viernes, 26 de octubre de 2012

TEN SENTIDO SER SOLIDARIOS?

Algunha vez parácheste a pensar que é esto da solidariedade? Ser solidarios é participar nas diferentes actividades que plantexamos a través de Monferosolidario, pero a acción sen reflexión non ten sentido. Por un momento imos parar, sentarnos tranquilamente e poñer orde aos nosos pensamentos. -Ten sentido ser solidarios? -Podemos cambiar o mundo coas nosas pequenas intervencións? -Poñemos en práctica as nosas aprendizaxes na vida diaria, coa nosa familia, os nosos amigos, etc. -Que opinas daquela xente que ante as inxusticias non fai máis que virar a cara para outro lado? Estas e outras preguntas darán pé a unha pequena reflexión, seguramente moi rica e interesante. Esmerádevos nas vosas redaccións, xa que do papel pasarán ás ondas radiofónicas e chegarán aos oídos da poboación a través do programa "A Fenestra Solidaria", de Radio Fene.

miércoles, 24 de octubre de 2012

A VOZ DE MONFEROSOLIDARIO NAS ONDAS DE RADIO FENE


Grazas, Conchi Ramil, por ofrecernos o teu programa radiofónico "A Fenestra Solidaria" para dar voz a Monferosolidario. Como ben dicías na entrevista, é moi importante difundir experiencias constructivas e positivas, para combatir este momento de pesimismo que nos está a envolver. Esperamos que a nosa próxima visita a Radio Fene sexa sendo acompañados por algúns mozos e mozas do CPI Virxe da Cela, xa que eles son os auténticos protagonistas do proxecto Monferosolidario, e nas súas mans está a posibilidade do cambio. Noraboa polo teu programa, que nunha hora semanal serve como plataforma para colectivos e individuos que pensamos que ese cambio é posible, a través de accións de maior ou menor envergadura. Recordando as túas palabras, xa tomadas de Teresa de Calcuta: "o océano non está completo se falta unha desas gotiñas de auga". Moito ánimo e moita forza para continuar esa labor tan activista, non só a través das palabras difundidas nas ondas radiofónicas, senón co teu esforzo e suor en todos eses proxectos nos que estás colaborando. Esperamos que algún día poidas visitar o noso centro e contar a túa propia experiencia persoal, tan rica e coherente, no eido da solidariedade.
Grazas. Verónica Dopico e Yolanda Castro.


           Programa de radio A fenestra Solidaria

                                                     

MOCIDADE CRÍTICA E RESPONSABLE NO CPI VIRXE DA CELA

Como resposta á convocatoria e posta en acción de apoio á folga xeral estudantil do 16, 17 e 18 de outubro de 2012 convocada polo Sindicato de Estudantes en colaboración con CEAPA e outras organizacións, pretendemos o grupo de alumnado de 4º da ESO do CPI "Virxe da Cela" facer oir a nosa voz a través da nota de prensa que se adxunta e do manifesto tamén achegado. O número de alumnado do noso colexio é moi baixo (12 persoas integramos o grupo de 4º da ESO) polo que nunca hai repercusión destes eventos, desta vez pretendemos que iso cambie na medida do posible. Xa que a cotío traballamos en Monferosolidario co obxectivo dun mundo máis xusto e no que os dereitos humanos se respecten, esperamos que tal como nós como alumnos/as nos posicionamos en nome de Monfero e Irixoa, solidarios coas reivindicacións do Sindicato de Estudantes e conscientes dos motivos desta folga, Monferosolidario tamén sexa partícipe do manifesto de manter os nosos dereitos e unha educación pública de calidade.

Atte. Antonio González



jueves, 18 de octubre de 2012

EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL









"Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social" é o eixo que articulou as I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento, que tiveron lugar na Facultade de Matemáticas da USC entre os días 19 e 21 de outubro de 2012. Organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento e a ONG Intervida, estas xornadas supuxeron un éxito e un punto de partida, que esperemos den os seus froitos en futuras edicións. Verónica Dopico e Yolanda Castro, coordinadoras do proxecto Monferosolidario, tiveron ocasión de presentar esta proposta de educación en valores que estase a realizar no CPI Virxe da Cela, no marco de experiencias e boas prácticas de educación para a cidadanía global en Galicia, xunto coas propostas do CRA de Ponteceso, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o IES Campo de San Alberto de Noia, a EPAPU do Centro Penitenciario de Teixeiro, e ESF de Enxeñería Sen Fronteiras da Universidade da Coruña. Ademáis da presentación de estas experiencias de centros educativos, estas xornadas ofreceron un marco teórico, de reflexión e de debate, abordando as temáticas da Aprendizaxe-Servizo, a Educación Popular, o poder da educación para transformar a sociedade, a diganose da educación para a cidadanía global en España, os procesos de Sistematización e Avaliación, etc.

