viernes, 29 de enero de 2010

CRÓNICA DO ALUMNADO DE 3º DA E.S.O.



O acontecido en Haití foi algo que deixou a todo o mundo sin palabras. A televisión, xornais, revistas, famosos e xente anónima adícase a axudar aos damnificados: enfermos, feridos, xente que sen culpa algunha deitáronse unha noite a durmir felices xunto as súas familias, facendo planes de vida, e á mañá seguinte amaneceron na traxedia... algúns non o poideron contar, quedando enterrados baixo os escombros. Outros tiveron a sorte de sobrevivir, mais agora lles queda dixerir a traxedia...

Polo tanto, nós decidimos adiantar as datas do noso rastrillo solidario, que xa é algo habitual na nosa escola, para cubrir a emerxencia en Haití. O rastro foi todo un éxito, cada un de nós involucrouse á súa maneira, cos nosos mellores desexos...
Nós, os rapaces e rapazas de 3º da E.S.O., que estamos a atender o posto, vemos como as cousas foron desaparecendo ao longo da xornada, e as mesas van quedando valeiras... temos ganas de que a xente de Haití saia adiante, queremos axudar, aínda sabendo que esto non é máis que un pequeno grao de area, disto somos conscientes, mais tamén temos nas nosas cabezas que algún neno ou nena poderá comer grazas á nosa pequena axuda... Isto dannos unha alegría...QUE NON SE PODE MERCAR..


XORNADA DO RASTRO SOLIDARIO "EMERXENCIA EN HAITÍ"

Clausuramos a xornada do Rastro Solidario "Emerxencia en Haití" cun balance moi positivo. Quedará en todos nós unha lembranza deste día tan especial, no que todos participamos unidos por unha causa solidaria, cooperando, compartindo, axudando, traballando en equipo: profes, alumnos/as, nais, personal non docente, etc...

Hoxe mostramos o traballo de toda esta semana, na que moitos de nós invertimos horas distribuíndo o espazo, organizando o material, envolvendo agasallos, tasando os obxectos, etc.

Dende primeira hora da mañá os grupos, acompañados polos titores/as, visitaron o rastro e efectuaron as súas compras. Os maiores do centro, os rapaces e rapazas da E.S.O. foron os encargados de atender o noso fermoso "chiringuito", manexando os cartos, axudando e aconsellando aos máis pequenos, repoñendo obxectos no mostrador a medida que se efectuaban as vendas, etc.

Recibimos a visita de Sandra, a técnico de Entreculturas, que unha vez máis alentounos a seguir nesta liña de traballo, e non deixou de eloxiar a "madeira" destes rapaces e rapazas de Monfero, tan implicados e respetuosos, e tan alonxados desa imaxe da adolescencia egoísta que habita na mente de moitos adultos...

Tamén contamos coa visita de Mercedes Cachaza, unha mestra moi querida por todos e todas, que aínda que se xubilou o pasado curso, continúa moi vinculada coa nosa escola, e quixo ser tamén partícipe desta xornada, e marchou conmovida e orgullosa de seguir pertencendo a esta comunidade educativa.

Foi un día de euforia colectiva, e o corredor de secundaria parecía un formigueiro humano xuntando no mesmo espazo aos peques, os maiores, os profes, as cociñeiras, as nais coidadoras do comedor escolar, etc.

Queremos agradecer en primeiro lugar á dirección do centro por impulsar as nosas iniciativas; dar gracias pola colaboración de todos/as aqueles/as que fixeron donativos, especialmente a empresa RENOR S.L. por todo o material que nos cedeu; a Karina, por todo o seu interese e voluntariedade, sacrificando un día de traballo na súa empresa para poder botar unha man...


Queremos recordar que para nós o máis importante é COMPARTIR, VIVENCIAR, SENSIBILIZARNOS, EDUCARNOS.... aínda que se queredes cifras (que para nós é algo secundario) aí vai o balance......


RECADACIÓN DE VENDAS: 1291´78 euros
RECADACIÓN CAIXA DONATIVOS: 410 euros

TOTAL: 1701'78 EUROS


 
PREPARANDO O RASTRO
Durante a tarde do xoves os alumnos de 4º e 3º da E.S.O. xunto cos profesores montaron o rastro para que o venres a primeira hora estivese todo listo.


                            


O alumnado de 3º de E.S.O. encargouse de facer un mural e de decorar os pasillos e a entrada donde se levou a cabo o rastro.



COMEZAMOS O RASTRO

O venres foi o alumnado de infantil e primaria, xunto coas suas profes,  os primeiros en visitar o rastro.

                            

                            

                                     

As profes tamén disfrutaron facendo as suas compras.

                                                  

                                
A nosa querida compañeira Mercedes tamén nos visitou. Aquí a vemos con algúns dos seus antigos alumnos. Tivo a oportunidade de felicitalos a todos e, por suposto, levar algunga que outra cousa do noso rastro.

O mercadiño estivo moi concurrido durante toda a xornada. Aquí vemos ó alumnado de secundaria   ansioso na súa visita.

                             

                                  

                              

                           

Tivemos a visita de Sandra a técnico de Entreculturas que quixo compartir esta xornada con nós e, por suposto, facer tamén algunha que outra compra.

