sábado, 28 de febrero de 2015

CONCURSO AUDIOVISUAL "TE VEO EN 3 MINUTOS". FUNDACIÓN PRINCESA DE ASTURIAS

A Fundación Princesa de Asturias (FPA) que procura, entre os seus fins, a exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal, convocou a primeira edición do concurso «Te veo en 3 minutos», dirixido aos alumnos de ESO e BAC, sobre os galardoados co Premio Príncipe de Asturias en calquera das súas categorías e edicións. O obxecto deste concurso é o de achegar a actividade da FPA e dos seus premiados aos estudantes de E.S.O. e Bacharelato dos centros educativos españois co fin de fomentar os fins e valores que impulsa a FPA e de promover a utilización das novas tecnoloxías na educación.
No noso centro os alumnos de 3º ESO (Silvia, María, Sara e Lara) e de 4º ESO ( Manuel, Michelle, Laura Muíño e Cintia), tomando como referencia a categoría dos Premios Príncipe de Asturias á Concordia, realizaron uns estupendos traballos audiovisuais que presentaron ao concurso. Parabén a todos eles e mención especial a Manuel Santamariña pola edición do vídeo de 4º, no cal realizou el só toda a produción audiovisual.

Felicidades a tod@s polo voso traballo.

      

SOMOS MIGRANTES: UNHA FRONTEIRA EN 16 MILÍMETROS

Entreculturas denuncia que máis de 170.000 inmigrantes irregulares, principalmente subsaharianos, alxerianos e marroquís, chegaron ás fronteiras exteriores da Unión Europea ao longo do pasado ano. Desa cifra, 7.500 persoas arribaron ás costas españolas. A gran maioría trataron de entrar no país saltando os valos fronteirizos ou embarcados en pateiras aínda que a súa desesperación por sobrevivir os empurrou a navegar ata en balsas de xoguete ou simples flotadores. Con este panorama, que se repite día tras día, tanto os países membros da Unión Europea coma os gobernos africanos deben facer fronte a un drama cuxa solución máis efectiva radica na cooperación internacional e o investimento nos países afectados por esta situación de extrema pobreza, evitando así a emigración masiva dos seus habitantes.

"Cando nunha parte do mundo hai fame, a xente sae a saciala alí onde non a hai.
 Deste xeito foi sempre...e será"

Non vos perdades este documental de 15 minutos. Vén a complementar a realidade que vemos reflectida un día si e outro tamén a través dos medios de comunicación. Recuperemos a humanidade, tendamos a man aos que sufren  e sexamos hospitalarios. 



II XORNADA CONSTRUÍNDO REDES

Andrea Brage e Ana Pena, ambas alumnas de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, representaron ao noso centro na II Xornada Construíndo Redes, que tivo lugar no Albergue Xuvenil de Lugo o pasado fin de semana (28 febreiro a 1 de marzo de 2015), e á que acudiron unha vintena de mozos/zas galegos que cursan estudos nos centros participantes na Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES), da Xunta de Galicia (Plan Proxecta).  

Ademais de compartir e intercambiar experiencias, esta xuntanza tiña como obxectivo fundamental deseñar parte do programa do III Encontro do Alumnado da RCES (programado para finais deste curso académico 2014-2015) e idear unha acción conxunta para realizar de xeito compartido o Día Internacional do Voluntariado.








viernes, 27 de febrero de 2015

2º OBRADOIRO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"

A inicios deste curso académico 2014-2015 comprometímonos no proxecto "Creando Cidadanía Global", que chegou ao noso centro da man da ONG Solidariedade Internacional Galicia, organización coa que xa colaborarmos anteriormente. O alumnado de 4º da ESO recibiu un segundo obradoiro, que tivo lugar o pasado venres 27 de febreiro de 2015 e que durou dous períodos lectivos (de 14:45 a 16:25 horas). O tempo pasou voando entre xogos e divertidas dinámicas, co obxectivo fundamental de que os rapaces e rapazas reflexionasen sobre o concepto de "participación". Todo isto para posteriormente tratar de elaborar unha "axenda participada" que reflexectía as propias necesidades e peticións da mocidade da zona. Na próxima sesión de clase abriremos esa caixa "transparente" que alberga todas e cada unha das propostas e reivindicacións, e xa no terceiro trimestre e a través dun último obradoiro, trataremos de facer chegar estas aos nosos representantes políticos. 









