viernes, 31 de enero de 2014

OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA BETANZOS PARA O USO SAUDABLE DAS TICS








Contamos cunha nova visita dos voluntarios da Cruz Vermella de Betanzos (venres 31 de xaneiro de 2014). Nesta ocasión impartiron ao alumnado de 2º e 3º ciclo de EP unha actividade solicitada polo Departamento de Orientación que consideramos moi importante nesta época de tecnoloxía que nos toca vivir: o uso responsable das TICS. Sabemos que as tecnoloxías da Información y da Comunicación ofrécennos unha interesante ferramente no noso día a día, nembargantes, temos que ter moito coidado á hora de ulitizalas, para evitar moitísimos riscos e para non caer nas adicións.

GHANDI

Englobada dentro das actividades desenvolvidas en torno á celebración do Día Mundial da Paz e da Non Violencia, o alumnado de 4º da ESO está a visionar na materia de Ética e Titoría a película "Gandhi", un film biográfico dirixido en 1982 polo director británico Sir Richard Attenborough sobre a vida de Mahatma Gandhi, figura central do movemento de independencia indio e defensor da Non Violencia. A historia biográfica de Gandhi está narrada desde os seus anos en Sudáfrica, onde coma abogado formado en Inglaterra defende os dereitos dos hindúes residentes nese país, ata o seu regreso á India, onde predica una resistencia non violenta contra o Imperio Británico. Xunto con outros líderes nativos leva á India finalmente á súa independencia.

jueves, 30 de enero de 2014

CARTAS A GANDHI





Conmemorando o aniversario da morte de Gandhi e o Día Internacional da Paz e da Non Violencia (30 xaneiro de 2014), os rapaces e rapazas de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela desenvolveron na materia de Educación para a Cidadanía unha fermosa iniciativa. Redactadon unha carta a este líder da PAZ alabando os seus logros e manifestando a súa admiración. Queredes ver o resultado??
 







NAVEGANDO CON RUMBO

Mércores 29 xaneiro 2014, obradoiro impartido ao alumnado de 3º ciclo de primaria e ESO, riscos Internet,uso saudable das novas tecnoloxías. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA

Onte día 30 de xaneiro conmemoración do Día da PAZ  e a Non Violencia, ás 12 horas, reunímonos, un ano máis, todos para celebralo. Participaron moi activamente todos os alumnos do centro sobre unha idea principal que consistíu na elaboración dun puzzle da Paz. Repartíronse as letras do abecedario dende infantil ata 4º da ESO e cada clase escribíu palabras relacionadas coa letra asignada. Cada unha das partes do puzzle, artísticamente "tuneadas", colocámolas no taboleiro nun acto no que non faltaron reflexións sobre a paz feitas por todos, reparto de pegatinas made in Monfero e ata un rap da paz que pode ata gañar un Granmy.
Ah!, tamén nos días previos os alumnos/as da ESO confeccionaron un fermoso mural que preside a entrada de secundaria. 

Aqui vos deixamos unha mostra gráfica de toda a xornada: 











                                     
                

SALVEMOS O NOSO PLANETA

Traballos realizados polo alumnado de 2º da ESO na materia de Educación para a Cidadanía, como resultado dunha investigación en torno aos ODM, en concreto, á Sostenibilidade do Medio Ambiente







A NOSA AXUDA XA ESTÁ EN FILIPINAS




Pasadas varias semanas desde que fixemos o ingreso á Fundación Entreculturas dos cartos que recadamos á través da venda de obxectos de fieltro do nadal, temos a certeza de que a nosa pequena contribución está a paliar algunas das moitísimas necesidades nas que se están vendo as familias de Filipinas tras o paso do tifón Haiyan.  Recibimos unha carta da ONG Entreculturas, fechada en Madrid a 24 de xaneiro de 2014, e que a continuación transcribimos:

Con esta carta queremos agradecerlles a súa rápida resposta á nosa petición de axuda para atender ás persoas afectadas polo tifón Haiyan en Filipinas. Moitas grazas polo seu donativo de 362 euros. 
De novo unha traxedia natural deixa no desamparo ás persoas máis vulnerables. A testemuña que nos chega da man do xesuítas da zona é desoladora: miles de familias perderon o seu fogar e non poden acceder a algo tan elemental como auga ou alimentos. Ademais, moitas infraestructuras foron danadas, o que dificulta considerablemente as comunicacións co país. 
Grazas á súa colaboración, a Fundación Entreculturas, a través da Compañía de Xesús en Filipinas, estivo a apoiar a distribución de máis de 12.000 packs de emerxencia entre as familias afectadas nas illas de Culion, Leyte, Panay, Samar e Coron. Temén se enviou auga potable, roupa e paneis solares. 
Unha ve teñamos dado resposta ás necesidades máis inmediatas, apoiaremos unha nova fase de reconstrución de vivendas e de escolas, co fin de que as persoas afectadas por esta traxedia volvan á normalidade o antes posible. 
Agradecéndolles unha vez máis a súa confianza en Entreculturas, quedamos á súa disposición para ofrecerlles toda a información adicional que precisen. 

