvolven as mesmas tarefas.
Foi así como intentamos, dende a escola, aportar o noso graniño de área na loita diaria "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".






 






sábado, 22 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

     A construción dun mundo marabilloso é unha das utopías máis soñadas pola humanidade, unha idea moi difícil de alcanzar. Nembargantes, o grande logro é ir da man nesa procura, unha viaxe onde os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela (Monfero) e CPI Conde de Fenosa (Ares) uniron os seus esforzos e deron corpo as voces silenciadas de milleiros de nenos e nenas en todo o planeta que, aínda no ano 2014, non teñen acceso aos dereitos máis básicos do ser humano. 
      O venres 21 de novembro, o día posterior á celebración oficial do Día dos Dereitos da Infancia, todo o alumnado do CPI Virxe da Cela foi convocado no espazo de usos múltiples do centro, e dividíndose en dúas quendas, coñeceron unha fermosa historia protagonizada por Liberdade, una rapaza que decide saír a facer unha longa viaxe para cambiarlle a cara ao planeta tan triste onde vive, e que, soamente mediante a unión de todos os compañeiros/as que vai atopando polo seu camiño, logra o compromiso de todos os países para defender os dereitos da infancia. É, nin mais nin menos, a metáfora da aprobación da Declaración dos Dereitos da Infancia de maneira unánime polos 78 estados membros da ONU, o 20 de Novembro de 1959. 
       Queremos dar as grazas en especial á profesora de relixión Yolanda Castro, responsable desta actividade, e ao alumnado de 2º da ESO, encargado de narrar a historia “Na Procura dun Mundo Marabilloso”. Repartidos en parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por que da celebración desta data tan importante, narraron o longo camiño recorrido por Liberdade, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (a silueta dunha man que contén un dereito fundamental), dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabras e puxeron un artístico e divertido punto final e despedida mediante un baile colectivo. Non nos queda máis que recordar a todos que estas datas sinaladas son para celebrar os 365 días do ano!!!







                

           

                         
                              Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López

miércoles, 19 de noviembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

O vindeiro 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado. Este ano, e por primeira vez desde que se construiu RCES (Rede de Centros Escolares Solidarios) queremos conmemorar esta data de xeito compartido con todas e todos as e os axentes implicados: Docentes, estudantes, técnicos, etc. 

Para facelo a organización de RCES pensou que era necesario dar voz fundamentalmente ao alumnado para que determinara a maneira na que se celebraría esta data nos centros da Rede: Lembramosa xuntanza “Construíndo Redes” que celebramos o pasado curso escolar na cidade de Lugo e na que participaron alumnas e alumnos dos centros de RCES (en concreto, Antía e Sofía, que agora cursan 4º da ESO, foron as representantes do CPI Virxe da Cela neste encontro). 

O resultado deste proceso participativo determinou celebrar o Día Internacional do Voluntariado a través da elaboración de “pulseiras solidarias” coas cores do logotipo da RCES –tamén deseñado polo alumnado da Rede, nese mesmo encontro-, que se porían á venda nesta data, destinando o recadado a unha ONG que cada un dos centros participantes elixa. O alumnado propuxo, igualmente, que esta acción de elaboración de pulseiras solidarias se complementara coa realización de “apertas solidarias”, como xeito de “transmitir” e “visibilizar” solidariedade. 

 Penduramos este titorial para aprender a facer as pulseiras. No CPI Virxe da Cela organizaremos un recuncho para impartir obradoiros aos alumnos/as do centro, e así ser moitas as mans que se unan nesta campaña.

 

domingo, 16 de noviembre de 2014

PROXECTO DE INTERVENCIÓN: DESEÑO DUN CAMPO DE REFUXIADOS

Proposta para o alumnado de 4º da ESO na materia de Ética

NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO


Liberdade vivía nun país no que  todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela  pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor. No seu percorrido foi atopando outros nen@s que...
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado de 2º da  ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.  
Esperámosvos!!!


Esta é unha proposta do Departamento de Relixión do noso centro.

PROXECTO "UNHA MONTAÑA DE LIXO"

Traballo de sustentabilidade e paisaxe deseñado para o alumnado de 2º de ESO na materia de Educación para a Cidadanía.

 

martes, 11 de noviembre de 2014

REDEC

REDEC é o portal educativo de Entreculturas. Neste espazo poderedes atopar noticias, recursos didácticos e moitísimas ideas para desenvolver na clase. Do mesmo xeito, esta plataforma funciona como "memoria" ou diario das actividadades que se están a levar a cabo nos centros escolares das diferentes comunidades autónomas do noso territorio nacional. Penduramos en Monferosolidario esta imaxe na que aparece retratada unha alumna de 2º de ESO do CPI Virxe da Cela. A coñecedes??? Se premedes na imaxe poderedes enlazar directamente coa páxina REDEC. 

sábado, 8 de noviembre de 2014

SPOT PUBLICITARIO: SE TI PODES, POR QUE NON?

SE QUEREMOS QUE PASE ALGO, TEMOS QUE SOÑALO.

Se ben é certo que encontrarse con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días, debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer que as cousas sucedan: "se queremos que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes situacións e reflectindo a forma “en que as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.

               

viernes, 7 de noviembre de 2014

PELÍCULA SLUMDOG MILLONAIRE



 Jamal Malik, xove orfo procedente dunha barriada marxinal de Bombay, participa no concurso “Queres ser millonario?” e ten a posibilidade de gañar o premio máximo: 20 millóns de rupias (uns 290.000 euros). Cando Jamal está a pique se responder á derradeira pregunta, a policía o detén e o leva para interrogarlle, xa que ninguén se explica como é posible que un rapaz sen formación algunha, que traballa repartindo té nunha empresa de teleoperadores, poida responder con acerto… Jamal deberá explicar por que coñecía as respostas, tendo que relatar diferentes momentos da súa vida. Jamal criouse nun slum (suburbio) de Bambay, perdeu á súa nai nunha revolta relixiosa e xunta ao seu irmán Salim e Lakita, outra nena orfa da súa comunidade coa que mantén un forte vínculo afectivo, sobreviviro a un mondo de picaresca e dificultade. A separación da rapaza determina o final da infancia, aínda que o seu modo de vida non cambia demasiado. Despois dun breve percorrido pola adolescencia, na que se produce un fugaz reencontro con Lakita e unha nova separación propiciada polo seu irmá, quen adopta unha actitude ante a vida máis agresiva e con ansias de poder, atopámonos novamente con Jamal e descubrimos a verdadeira razón da súa participación no concurso.