jueves, 26 de febrero de 2015

La Red Solidaria de Jóvenes de Entreculturas gana uno de los premios del VI Premio nacional de Educación


La Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades ha concedido un año más los Premios Nacionales de Educación en la enseñanza no universitaria. La Red Solidaria de Jóvenes de Entreculturas ha sido reconocida en la categoría de "Proyectos de Entidades para la Promoción Educativa" y premiada con 10.000 euros. 

Con este premio se reconoce su labor realizada durante 14 años y dirigida a adolescentes entre 12 y 18 años escolarizados en centros de educación formal o participantes en proyectos de educación no formal promovidos por diversas instituciones (asociaciones, grupos de ocio y tiempo libre, parroquias, etc.). La Red de Jóvenes promueve un proceso en coherencia con la propuesta de Educación para el Desarrollo de Entreculturas que pretende que los y las jóvenes se sientan ciudadanos y ciudadanas del mundo y desde ahí asuman su corresponsabilidad en la construcción de una sociedad más justa y solidaria a nivel local y a nivel global.
 Además busca la implicación de los y las jóvenes en procesos de formación, reflexión y acción solidaria en su centro educativo y en red con jóvenes de otros centros y otros lugares con quienes compartir inquietudes, reflexiones y acciones, conformando una red más amplia y global. 
"Esperamos que este premio sirva de respaldo al trabajo y a la ilusión que tantas personas (jóvenes, docentes, equipos de educación, talleristas, etc.) ponen en este proyecto. También confiamos en que nos abra puertas a nuevas alianzas con las administraciones educativas. 
GRACIAS a todas las personas que, de muy diversas maneras y en distintos momentos de su historia, han contribuido a que la Red Solidaria de Jóvenes sea un espacio de crecimiento personal y de gestación de compromisos solidarios para tantos adolescentes, así como de desarrollo vocacional para los más de 220 profes que lo hacen posible", afirma Irene Ortega, responsable de Educación para el Desarrollo en Entreculturas.

Nº 3 COMIC REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA E CALZADO




VISITA DUN PROFESOR FINLANDÉS AO CPI VIRXE DA CELA




sábado, 21 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DO PASAPORTE SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA


Pola nosa cabeciña andaba a roldar a idea de utilizar o formato radiofónico para a presentación dos Pasaportes Solidarios da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o resultado final superou con creces á idea inicial, e todos e todas os que asistimos a esta actividade desenvolvida o pasado venres 20 de febreiro no CPI Virxe da Cela quedamos máis que encantados coa maxia e feitizo da radio.  En realidade os méritos quedan moi repartidos…
Por unha banda temos aos rapazas e rapaces de 4º de primaria, que amosaron un talento innato diante dos micrófonos, guiando o programa radiofónico de principio a fin sen cortes nin  repeticións e conversando con grande naturalidade co convidado principal. Tamén neste interesante convidado, de nome Cristóbal Rodríguez, de profesión “xornalista” e de vocación “voluntario”, recaen merecidos méritos, xa que explicou a finalidade deste documento que rexistra as nosas actividades solidarias (iniciativa que descubriu en Dinamarca fai uns anos) e contestou con moitísimo detalle a todas e cada unha das preguntas realizadas tanto polos presentadores como polo público asistente (alumnado e profesorado de educación primaria), e iso que algunhas delas tiñan o seu grado de complexidade… Parabéns por tanto, e en terceiro lugar, a estes nenos/as  que durante case unha hora estiveron atentos/as á realización deste programa radiofónico en directo e dinamizaron coas máis variadas preguntas o desenvolvemento do mesmo. 
E finalmente temos que recoñecer a interesante labor que están levando a cabo no noso centro Lucía Abarrategui e Sergio Pascual a través do seu proxecto “Radio Itinerante Creativa”, visitando as nosas aulas dúas veces ao mes para impartir obradoiros a todo o alumnado do centro (desde infantil ata a ESO) e deste xeito fomentar as súas capacidades orais e comunicativas… E os resultados están máis que á vista, viaxando polo espazo en forma de onda sonora…