Un cordial saúdo. Agustín Alonso SJ. Director de Entreculturas

lunes, 27 de enero de 2014

CONCURSO DE RELATO DIXITAL "AHORA TOCA"

Penduramos as bases do I edición do concurso de relato dixital "Ahora Toca", organizado pola Fundación Ayuda en Acción. No pasado mes de decembro o noso centro firmou un convenio con esta organización, inscribíndonos no programa de educación en valores "Ahora Toca".
O relato dixital é un xénero narrativo que combina a arte tradicional de contar historias con elementos dixitais (imaxe, son, etc.) para presentar un tema específico en formato multimedia. A Fundación Ayuda en Acción pretende que estes relatos dixitais sexan o resultado do traballo que os alumnos/as e profesores/as dos centros educativos que participan en "Ahora Toca" teñan realizado neste curso cos materiais do programa educativo relativos ás temáticas do dereito á alimentación, os dereitos das mulleres e a igualdade entre os xéneros. Poñédevos todos/as mans á obra, xa que o certame contempra diversas categorías (Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria), e os alumnos/as terán que estar representados por un/unha docente.
No blogue do programa educativo atoparedes máis información sobre o concurso, o formulario para participar e un tutorial sobre que é un relato dixital e como facelo. Se premedes na seguinte imaxe atopareces o enlace:

http://programaeducativo.ayudaenaccion.org/concurso-de-relato-digital/ 


domingo, 26 de enero de 2014

COLABORA COA FVF E A COCIÑA ECONÓMICA

Como xa todos ben sabedes, o CPI Virxe da Cela colabora desde fai varios anos coa Fundación Vicente Ferrer e coa Cociña Económica, a través de diferentes proxectos e campañas desenvolvidas por Monferosolidario. Queremos pois aproveitar o noso blogue para difundir unha interesante iniciativa que terá lugar a finais do mes de marzo na Coruña, o "II Congreso para el Bienestar del Ser". Este congreso realiza sen ánimo de lucro e todos os beneficios serán destinados para a Fundacion Vicente Ferrer e a Cociña Económica da Coruña (na anterior edición recadáronse 3000 euros). 

Este evento cotará con 10 conferencias, todas elas dirixidas por profesionais de recoñecido prestixio e que nos falarán de educación, economía, arte, alimentación, etc. No seguinte enlace accederedes á páxina web do congreso, onde aparece toda a información sobre os poñentes e o programa. Animádevos a parcicipar neste evento, que enriquecerá as nosas vidas e conxuntamente aportará unha importante axuda para estas dous institucións tan solidarias. 








miércoles, 22 de enero de 2014

O MONTE É A NOSA VIDA, AXÚDANOS A COIDALO

Como todos e todas ben sabedes, o Obxectivo 7 dos ODM está encamiñado a garantir a sostenibilidade do medio ambiente. O alumnado de secundaria do CPI Virxe da Cela está a traballar de maneira interdisciplinar os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, e aproveitando esta ocasión penduramos as bases do concurso "O monte é a nosa vida: axúdanos a coidalo", para animar a profes de diferentes materias e alumnos/as a deixar voar a súa imaxinación e creatividade, unidas aos coñecementos adquiridos sobre o tema, e... á espera estamos dos resultados... 

COLOR ESPERANZA

Festival de Nadal, 20 de decembro de 2013:



Hoxe celebramos un día de festa, sen embargo, para moitas mulleres este é un día moi triste. Nós, os alumnos e alumnas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela, querémoslles facer unha homenaxe. Cada día, sesenta españolas, reciben as palabras que máis temen: “Tes cáncer de mama”. Non só elas reciben a noticia, tamén terán que asumilo os seus familiares, os achegados, a súa contorna máis próxima. Seguramente, todos/as os que estamos aquí, teremos algún caso coñecido. E como esta enfermidade nos afecta a todos/as, queremos dedicar esta canción “Color Esperanza”, e repartir os lazos rosas que simbolizan a loita contra a erradicación do cancro de mama, en apoio a todas elas.
 



MÚSICA DE CORES

“Agora Toca… Música de Cores” é unha propoasta de actuación da Fundación Ayuda en Acción con fins educativos en relación co Día Escolar da Paz e da Non Violencia, que pretende xuntar ao redor dunha mesma narración a toda a comunidade educativa. Aínda que nun comezo está pensada coma unha actividade musical, pretende involucar a todo o centro en non só aos docentes desta materia. Por tanto penduramos neste espacio unha guía para o profesorado, onde atopareces distintas “follas de ruta” para traballar co voso alumnado, segundo o curso.

miércoles, 15 de enero de 2014

OS RAPACES E RAPAZAS DE 6º DE EP. ILUSTRAN OS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro é o día no que se conmemora a DECLARACION UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.Según estos principios todas as persoas temos dereito á dignidade,e se todos cumplísemos estos dereitos neste mundo non terían cabida as guerras e as inxustizas.Todo o mundo viviría en paz e liberdade. Os nenos e nenas de 6º de PRIMARIA pensan que é moi importante coñecelos para que o mundo sexa un pouco mellor cada día e por iso traballaron nesta declaración, escolleron un para ilustralo e logo fixeron un mural para compartir cos seus compañeiros e compañeiras o seu traballo. Así foi como quedou. 


                                       

miércoles, 8 de enero de 2014

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2014

Este ano 2014, a Campaña Mundial pola Educación (CME) reivindica, baixo o lema "Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva", que os sistemas educativos dean resposta a todos os nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, é dereito dos 93 millóns de nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade e non asisten á escola ou teñen menos posibilidades de finalizar os seus estudos. Por iso, este curso a CME constrúe a súa mensaxe para sensibilizar á sociedade e reivindicar ante os poderes públicos a necesidade de garantir o dereito a unha educación inclusiva a todas aquelas persoas con algún tipo de discapacidade. A CME ofrece materiais didácticos e de difusión para traballar o dereito á educación inclusiva nos centros escolares, adaptados a cada nivel do ensino (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, persoas adultas e educación non formal).