miércoles, 30 de enero de 2013

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ: 30 XANEIRO 2013

Un ano máis quixemos conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia. O mércores 30 de xaneiro, data oficial para esta celebración, realizamos unha sinxela pero cálida cerimonia de exhaltación da cultura da paz, reunindo a todos/as os nenos/as da nosa escola para lanzar a nosa sentida mensaxe. 

Comezamos lendo o Manifesto pola Paz, redactado con moito esmero por Antonio González, alumno de 4º da ESO e xa todo un veterano na elaboración de textos para Monferosolidario, así como para o xornal Xesteira do EDLG. Acto seguido, os nenos e nenas de 4º de primaria recitaron unha serie de frases a modo de parellas contrapostas, dando a entender que se non é posible acabar coa violencia, si que temos na nosas mans certas estratexias para combatila. Dúas alumnas dese mesmo curso fixeron a lectura do fermosísimo Manifesto de Martin Luther King. Posteriormente os rapaces e rapazas de 6º dixeron en voz alta outra serie de frases e reflexións sobre a paz e a violencia. E como broche final todos xuntos participamos na interpretación do afamado "Himno da Alegría", interpretado con frautas e instrumentos de praca polo alumnado de secundaria e cantado e coreado polo resto dos asistentes. 

A este significativo acto sumámoslle outra serie de accións que sirven para enriquecer a mensaxe pacífica que tratamos de exportar os profesores/as e alumnos/as do CPI Virxe da Cela: un enorme mural con dúas pombas da paz compartindo o lugar central e unha serie de frases para reflexionar, a edición dunha serie de adhesivos que repartiremos próximamente entre o alumnado do centro, a interpretación dun simpático "Rap da Paz" interpretado polo alumnado de relixión de 1º da ESO, un programa sobre a paz no canal " O xestal nas ondas" realizado polo alumnado de 2º da ESO e un traballo de concienciación e sensibilización realizado nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética.

                        












Programa de radio feito polos alumnos/as de 2º da ESO co gallo do Día Escolar da Paz.

                                     

 DEBUXOS DÍA DA PAZ

martes, 29 de enero de 2013

AVATARES

Si visitades o panel expositivo emprazado nos corredores do edificio de secundaria poderedes descubrir a creatividade e inxenio dos nosos alumnos/as coa súa elaboración de Avatares. Os avatares constitúen unha proposta da ONG Entreculturas, e foron elaborados tanto no Encontro da Rede Solidaria Entreculturas que tivo lugar no noso centro o pasado curso académico, como no recente Encontro realizado no IES Elviña (A Coruña) o pasado mes de novembro.



viernes, 25 de enero de 2013

UN MURO CARGADO DE VALORES

A finais do curso pasado e a comezos do presente curso todo o alumnado do CPI Virxe da Cela armouse de pinceis e botes de pintura para decorar o muro que rodea a nosa escola. Unha iniciativa de Marta Novo, a profesora de Debuxo, quen coordinou todo o proceso de decoración deste elemento arquitectónico, dividíndoo por tramos e repartindo as parcelas entre os diferentes cursos e etapas. Cada grupo aportou as súas ideas e bocetos, e o resultado é fantástico, non so pola calidade artística do mesmo, senón pola mensaxe solidaria contida no conxunto das imaxes, que falan do cooperativismo, da axuda mútua, da cultura da paz, e do respecto e conservación do noso patrimonio.


martes, 22 de enero de 2013

DIGNIDADE E DEREITOS HUMANOS

A ONG Entreculturas conivdounos a unha xornada de formación interna para profundizar en dúas temáticas de grande interese para o traballo cos grupos participantes na Rede Solidaria. Esta xornada tivo lugar na delegación de Entreculturas da Coruña, o pasado xábado 19 de xaneiro de 2013, e a ela acudimos a coordinadoras do proxecto Monferosolidario. Salvando as inclemencias metereolóxicas reunímonos un reducido grupo de persoas, entre profesores/as da rede e voluntarios/as, contando como sempre coa presenza de Sandra Rodríguez, encargada da coordinación desta actividade.

A formación foi impartida por Irene Ortega Guerrero, responsable do departamento de Educación para o Desenvolvemento de Entreculturas, que abordou os conceptos de "dignidade" e "dereitos humanos", contidos que vertebrarán a campaña educativa de Entreculturas para os vindeiros cursos 2012-2013, 2013-2014 e 2014-2015. Estas temáticas espertaron grande interese entre os/as asistentes a esta xornada de formación, provocando interesentes debates e xerando ideas para levar a cabo no futuro. Quedamos con gañas de ampliar esta formación o próximo curso, e polo camiño trataremos de desenvolver nas nosas aulas as nosas propias aportacións.






lunes, 7 de enero de 2013

DISCAPACITADOS CAPACITADOS

Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á proposta didáctica da ONCE no se 29 concurso, esta vez baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construír o futuro". O alumnado de 2º da ESO abordará o tema da discapacidade, e tratará de sensibilizar propoñendo un cambio de enfoque, utilizando un formato audiovisual. Para a preparación desta actividade contamos con unha guía didáctica facilitada pola ONCE, ademais de varios videos explicativos. Visionaremos tamén o documental "Capacitados", da RTE, un vídeo no que personaxes famosas tratan de realizar o seu traballo prescindindo dun dos sentidos, experimentando así unha discapacidade. 

viernes, 4 de enero de 2013

FELIZ NADAL

                              

martes, 1 de enero de 2013

SI UNIMOS AS NOSAS MANS TRANSFORMAREMOS ESTE MUNDO

Esta é a mensaxe lanzada pola Fundación Vicente Ferrer como idea para levar a cabo no ano 2013. Este fermoso vídeo ilustra con esperanza e positivismo que o cambio é posible. Está nas nosas mans. Non esperemos máis e... mans á obra.