lunes, 31 de diciembre de 2012

NESTE NADAL AS ESCOLAS SEGUEN ILUMINANDO O MUNDO


Así o afirma Entreculturas, unha organización que centra o seu traballo no eido da educación para o desenvolvemento. O CPI Virxe da Cela constitúe un minúsculo punto nesa inmensa rede das escolas do mundo, que tratando de estar conectadas, chegaremos a construír unha fermosa guirnalda para iluminar o camiño de milleiros de nenos e nenas.


 




FLORIDARIA EN NADAL


Eiquí amosamos unha fotografía do crecemento e evolución de Floridaria, aquela pranta solidaria autóctona de Monfero, que no Encontro da Rede Solidaria Entreculturas celebrada no CPI Virxe da Cela en novembro de 2011 repartimos entre todos os asistentes, para lembrar os momentos compartidos. Xa cun ano de vida podemos observar a evolución desta minúscula prantiña que estase a converter nunha fermosa árbore. Serán os coidados e os mimos de María José, a fan nº 1 de Monferosolidario, que rega este piñeiriño con abundantes doses de amor...


jueves, 20 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS DE NADAL

Felices Festas de Nadal para toda a comunidade educativa. Paz e Prosperidade para o vindeiro ano 2013. Desde Monferosolidario quixemos agradecer o enorme esforzo de cada unha das persoas que participaron activamente na Rede Solidaria Entreculturas decorando a nosa árbore de nadal con todos eses rostros que iluminan o camiño para o cambio.





martes, 18 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO 2012

En 2008 iniciamos a nosa colaboración coa Cociña Económica de Ferrol. “Operación Quilo: Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol” é unha campaña bianual (Nadal 2008, 2010 e 2012), que ten a finalidade de sensibilizar á nosa comunidade educativa da existencia dun “Cuarto Mundo” moi cerca de nós. Recollemos alimentos e posteriormente os levamos a Ferrol, visitando as instalacións da Cociña Económica e recibindo unha charla sobre a historia e o funcionamento desta institución social. 

O alumnado de Atención Educativa de 1º da ESO (María, Diana, Paula, Andrea, Adrián e Aitor) visitarou as aulas do noso cole animando aos rapaces e rapazas a participar nesta campaña, xa que coa nosa pequena contribución poderemos facilitar alimento a tantas persoas que na presente situación de crise vense obrigados a acudir a un comedor social. Enviamos unha circular a todas as familias para facerlles partícipes desta actividade. Varios grupos de EI e EP foron coas súas titoras de "excursión" ao punto de recollida de alimentos, que está situado próximo á biblioteca escolar, para depositar os seus paquetes de pasta, arroz, azúcar e outros alimentos non perecedeiros. 




jueves, 13 de diciembre de 2012

PENSA COA PRENSA

O alumnado de 2º da ESO (na materia de Educación para a Cidadanía) e o de 4º da ESO (na materia de Ética) están a desenvolver un traballo de investigación-reflexión utilizando a prensa escrita. O proxecto denomínase "Pensa coa Prensa", e está inxerido dentro do programa de Prensa-Escola da Voz de Galicia. Aquí tedes algunhas das fantásticas propostas dos nosos rapaces/as, que se están a convertir en mozos e mozas máis críticos e responsables.


lunes, 10 de diciembre de 2012

10 DE DECEMBRO. DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro celébrase a promulgación na ONU da Declaración Mundial dos Dereitos Humanos. Este é un documento que se aprobou en París en 1948 e que foi suscrito pola Sociedade de Nacións Unidas coa intención de aunar un compromiso ético a favor da dignidade humana, sen ter en conta formulacións xurídicas ou partidistas. Actualmente fíxose máis fincapé na promoción dos dereitos económicos, sociais e culturais, incluído o dereito ao desenvolvemento e o dereito a un nivel de vida adecuado. Tamén prestouse máis atención á protección dos dereitos dos grupos vulnerables na sociedade, incluídas as minorías e os pobos indíxenas, e á protección dos dereitos dos nenos e da muller, incluída a eliminación da violencia contra o maltrato feminino e o logro dos dereitos iguais para as mulleres. 
Se premedes na foto seguinte poderedes acceder ao texto completo dos Dereitos Humanos. É un texto que está adaptado para poder traballalos na aula. 



            

domingo, 2 de diciembre de 2012

MONFEROSOLIDARIO NA REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS, DO PLAN PROXECTA


O pasado sábado 1 de decembro de 2012 as coordinadoras de Monferosolidario asistimos á xornada de formación inicial do Plan Proxecta, celebradas na Universidade Laboral (Culleredo). Cunha duración de 8 horas, estas xornadas de formación ofrecéronnos unha visión global dos obxectivos e liñas estratéxicas do Plan Proxecta, así como unha visión máis detallada dos 18 programas específicos que conforman este plan. O CPI Virxe da Cela é un dos seis centros galegos incluídos na REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS, a través do noso proxecto Monferosolidario. Próximamente as coordinadoras de Monferosolidario reunirémonos co resto do profesorado do noso centro inscrito no Plan Proxecta para deseñar as liñas de actuación conxunta para desenvolver nos próximos meses, e así poder ir aumentando paulatinamente actividades que promovan a solidariedade, a participación e o compromiso a través das diferentes materias do currículo.