miércoles, 4 de marzo de 2015

O CPI VIRXE DA CELA CELEBRA A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

"Son poucos. Tan só 154 alumnos (e tendendo á baixa) e 24 profesores. E, por riba, o centro atópase nun concello coruñés, Monfero, montañoso e lonxe das principais vías de comunicación". Así comeza o xornalista Cristóbal Ramírez a súa crónica sobre o CPI Virxe da Cela publicada esta misma mañá do mércores 4 de marzo de 2015 no especial La Voz de la Escuela adicado á Semana da Prensa da Escola. Estar alonxado das principais vías de comunicación físicas e terrestres non significa estar "incomunicado", xa que o noso centro educativo leva anos utilizando diferentes medios de comunicación como parte do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia grazas ao cal recibimos semanalmente a prensa na aula, e desde os primeiros cursos o noso alumnado comeza a descubrir acontecementos notables e de actualidade a través dos xornais. A radio constitúe outro medio de comunicación moi utilizado e valorado tanto polo alumnado como polo profesorado da nosa escola, á que chegou da man de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual co seu proxecto de Radio Itinerante Creativa. E de novo nas palabras de Cristóbal Ramírez, que pecha o seu artigo remarcando que "todo un exemplo para un centro que acomete a Semana da Prensa na Escola facendo o que sabe facer: traballar cos medios de comunicación e valerse deles un día si e outro tamén"






No hay comentarios:

Publicar un comentario