domingo, 26 de febrero de 2012

A CORUÑA RENDE HOMENAXE A VICENTE FERRER CUNHA RÚA NA CIDADE

O pasado xoves 23 de febreiro as coordinadoras de Monferosolidario asistiron á inauguración dunha praza que o concello de A Coruña otorga a Vicente Ferrer, nun acto de recoñecemento cara á súa labor, unha distinción coa que a cidade quixo homenaxealo. "Adornar unha rúa  co seu nome é un xeito de facelo noso, de dicirlle á súa familia, aos seus amigos e colaboradores que os valores que el encarnou permanecen vivos", dixo o alcalde, Carlos Negreira, quen presidíu o acto ao que acudíu Jordi Folgado, sobriño de Vicente Ferrer e presidente da Fundación en España, así coma Yolanda Ferrer e representantes de toda a corporación municipal. Esta praza está situada entre a fonte das Paxaritas e os Novos Ministerios. Tras o discurso do alcalde e as palabras de agradecemento de Jordi Folgado, o Rotary Club organizou unha conferencia no Hotel Attica, na que Jordi Folgado, seguindo os pasos do fundador Vicente Ferrer, explicou o desenvolvemento do proxecto que a fundación ten en Anantapur (A India), dando a entender a grande importancia que ten o recoñecemento á hora de recadar finanzamento para o desenvolvemento de proxectos concretos no eido da educación, a sanidade ou a formación de discapacitados e comunidades de mulleres.


martes, 14 de febrero de 2012

DECLARANDO O NOSO AMOR...

Entrega das flores


Entrega das cartas


Antonio González (3º ESO)

Bibiana Blanco (2º ESO)

Alexandra Gheorghe (1º ESO)


Lucía Otero (3º ESO)

14 de febreiro... Tamén no noso cole quixemos facer unha exaltación do amor neste día de San Valentín, ainda que ben sabemos que calquera día é adecuado para mostrar o noso amor e manifestalo. Ás veces é difícil facelo con palabras, pero sempre están os pequenos xestos e accións. Tan sinxelo como regalar unha flor ou sorprender a alguén cun bico espontáneo. Para outros é cuestión de sentarse diante dun papel e branco e liberar todos eses sentimentos. Así o fixeron Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º), Bibiana Blanco (2º ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO), gañadores do concurso de declaracións de amor "San Valentín 2012". Durante o recreo fixemos un fermoso acto na biblioteca escolar: a directora da nosa escola fixo entrega dos premios e os diplomas aos gañadores, e posteriormente os alumnos/as e profesores /as recibiron cartas e flores dirixidas a eles. Viva o amor, e non deixedes nunca de manifestalo...

E este pequeno acto de amor que organizamos na nosa escola vai ter un "efecto bolboreta" noutro punto xeográfico... A India. A través da venta das flores realizadas polo alumnado, (axudados por Marta, profesora de plástica), recadamos nin máis nin menos...296´30 euros. Estes cartos serán destinados ao proxecto de construción dunha escola en Anantapur que comezamos o pasado curso a través da Fundación Vicente Ferrer. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración...

Carta escola antonio gonzález
View more documents from satelite1.

Caligrama realizado pola alumna Carla López Basteiro (3º ESO)


 Caligrama realizado pola alumna Lucía Otero Rodríguez (3º ESO)

lunes, 13 de febrero de 2012

III ENCONTRO GLOBAL DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE DE ENTRECULTURAS









Esta fin de semana do 10 ao 12 de febreiro tivo lugar o III Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes en Guadarrama (Madrid).
Nesta asamblea na que o lema foi "Zanmitay: é o noso mundo; é a nosa voz" reunímonos perto de 200 alumnos/as e 70 profesores/as de todas as redes de España para compartir experiencias, traballar en torno ó tema da participación e celebrar o décimo aniversario da rede.

O CPI Virxe da Cela, a través do proxecto Monferosolidario, acudiu por segunda vez a esta xuntanza da mocidade. Tres alumnas de 4º da ESO (María Santamariña, Marta Vidal e Alba Gómez), acompañadas por dous profesoras (Yolanda Castro e Verónica Dopico) compartimos vivencias e experiencias con outros rapaces/as e profes da rede solidaria da mocidade Entreculturas. E de maneira moi especial queremos agradecer a participación de dúas antiguas alumnas do centro, Ana Elia e Luz Meri, que nesta ocasión asistiron en calidade de voluntarias, aportando unha grande axuda nas labores loxísticas do encontro. Unha axenda moi apretada con diversas actividades e moitos espazos para compartir... e para descubrir en poucas horas o auténtico valor do lema deste encontro, a amizade... Obradoiros, reflexións, representacións teatrais, unha divertida festa, unha emotiva despedida... e á espera do próximo encontro. Alí estaremos de novo. Contade connosco...



lunes, 6 de febrero de 2012

FLORES E CARTAS PARA SAN VALENTÍN

A proposta de concurso de cartas de amor e a venta de flores está dando os seus froitos. A entrada do edificio de secundaria, onde está situado o mostrador, converteuse nun punto de encontro, onde os rapaces e rapazas mercan os sobres para escribir as súas declaracións de amor e tamén flores personalizadas elaboradas polo propio alumnado con materiais de refugallo. Cada día hai máis sobres depositados na divertida urna de San Valentín. Non esquezas de mandarnos a túa carta...