lunes, 8 de octubre de 2012

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DA FVF NA CORUÑA

O pasado venres 5 de outubro visitamos a exposición "Mulleres: a forza do cambio na India", albergada nun curioso camión que durante cinco días estivo aparcado nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. Os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO, repartidos en dous turnos, escoitaron as explicacións de Georgina Salvador, quen amosou a vida de sete mulleres da India que están a servir como motor de cambio e de transformación na India. Sete exemplos que ilustran os diferentes proxectos que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver na rexión de Anantapur.
  • Hemmavathi está a construír a súa propia casa
  • Yellama ten unha discapacidade e é artesana
  • KIanthamma está a emprender o seu propio negocio
  • Nagamma é a lideresa comunitaria
  • Vani loita contra o VIH
  • Durgamma é maestra
  • Likita está a formarse para ser inxenieira










jueves, 4 de octubre de 2012

MULLERES: A FORZA DO CAMBIO NA INDIA




Este é o título da exposición itinerante da Fundación Vicente Ferrer, e está centrada na labor da FVF a través da mirada de sete mulleres da India rural. A exposición está albergada nun camión indio que vai percorrendo un total de 24 cidades españolas. O xoves 4 de outobro chega á Coruña, sendo ás 12:00 horas a súa inauguración oficial, nos Xardíns Méndez Núñez. Desenvolveranse actividades paralelas, como as conferencias impartidas o xoves 4 ás 19:00 no Centro Cultural Novacaixagalicia, coas intervencións de Rosa Lousa, Fundadora e propiataria de Pasndelino Bakery Shop, Montse Ortiz, coordinadora de Sensibilización da FVF e experta en cuestións de xénero e Cruz Iglesias, especialista en bioconstrución e profesora da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Tamén no Centro Sociocultural Novacaixagalicia visionarase a película "Agua" de Deepa Metha, o sábado 6 de outubro ás 18:00 horas.





 

ENCONTRO NACIONAL DE ENTRECULTURAS NO ESCORIAL



As cordinadoras de Monferosolidario reunímomos con outros docentes e voluntarios da ONG Entreculturas no Encontro Nacional que tivo lugar no Escorial os días 28, 29 e 30 de setembro. Durante estes días tivemos unha apretada axenda, asistindo a charlas, realizando obradoiros, e por suposto, deixando algún tempo para actividades máis lúdicas, como un divertido concerto de Miqueli e unha festa gastronómica degustando produtos típicos das diferentes comunidades autónomas. Entreculturas aproveitou esta xuntanza para facer o lanzamento da súa campaña "A cadeira vermella", encamiñada a buscar o respaldo para acadar algún día a escolarización deses 61 millóns de nenos e nenas que non teñen a oportunidade de asistir á escola. 


miércoles, 3 de octubre de 2012

UNHA CADEIRA VERMELLA, POLO DEREITO Á EDUCACIÓN


Cada ano setembro convértese no mes no que millóns de nenos e nenas volven encher as aulas dos colexios. Na nosa sociedade, nas nosas familias, a volta ao cole é un acto cotián ano tras ano.
 Con todo aínda hoxe en día hai 61 millóns de nenos e nenas no mundo sen escolarizar. Estes nenos e nenas ven vulnerado o seu dereito á educación, recollido en numerosos tratados internacionais. Ademais, os beneficios da educación están ampliamente recoñecidos: a educación amplía o acceso a outros dereitos e favorece o progreso conxunto da sociedade, promove a liberdade e a autonomía persoal e xera importantes beneficios para o desenvolvemento das persoas. Así mesmo, a educación é un instrumento poderoso para reducir a pobreza e a desigualdade.
 Desde Entreculturas quérese dar visibilidade a todos eses nenos e nenas e aproveitar a volta ao cole para crear conciencia desta realidade.
A campaña  "A cadeira vermella", unha cadeira para 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir ao colexio", anima a todos os colexios a colocar en cada unha das súas aulas unha cadeira vermella. Este elemento alerta de todos eses nenos e nenas que non poden ir ao colexio e que ven vulnerado o seu dereito á educación.



A educación é un dereito de todos os nenos e nenas do mundo. É un investimento de futuro que lles abrirá as portas a unha ampla gama de posibilidades de desenvolvemento ao longo da súa vida.