sábado, 31 de mayo de 2014

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE GAFAS



       Hoy he ido a visitar el colegio del CPI Virxe da Cela, porque me he enterado de que están haciendo una recolecta de gafas y quiero informarme más de cómo va todo y que tal les está yendo. Una profesora me dio la bienvenida amablemente, y me lo explicó todo. Me dijo que durante el mes de junio todo el mundo podrá depositar sus gafas en una urna que está en la parte de secundaria. Yo fui para informarme también sobre quién ayudaba en el proyecto etc. y me dijo que dos ONGs, la “Fundación Ruta de la Luz” y la “Asociación Contra la Ceguera Infantil” (ACCI), que suelen ayudar a las poblaciones menos favorecidas en la mejora de su salud visual. Y sobre eso trata el proyecto, recoger gafas, tanto de sol como graduadas, o rotas, ya que las dos fundaciones se encargarán de arreglarlas... para gente que no se puede permitir pagarlas. He visto que les estaba yendo bastante bien. Espero que puedan conseguir muchas y que cumplan sus propósitos, yo estaré dispuesta a ayudar. 

 Paula Deive (2º ESO)

viernes, 30 de mayo de 2014

PINNADARI SCHOOL








Inmediatamente despois da apertura do paquete da Pinnadari School (A India), o alumnado de 1º da ESO reuniuse na aula de usos múltiples para facer unha lectura en voz alta da carta de presentación que contén o dossier enviado polos nosos amigos da India a través do proxecto School to School (Fundación Vicente Ferrer). Antía, Iván e Carlos foron os encargados de poñer voz a esa carta, que ademais de vir escrita en lingua telegu (dialecto falado na zona de Anantapur), contiña unha tradución ao castelán. É moi interesante poder coñecer unha cultura tan diferente á nosa, aínda que se o pensamos ben, a pesares da enorme diversidade todos os seres humanos están unidos por uns lazos comúns: podemos comprobar que aos nenos/as da India gústalles xogar, aprender, realizar festas e festivais... Agradecémoslles toda esa información que foi elaborada manualmente sen a xa imprescindible “tecnoloxía”, e está perfectamente presentada, trocando as ferramentas dixitais por outras analóxicas... É curioso poder comprobar que aínda utilizan o pegamento para pegar fotos en lugar do xa habitual “copiar+pegar”, que fan a mano fermosas filigranas con rotuladores de cores que serven de marco ao papel, e un sen fin de cousas máis. No noso blogue Monferosolidario tendes pendurado o dossier completamente escaneado, para que con moita calma podades facer unha viaxe moito máis profunda...

miércoles, 28 de mayo de 2014

CHEGOU O PAQUETE DA INDIA!!!

Chegou o ansiado paquete que estábamos esperando!!! Vén da India, en concreto da Pinadari School, situada nunha aldea de Anantapur, nas lonxanas terras da India… Sabiamos que estaba a piques de chegar, e … nin que estivéramos totalmente sincronizados!!! Fai escasamente unha semana que enviamos o noso paquete á India, repleto de traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil e de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela durante o presente curso académico 2013-2014 dentro do programa “School to School”, da Fundación Vicente Ferrer.
Pois para celebrar tan importante momento, a apertura deste enigmático paquete, reunímonos todos os “axentes implicados”  o pasado mércores 28 de maio de 2014 na aula da profe Oliva, isto é, Educación Infantil de 3 anos: os nenos e nenas das dúas aulas de infantil coas súas respectivas profes (Vane e Oliva), os mozos e mozas de 1º da ESO coas profes Verónica (Atención Educativa) e Yolanda (Relixión), xa que nestas materias desenvolveron o proxecto. Foi unha xornada inesquecible… a verdade é que hai que repetir estas xuntanzas máis a cotío, na que ademais do acto “académico”  saboreamos unhas deliciosas “pombiñas de millo” que nos fixo nun “plis-plás” a profe Oliva, que é “todo-terreo”: tanto se lle da cultivar tomates e pementos cos pequerrechos que poñer un mandil e deleitarnos coas súas delicias gastronómicas!!!
Andrea e Tania, as nosas “mascotas” de Monferosolidario, foron as encargadas de dinamizar esta actividade: sabemos que teñen moitas táboas nas artes da docencia, xa que pasan moitos dos seus recreos visitando aos pequenos e pequenas de infantil para xogar con eles e tamén de paso transmitir os seus saberes. Abriron o sobre e explicáronnos o contido do “dossier”: unha carta escrita en lingua telegu (o dialecto que se fala en Anantapur), a verdade é que aínda que non se entendía nada, era curioso describir un novo alfabeto con eses caracteres  tan fermosos e artísticos. O dossier tamén recollía os debuxos dos nenos e nenas da India, así como unha pila de fotografías que a profe Vane amosou aos seus alumnos/as indicando semellanzas e diferenzas coa nosa cultura. 
Se a chegada deste sobre supón unha celebración no noso cole, esperamos que os nenos e nenas da Pinadari School podan disfrutar dunha xornada tan divertida e interesante cando reciban o noso paquete!!!