lunes, 16 de febrero de 2015

FESTIVAL DE CLIPMETRAXES SOBRE A POBREZA E O CAMBIO CLIMÁTICO


O alumnado de 4º ESO do cole de Ares está a concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático organizado por Manos Unidas. Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediríavos que si queredes, entredes no seguinte enlace, o vexades e nos regaledes un voto.
Graciñas...  
Por un mundo máis humano e sostible.

jueves, 12 de febrero de 2015

COCIÑANDO POLA PAZ

Outra das actividades das que foron protagonistas os nenos e nenas de infantil foi o obradoiro de cociña "Cocinando pola Paz" na que todos colaboraron na realización de deliciosas figuras de pan de molde: corazóns, flores, círculos,... e unha fermosa pomba que levaron para as súas casas e compartir coa familia.








12 FEBRERO: DÍA INTERNACIONAL MENORES SOLDADO



As organizacións Alboan Ong Desarrollo, Amnistía Internacional España, Entreculturas, Fundación El Compromiso y Save the Children recordan que tamén as nenas son vítimas desta realidade, utilizadas como escravas sexuais e para matrimonios forzados, pero tamén armadas para a guerra.Os autores do corto" Aquel no era yo " habilitaron hoxe o vídeo na súa conta de Vimeo para apoiar a causa dos ‎Menores Soldado.
Preme na imaxe para velo.


martes, 10 de febrero de 2015

VII MEDIA MARATÓN CORUÑA 21. AYUDA EN ACCIÓN

O vindeiro domingo 22 de febreiro temos unha grande cita co "running" na cidade da Coruña. Ese día celébrase a VII Media Maratón Coruña21 co lema "Correr é máis que correr". Un gran de area de Coruña21 consistirá en aportar o 10% de cada inscrición a esta campaña, ademais de posibilitar aos corredores sumar unha aportación voluntaria que redondee dito importe. Asimismo habilitarase un dorsal cero para aqueles que queran colaborar sin calzarse zapatillas de correr. 

Ayuda en Acción xa deu o primeiro paso... úneste ti á loita contra a pobreza infantil en España apoiando este proxecto de Ayuda en Acción? Visita a páxina que contén información para inscribirte no maratón ou mercar o dorsal cero premendo a imaxe inferior. 




jueves, 5 de febrero de 2015

PICTOGRAMAS PAZ

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras… Pois imaxinade entón o efecto de mesturar imaxes e palabras para conseguir un mesmo fin. Precisamente neste fenómeno consiste a iniciativa da Biblioteca Castelao para conmemorar o Día da Paz: unha exposición de “Pictogramas sobre a Paz” realizados polo alumnado do CPI Virxe da Cela. Como podedes observar a través das fotografías que ilustran esta actividade, foron moitas e variadas as propostas dos nosos rapaces e rapazas. Acompañando aos paneis que albergaban todos os pictogramas elaborados colocouse o “Libro Branco da Paz”, onde todo aquel que quixese deixou unha frase, un lema ou unha pequena reflexión sobre este día tan importante, resaltando a idea de convivencia pacífica e rexeitando toda forma de violencia. 













