jueves, 29 de enero de 2015

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos 60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz,  e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia, dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro  do noso propio corazón".
Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os días: a convivencia, o respecto aos demais e a nós mesmos, compartir vivencias xuntos... para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

E para conmemorar esta data os alumnos de 2º ESO dos coles de Ares e Monfero colaboraron conxuntamente para realizar este pequeno vídeo sobre a paz. Aquí tedes o resultado.

       

martes, 27 de enero de 2015

NOVA WEB DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Apreciado colaborador/a: 

 La lucha contra la pobreza es quizás el mayor desafío que afronta la humanidad. En los últimos años, la incertidumbre económica y social nos ha hecho mucho más conscientes del gran esfuerzo que supone hoy para ti y para muchos de nuestros padrinos y colaboradores, acompañarnos en nuestro objetivo de combatir la discriminación por casta, género o discapacidad y trabajar para que todas las personas tengan igualdad de oportunidades. Por ello, queremos agradecer tu generosidad, tu colaboración tiene un impacto en la vida de millones de personas de la India rural. Como sabes, el programa de desarrollo en el estado indio de Andhra Pradesh no cesa, puesto que tampoco se detienen sus necesidades. Con el objetivo de conseguir más complicidad de personas como tú y de empresas e instituciones que nos apoyen, nos complace comunicarte dos novedades. 

Por un lado, os presentamos el que será el nuevo logotipo de la Fundación Vicente Ferrer a partir de este mes de enero. Este cambio nos aproxima más a la figura del fundador de la organización. Nos permite también acercar a más personas la filosofía de la “acción buena” que tanto promulgó Vicente Ferrer. La edición española de la página web que lanzamos www.fundacionvicenteferrer.org quiere informar de un modo más ameno de toda la actualidad de nuestro programa de desarrollo en la India, a través de noticias y entrevistas, con una presencia destacada de contenido audiovisual con más fotografías y vídeos. La gráfica y esquema de navegación es más intuitiva. Te animamos a que la difundas en tu entorno y que participes a través de nuestras redes sociales. Lanzamos también una página web internacional www.vicenteferrer.org para darnos a conocer más allá de las fronteras de España y la India. Esperamos seguir contando con tu compromiso para continuar luchando en la erradicación de la pobreza extrema en la India. 

Un cordial saludo,Jordi Folgado Ferrer.






jueves, 22 de enero de 2015

TAPÓNS PARA UNHA NOVA VIDA

Ben cedo na mañán collimos "infraganti" ao alumnado de 2º de primaria, que se achegaba xunto coa súa titora María José Ferreira ao espazo habilitado nos corredores de secundaria onde se atopa o punto de recollida de tapós para o proxecto "Tapóns para unha nova vida". Así de contentos posaron para esta instantánea.

miércoles, 21 de enero de 2015

CARTA AGRADECEMENTO COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL

A Xunta de Goberno da Cociña Económica de Ferrol, e no seu nome Antonio Tostado Naveiras (presidente), saludan ao CPI Virxe da Cela e expresan o seu profundo agradecemento polas donacións recibidas.Ferrol, a 10 de xaneiro de 2015.





sábado, 10 de enero de 2015

AS ONGD´S: COLECTIVOS DE ACCIÓNS SOLIDARIAS

O alumnado de 1º ESO da clase de Reli, estivo a traballar sobre o papel que xogan as ONG´s no desenvolvemento humano dos pobos. A partir da información que foron recompilando gravaron este vídeo documental no que se incluen algunhas das ONGD máis importantes e as actuaciones que están a realizar, encamiñadas ao desenvolvemento de colectivos excluidos ou en risco de exclusión, así como a países ou comunidades necesitados de axuda e ao  desenvolvemento humano e sostible do noso planeta.

Aquí vos deixamos o vídeo. Esperamos que vos guste.


        

EN BUSCA DA IGUALDADE