martes, 27 de mayo de 2014

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: RUTA DE LA LUZ E ACCI

     Ruta de la Luz y ACCI (Asociación Contra la Ceguera Infantil) son dúas organizacións que traballan na procura da saúde visual en contextos onde esta non está garantida, centrando a súa acción en países pouco desenvolvidos nos que a poboación non ten os medios suficientes ou non existen infraestruturas sanitarias e sociais que a promovan. A nosa profe de Reli de primaria, Begoña, propuxo esta actividade tan interesante tras ter coñecemento do traballo destas dúas organizacións. Tan fácil como reparar e graduar gafas vellas e darlle unha nova utilidade. Oftalmólogos voluntarios encárganse de atravesar medio mundo para facer revisións e proporcionar gafas a centos de persoas que as precisan. 

     Desde o CPI Virxe da Cela queremos apoiar esta iniciativa, e o alumnado de 1º da ESO traballou previamente para buscar lemas para esta campaña e tamén para visitar as aulas de todo o centro para sensibilizar ao alumnado e entregar cartas informativas ás familias pedindo a súa colaboración. Cun simple xesto podemos devolver a luz a moitas persoas que viven na semipenumbra e no umbral da pobreza. Soamente temos que depositar as gafas que teñamos nas casas e non utilicemos nas furnas situadas nas entradas de primaria e de secundaria. E como din os rapaces/zas de 1º da ESO, “para doar gafas non precisas ollos, senón corazón”.











martes, 20 de mayo de 2014

APOIAMOS ÁS NENAS NIXERIANAS E ÁS SÚAS FAMILIAS

Niñas de Nigeria:

       Hola, soy María. En la clase de Ciudadanía nuestra profesora nos enseñó unas imágenes muy impactantes de las noticias en las que se hablaba del robo de las niñas en Nigeria. Vimos unas imágenes de los famosos/as s del mundo con unas pancartas en las que ponían unas palabras de las niñas de Nigeria  y a partir de eso escribimos en unos folios de colores  unas frases dando nuestro apoyo y criticando lo que creemos que está mal. En mi opinión sigo pensando que no entenderé por qué raptaron a esas niñas tan sólo por ir al colegio. Lo único que puedo decir es que tendrían que hacerles a los las raptaron lo mismo que les están haciendo a ellas. Eso es lo peor que hay en el mundo. María Vázquez Varela (2º ESO).

 












domingo, 18 de mayo de 2014

O NENO DO PIXAMA A RAIAS



O neno do pixama a raias é o título dunha novela do escritor irlandés John Boyne publicado no ano 2006. A trama céntrase na historia de Bruno, un neno de nove anos[1][2], o cal é fillo dun comandante ao cargo dun campo de concentración nazi. A historia, malia estar contada en terceira persoa, relata os feitos desde a visión dun cativo inocente, o cal non entende moi ben o que está a suceder. O alumnado´de 2º da ESO visionou a película na materia de Educación para a Cidadanía, e esta historia deu moito para reflexionar...