PANEIS PAZ 2015

Un ano máis o Departamento de Relixión do CPI Virxe da Cela deixou a súa pegada o 30 de xaneiro para conmemorar o “Día da Paz e da Non Violencia”. E nunca mellor dito, porque o gran panel que ilustra esta data tan especial contén decenas de mans, feitas polo propio alumnado, que recollen frases ou lemas referentes aos Dereitos Humanos. Contemplamos que respectar os dereitos supón unha convivencia pacífica, e non respectalos, pola contra, conduce á desigualdade, inxustiza, intolerancia e finalmente violencia. Unamos todos as nosas mans e os nosos esforzos para facer un mundo mellor. 


Non esquezamos o fermoso panel para a Paz realizado polos mais pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que xa nesta primeira etapa das súas vidas son educados en valores e na cultura da Paz. 





A ÁRBORE DA PAZ


Despois dun longo e duro inverno sempre chega a maxia da primavera, que devolve a vida a unha natureza aletargada. Sempre queda a esperanza, un novo brote que contén as nosas ilusións e soños para a Paz. E que mellor imaxe para ilustrar todo este proceso que unha árbore espida e baleira na que podamos depositar todos os nosos pensamentos e desexos positivos. Así o fixemos conxuntamente o alumnado e profesorado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria do CPI Virxe da Cela o pasado venres 30 de xaneiro de 2015, nun acto conxunto de celebración do “Día da Paz e da Non Violencia”. Cada folla que alberga esta nova árbore contén as mellores intencións dunha infancia e xuventude que está a construír un mundo mellor no que trataremos de convivir en paz e harmonía. 












miércoles, 4 de febrero de 2015

CARTA AGRADECEMENTO ENTRECULTURAS

A pasada semana a dirección do noso centro recibiu unha carta de Irene Ortega, responsable de Educación para o Desenvolvemento Entreculturas, agradecendo a todo o grupo de profesorado do CPI Virxe da Cela que guían e acompañan ao alumnado participante na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Estas palabras de felicitación e recoñecemento nos alentan para continuar no noso compromiso. 


martes, 3 de febrero de 2015

AXENDA POST 2015 DO DESENVOLVEMENTO

A ONGD Solidariedade Internacional Galicia remitiunos un artigo publicado no xornal El País que sen dúbida nos axudará a entender un pouquiño máis a idea do proxecto Creando Cidadanía Global que se está a levar a cabo co alumnado de 4º da ESO nas materias de Educación Ético-Cívica e Relixión. É todo un reto na axenda post 2015... Poderedes acceder a este artigo premendo na imaxe inferior:




VISITA DE RABIH EL KHATIB



O luns 26 de Xaneiro visitounos Rabih El Khatib, un home do Líbano. Esta actividade foi organizada pola profesora de inglés, tendo ademais que ver con educación en valores, acción titorial e outros puntos do programa da nosa escola. Rabih falounos do seu país e amosounos fotos dos lugares mais destacados; tamén contounos algo de historia, cultura, relixión e linguas. En xeral foi moi unha charla moi interesante e vese que a este libanés lle gusta moito tamén España. Todo o que nos contaba o explicaba con fotos e un vídeo (o vídeo estaba en inglés).


lunes, 2 de febrero de 2015

CONTOS PARA A PAZ

Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia os alumnos  de 1º ESO  prepararon e interpretaron  un conto para os pequerrechos de  infantil. A historia titulada "A espada pacifista" encantoulles aos mais pequenos, que estiveron moi atentos e participativos coma sempre.
Este conto foi froito da colaboración entre os alumnos do CPI Conde de Fenosa e o Virxe da Cela que conxuntamente participaron na planificación e deseño do mesmo, ilustrandoo dun xeito moi orixinal con imaxes dos clicks de Famobil.
Moitas grazas aos peques e ás profes de infantil  pola súa visita e parabéns aos rapaces/as da ESO polo seu traballo.

Aquí vos deixamos o conto para que gozedes coa súa lectura. 


                                              
                                           A espada pacifista from Yolanda Castro