lunes, 21 de diciembre de 2009

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN: COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE.

Luns 21 de Decembro: A pesares do mal tempo, que impediu que o transporte escolar chegara ao noso centro, un reducido grupo de alumnos/as disfrutaron dunha xornada especial, con obradoiros e charlas de sensibilización impartidos pola O.N.G. "A Cova da Terra".

Obradoiros para a construcción de agasallos e xoguetes para Educación Infantil e Educación Primaria:

-Marco de foto.: Lapiceiro nadal Cartóns, botes de iogurt, pinturas, pinceis.
-Paos de choiva: Cartóns de papel hixiénico, papeis de regalo, celo, sementes, arroz, garbanzos.
-Coches: Cartóns, caixas cadradas de galletas ou tetrabriks, papel de regalo, celo.



O alumnado de infantil elaborando "paos de choiva"


Obradoiro do alumnado de primaria


Así de bonitos quedaron os marcos coas fotos dos pequenos

Charlas sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable: para Educación Secundaria.



Bea, da ONG "A Cova da Terra", impartindo a charla sobre comercio xusto e consumo responsable



Tenda de Comercio Xusto: Como complemento a estas actividades, colocouse na entrada do edificio de secundaria un expositor con productos de Comercio Xusto (comestibles, artesanía, pequenos agasallos, etc). Profesorado e alumnado do centro aproveitou para facer as típicas compras navideñas, e contribuíndo a un comercio máis xusto favorecendo aos pequenos productores dos países máis pobres.










Recadación da tenda de Comercio Xusto: 660'95 euros, é o importe do resultado das vendas no noso animado "chiringuito do Comercio Xusto"


As alumnas de 3º da ESO facendo reconto dos cartos recadados

viernes, 18 de diciembre de 2009

A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (II)

O xoves 17 de Decembro realizamos a segunda e última xornada de charlas e obradoiros sobre "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer". O alumnado de 3º da E.S.O. impartiu a charla ao alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria, e simultaneamente, en outra aula, o alumnado de 4º da E.S.O. facía o mesmo co alumnado de 1º ciclo da E.S.O. Damos por concluída a primeira fase do noso proxecto School to School, coas actividades programadas para o primeiro trimestre.







lunes, 14 de diciembre de 2009

Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria.

Co título "Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria", participamos como ponentes nas "Xornadas de Atención á Diversidade: Mellora do clima de aula", organizadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e celebradas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os días 11 e 12 de Decembro de 2009.



viernes, 11 de diciembre de 2009

MENÚ DEGUSTACIÓN DE GASTRONOMÍA TÍPICA DA INDIA

O venres 11 disfrutamos dun sabroso menú degustación da gastronomía típica da India, que consistiu en:

-1º prato: pakoras
-2º prato: polo ao curry con arroz basmati
-Sobremesa: batido de banana.

Os/as nenos/as de Infantil comendo polo ao curry

Iago, o cociñeiro, entre os fumes dos fogóns


Iago, amosando as pakoras

Crónica do noso cociñeiro Iago Arias:

O menú seleccionado para este día constou dunha serie de pratos que protagonizan a extraordinaria cociña hindú.
Comezamos cun primeiro prato chamado “pakora”, consistente nunha fritura de verduras empregando para elo fariña de garabanzo, en troques da nosa fariña de trigo. De seguido, o tradicional polo ao curry, con arroz basmati, vianda representativa da cociña india, baseado no aderezo da carne coa mestura de distintas especies que constitúen o curry, garnecido con arroz basmati, caracterizado polos seus matices aromáticos. Poñendo fin a sobremesa cun refrescante batido de prátano.
Este tipo de xornadas bríndanos a oportunidade de coñecer e experimentar novos sabores vindeiros doutras gastronomías tan dispares á nosa, como a hindú, rica no emprego de multitude de especias, aromas e matices, sabores exóticos que nos transportan a outros mundos a través do padal.
Convén aproveitar iniciativas coma esta para traballar dende a escola o coñecemento de distintas culturas gastronómicas, dando un pequeno paso na formación culinaria dos mozos e as mozas.
Iago Arias

A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (I)

Xoves 10 de Decembro de 2009: Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O. foron os protagonistas dunha xornada de difusión do importantísimo labor de Vicente Ferrer na India. Realizaron actividades deseñadas para o Proxecto School to School que estase levando a cabo este curso, facendo un intercambio cultural entre o noso centro e unha escola de Anantapur, na India. As actividades consistiron en:
1.- Impartir charlas co título "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer", con visionado de diapositivas.
2.- Realización de diversos obradoiros na Biblioteca Escolar: danzas típicas da India, láminas e debuxos apreciando diferencias entre a nosa cultura e a cultura india, vestimentas típicas da India, etc.

Programamos todas as actividades que se realizaron simultáneamente en diferentes espazos do noso centro. Distribución:

-Espazo UUMM1, de 14:45 a 16:25, o alumnado 4º E.S.O. imparte a charla ao alumnado 2º Ciclo Ed. Primaria
-Espazo UUMM2, de 14:45 a 15:35, o alumnado 3º E.S.O. (grupo A) imparte a charla ao lumnado Ed. Infantil
-Espazo UUMM2, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) imparte a charla ao lumnado 1º Ciclo Ed. Primaria
-Bibliteca Escolar, de 14:45 a 15:35, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) realiza obradoiros para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria.
-Biblioteca Escolar, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo A) realiza obradoiros para o alumnado de Ed. Infantil.

Saúdo "namasté", e mandalas de fondo

Danzas tradicionais da India


Iria, Desiré e Vanesa no obradoiro de debuxos


Mandalas


Obradoiro de debuxos

Desiré, Iria e Vanesa (3º E.S.O.) impartindo a charla


Luz Mery (3º E.S.O.) impartindo a charla e Alejandro de técnico de imaxe e son



Luz Mery falando de Vicente Ferrer