CARTAS POR UNHA EDUCACIÓN PARA TODOS Y TODAS, SAME 2014

A protesta non ten por que vir da man da violencia, senón que podemos utilizar ferramentas moito máis efectivas para loitar coas inxustizas. O diálogo é unha delas, e confiamos que unha palabra ben utilizada poda dar moitos froitos. Unímonos a unha proposta da Campaña Mundial pola Educación (CME) 2014, que consiste na redacción de cartas aos políticos, xa que nas súas mans está modificar as leis que faciliten unha educación de calidade para todos e para todas. Ampliamos nembargantes este enfoque, podendo elixir como destinatario a calquer persoa, desde o noso ámbito máis cercano ata a nivel mundial, que fixera ou poida facer pequenas ou grandes accións para a mellora da educación. Neste espazo daremos visibilidade ás cartas redactadas polo alumnado de 2º da ESO na materia de Educación para a Cidadanía. Todas as cartas serán impresas en papel e enviadas aos seus destinatarios, esperando unha resposta... 




viernes, 16 de mayo de 2014

ENTREGA DE LIBRIÑOS DO PASAPORTE Á INDIA






O “Pasaporte á India” é un documento persoal, individual e intrasferible, expedido polos órganos competentes da Administración Xeral de Monferosolidario, que acredita, fóra do CPI Virxe da Cela, a identidade dos nenos e nenas que participaron activamente no curso académico 2013-2014 no proxecto School to School coa Fundación Vicente Ferrer.

Unha sinxela e vistosa actividade que funciona como unha carta de presentación, que amosa os nosos gustos e afeccións e a nosa imaxe persoal, e que terán unha dobre vertente. Por unha banda serán enviados á Konampalli School, para que os nenos e nenas desta escola india podan saber algo máis sobre nós, neste interesante intercambio cultural no que ano tras ano, e con este xa van catro, estamos a realizar a través da FVF. E por outra, quedarán como rexistro do noso paso polo centro, esa memoria que conservaremos nas nosas casas e que co tempo faranos lembrar dos nosos compañeiros e compañeiras, con quen tantos días e tantas experiencias compartirmos a longo de todo este curso. Quedarán tamén como un fermoso recordo para Oliva e Vanesa, esas marabillosas mestras de infantil que deixaron pegada no CPI Virxe da Cela , e que non estarán connosco para o vindeiro curso.

Como non queremos poñernos tristes e morriñentos, centrámonos no venres 16 de maio de 2014, véspera das Letras Galegas, que foi unha xornada de celebración, aproveitada non so para homenaxear a Xosé María Díaz Castro, senón tamén para repartir no recreo premios, diplomas e galardóns para varias actividades desenvolvidas no noso centro: a entrega dos “Pasaportes á India” (Monfersolidario), os premios do “Concurso de Cubertas de Libros”(Departamento de Plástica), “III Edición Concurso Preguntón” (Biblioteca Castelao),  e “Concurso literario San Valentín 2014” (EDLG). Despois de xantar os nenos e nenas de Infantil (3 anos) e de Infantil (4 e 5 anos) fixeron unha fermosa e simpática foto en “familia” diante do panel onde están expostos os seus traballos, que mandarán tamén aos seus compañeiros da India. Esperamos ansiosamente recibir a contrapartida por parte da Konampalli School… 



lunes, 12 de mayo de 2014

DE MONFERO Á INDIA: VÍDEO DOS PEQUERRECHOS DE INFANTIL PARA OS NEN@S DA INDIA

Tes curiosidade por saber os gustos e afeccións dos nenos e nenas de educación infantil do CPI Virxe da Cela? A través destes videos estes pequerrechos e pequerrechas falan do seu universo cotía, do que lles rodea e resulta familiar, e algúns e algunhas incluso se atreven a facelo en inglés... Todo un reto para eles e elas, que queren aportar a súa visión e compartila cos nenos e nenas da Konampalli School, na India, xa que a finales de curso enviaremos a esta escola india un paquete con estes videos e os libriños que previamente elaboraron como o seu peculiar "Pasaporte á India", parte do interesante intercambio cultural e de tradicións que estamos levando a cabo desde fai catro anos con esta escola da india a través da Fundación Vicente Ferrer.