                                               

                                    

Tamén visitou o rastro o persoal non docente do noso colexio aportando o seu graiño de area para esta causa.
                                                

                                                

                                                

                    E por suposto as familias dos nosos alumnos/as.

                 

                  

Aquí vemos ós alumnos e alumnas que se encargaron durante toda a xornada do rastro, facendo o reconto dos cartos.

                   

                

       GRAZAS A TODOS E TODAS: ALUMNOS, FAMILIAS, PERSOAL NON DOCENTE, PROFESORADO E CENTRO EN XERAL, POLA SUA COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E SOLIDARIEDADE.

      




miércoles, 27 de enero de 2010

30 XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ


Para que a paz sexa algo máis ca un conto

Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.
Difundamos na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.

A cultura da paz tense que implantar nas nosas vidas potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, dos valores, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.

Traballemos tódolos días por unha cultura de paz


Os alumnos de 2º e 3º da E.S.O. fixeron un mural donde expresaron e reflexionaron, mediante debuxos e textos, o que é para eles a paz









jueves, 21 de enero de 2010

RASTRO SOLIDARIO: EMERXENCIA EN HAITÍ

Ante a situación de emerxencia que estase a vivir en Haití, Monferosolidario movilízase organizando un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Entreculturas, no seu programa de Emerxencia en Haití. Por isto solicitamos a vosa colaboración, podendo contribuír de maneira voluntaria aportando os obxectos que estarán á venda no Rastro.
  • Cada alumno/a poderá aportar un máximo de 3 obxectos.
  • Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.
  • Os alumno/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías entre o 20 e 27 de Xaneiro de 2010.
  • Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o Venres día 29 de Xaneiro de 2010, en horario lectivo, situado na entrada do edificio de Secundaria. Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras. As familias poderán visitar o Rastro no seguinte horario: de 13:25 a 14:45, e de 16:25 a 17:30.

    Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

    Monfero, a 19 de Xaneiro de 2010

lunes, 18 de enero de 2010

MAQUETACIÓN DO LOGO GAÑADOR





OS DESASTRES DA GUERRA

O pasado Martes 12 de Xaneiro o alumnado de 2º, 3º e 4º da E.S.O. visitou a exposición da serie de gravados coa temática dos desastres da guerra realizada por Goya, no Museo de Belas Artes de A Coruña.

Os desastres da guerra é unha serie de 82 gravados que retratan o horror e a crueldades cometidas na Guerra da Independencia Española: homes e mulleres que sofren, padecen e morren, os devastadores efectos dos conflictos bélicos.

A PAZ é máis que a ausencia de conflictos bélicos, e empeza a construírse nos contextos máis próximos a nós, establecendo relacións máis xustas e xenerosas.





1.- DECÁLOGO PARA A CONSTRUCCIÓN DA PAZ

viernes, 15 de enero de 2010

CRÓNICA SOBRE A XORNADA DE COMERCIO XUSTO

Aquí vos deixamos as impresións de Bea, a dinamizadora da Cova da Terra que visitou o noso centro o pasado luns 21 de Decembro para impartir obradoiros sobre o Comercio Xusto e o Consumo Responsable:


Xornada de Sensibilización: Comercio Xusto e Consumo Responsable

Unha xornada do máis completa na que se combinou a parte práctica e teórica dos dous piares básicos da nosa asociación A Cova da Terra: o Comercio Xusto e o Consumo Responsable.


A parte máis teórica fíxose a través dunha pequena charla na que se intentou introducir os rapaces e rapazas no que é o comercio xusto e cómo funciona, e así complementaron a parte práctica, pois atenderon o mercadiño con produtos de Comercio Xusto durante toda a xornada.


Para os máis cativos tivemos ao longo da maña obradoiros nos que fixemos algunhas das moitas cousas que se poden facer reutilizando materiais: marcos de fotos, paus de choiva e coches. Todo isto con materiais que podemos atopar na casa: cartóns, caixas, tetra-bricks, papeis de regalos, celo, pinturas…


A idea destes obradoiros e de que os rapaces e rapazas vexan as múltiples cousas que poden facer con materiais que teñen na casa e de introducilos nun consumo responsable e crítico. Así tamén me parece moi importante a sensibilización destes temas de cara o consumismo esaxerado, especialmente nestas datas do nadal.
Soamente me queda agradecer a invitación do centro para compartir con vos este día, e animarvos a que sigades traballando en iniciativas tan interesantes como as que estades a levar a cabo. Parabéns polo voso traballo!!
                                                                 Bea

jueves, 14 de enero de 2010

FALLADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE LOGOS "MONFEROSOLIDARIO"

Primer premio. Logo gañador: Rubén Calaza Díaz (4º E.S.O.)

Premio especial primaria: Alba Amenedo Picallo e Silvia López Villasenín (6º Primaria)

Premio especial secundaria: Anais Buyo Collazo (2º E.S.O.)

Mención especial do xurado: Aula Infantil de 4-5 anos




A nosa profesora de debuxo, Marta, foi a encargada de entregar os premios e diplomas aos galardoados.A continuación vemos a reportaxe fotográfica.