                                                     

CARTA DE AGRADECEMENTO DA COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL

Antonio Tosado Naveiras, Presidente de Cociña Económica de Ferrol, escribiu unhas palabras de agradecemento ao CPI Virxe da Cela, deixando constancia da donación recibida o pasaso 28 de abril de 2014. Transcribimos as súas palabras:

  "A Xunta de Goberno da Cociña Económica de Ferrool, e no seu nome o presidente, saúda ao CPI Virxe da Cela de Monfero para expresarlles o noso profundo agradecemento polas doazóns en metálico e en especie realizadas. Aproveitando esta oportunidade para expresarlle a súa consideración máis distinguida. Recibe a 28 de abril de 2014 do CPI Virxe da Cela unha doazón en metálico de 147'40 euros, así como unha doazón en especie de 20 caixas de produtos variados".




viernes, 9 de mayo de 2014

MONFERO E IRIXOA AVANZAN POR UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA

Con este título, "Monfero e Irixoa avanzan por unha educación inclusiva", a páxina web da CME (Campaña Mundial pola Educación) refírese á actividade do "Xogo da Oca" desenvolvida no CPI Virxe da Cela o pasado luns 28 de abril de 2014. A través deste cusioso xogo, para esta ocasión modificado e rebautizado como "Avanza por unha educación para todos e todas", os rapaces de 5º e 6º reflexionaron sobre as barreiras ás que se teñen que enfrentar as persoas con discapacidade para exercer o seu dereito á educación, apoiando por tanto á SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), que na presente edición do ano 2014 leva por lema "Sumemos capacidades: polo dereito dunha educación inclusiva". 

Na imaxe inferior tendes o enlace para saber máis desta noticia publicada na web da CME (www.cme-espana.org).


miércoles, 7 de mayo de 2014

PASAPORTE Á INDIA

     Desde a Antigüidade o home tratou de “atrapar” o territorio con trazos momentáneos e efémeros sobre a area ou utilizando tinta sobre papel no que serían os primeiros intentos cartográficos. É innegable a maxia que posúen os mapas, elementos tan evocadores que deixan voar a nosa imaxinación ata lugares ben remotos para descubrir os misterios das terras descoñecidas. Se ben levamos varios anos colaborando coa Fundación Vicente Ferrer para achegarnos á India a través do proxecto School to School, este país aínda resoa nos nosos oídos con harmonías exóticas. O alumnado de Educación Infantil e de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela deixa constancia nestes fermosos “Pasaportes á India” desa viaxe imaxinaria ao lombo dun elefante ou no interior dun palanquín con tecidos de seda facendo noite nun caravasar…


 


martes, 6 de mayo de 2014

MONFEROSOLIDARIO EN "AGORA TOCA" DA FUNDACIÓN AXUDA EN ACCIÓN

Se visitades a páxina web da Fundación Ayuda en Acción, no apartado referido ao programa educativo "Agora Toca" poderedes ver unha reseña sobre a actividade "VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014" que tivo lugar o pasado venres 3 de abril de 2014 no CPI Virxe da Cela.Ese día recibimos a visita de Mª José e Bea, técnico e voluntaria de Ayuda en Acción na Coruña, que poideron comprobar o grao de implicación de toda a nosa comunidade educativa nesta proposta solidaria, especialmente a AMPA, que participaba activamente por vez primeira nunha das actividades de Monferosolidario, froito do Convenio de Colaboaración coa Fundación Vicente Ferrer. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder directamente á noticia publicada:



VISITA DA CLÍNICA BAVIERA

Grazas ao convenio de colaboración que firmamos coa Fundación Ayuda en Acción en decembro de 2013, o alumnado de educación infantil e de educación primaria do CPI Virxe da Cela tiveron a posibilidade de recibir unha completa revisión oftalmolóxica a cargo da Clínica Baviera. Durante a maná do martes 6 de maio de 2014 un total de 29 nenos/as pasaron pola aula de psicomotricidade, espazo convertido puntualmente nunha clínica, e atendidos por catro especialistas da Clínica Baviera fixeron numerosas probas que incluían: función e agudeza visual, visión da cor, estereopsis, motilidad ocular, Cover Test, PPC, reflexos pupilares e refracción obxectiva. Deste xeito os nenos e nenas poden ter un diagnóstico precoz que lles permitirá evitar moitos problemas no seu futuro, entre eles, algúns relacionados co seu proceso de aprendizaxe na escola.