lunes, 28 de noviembre de 2011

PHOTOCOOL "ZANMITAY"


                  

FLORIDARIA: A FLOR SOLIDARIA ORIXINARIA DE MONFERO



 Obsequio dunha planta solidaria

 Explicación do proxecto "Floridaria"

 Floridaria é a planta solidaria orixinaria de Monfero, deseñada por Sandra Fernández Rodríguez (3º ESO) e Lorena Varela Infante (4º ESO), gañadora no concurso de mascotas de Monferosolidario realizado o pasado curso académico 2010-2011. 

Esta planta solidaria necesita uns coidados moi especiais:
-Regar abundantemente con amor, paz e solidariedade.
-Non expoñer á violencia nin ao egoísmo para que a planta medre correctamente.

Quixemos difundir esta mensaxe solidaria entre todos os participantes do XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, celebrada o pasado sábado 26 de novembro no CPI Virxe da Cela, obsequiando a cada un dos participantes con unha pequena planta que deberán transplantar e coidar con amor, paz e solidariedade. Queremos facer un seguimento desta pequena ola expansiva, así que agradecemos que nos enviedes unha fotografía e os datos de ubicación da vosa planta solidaria:

monferosolidario@gmail.com



ZANMITAY: XIII ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Zanmitay significa amizade na lingua creoula haitiana. Unha fermosa verba para ilustrar o XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que nesta ocasión tivo lugar no noso centro, o CPI Virxe da Cela, (Monfero). Inauguramos este cuarto ano de pertenza á Rede Solidaria formalizando o noso compromiso esta vez como anfitrións, recibindo a visita de numerosos rapaces e rapazas e profesores/as de distintos centros galegos. Quedamos cun agradable sabor de boca, recibindo os parabéns de todos os asistentes, que disfrutaron plenamente dunha longa e intensa xornada de convivencia.





sábado, 26 de noviembre de 2011

VISITA DE LANCY DODEM AO CPI VIRXE DA CELA

Por segundo ano consecutivo contamos no noso centro coa visita de Lancy Dodem, primeiro neno apadrinado pola Fundación Vicente Ferrer, acompañado pola fotógrafa coruñesa Yolanda Ferrer. A través de dúas charlas impartidas para o alumnado da ESO e para o de 2º e 3º ciclo de primaria, poidemos coñecer un pouco máis a fondo a importante labor que a Fundación Vicente Ferrer está levando a cabo en Anantapur (A India). Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "School to School", un intercambio cultural e de tradicións entre a nosa escola e unha escola da India, a través da FVF. Os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela formularon numerosas preguntas a Lancy, mostrando moita curiosidade pola realidade social e cultural na India. Un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO obsequiaron a Lancy co mellor regalo posible: o seu compromiso para apadriñar a un neno/a na India, a través dun programa de apadrinamento da FVF, e deste xeito contribuír a súa educación e facilitarlle un futuro mellor.

Nota de prensa

Lancy Dodem

 Alumnado de 4º da ESO informando a Lancy do proxecto "Apadrina un neno"

Alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria

Lancy Dodem escribe dedicatorias ao alumnado da ESO

 Lancy Dodem e Yolanda Ferrer reciben a "Floridaria", pranta solidaria orixinaria de Monfero


Lancy Dodem con Yolanda Castro e Verónica Dopico, coordinadoras de Monferosolidario
Lancy dodem
View more documents from satelite1.



lunes, 21 de noviembre de 2011

EXPOSICIÓN DE LIBROS SOLIDARIOS



A petición de un grupiño de alumnos e alumnas de primaria, aquí tedes unha selección de libros con temática solidaria para investigar e poder aportar máis datos ao voso pasaporte solidario: Un pacto de amor, mi vida junto a Vicente Ferrer, de Ana Ferrer; El gran libro de cuentos con valores; Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de KIlaus-Peter Wolf e moitísimos máis. Ánimo. A lectura segue a ser unha porta aberta ao mundo.

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA: Todos temos dereitos, adultos e nenos. A gran diferenza é que os adultos podemos pelexar por eles, esixir que se cumpran, en cambio os nenos, necesitan de nós para que os seus dereitos se respecten. Os nenos deben ser protexidos e coidados, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. As políticas de seguridade social, saúde, educación moitas veces non contemplan estes dereitos básicos. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.

viernes, 4 de noviembre de 2011

PROGRAMA DE DIVULGACIÓN EN DOAZÓN E TRANSPLANTES




O pasado xoves 3 de novembro de 2011 o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a una conferencia sobre doazón e transplantes, organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes do Hospital Universitario A Coruña, en colaboración coa OCT-Autonómica de Galicia e a Deputación Provincial de A Coruña.

Tanto o alumnado como o profesorado asistente a esta charla comprendimos que a vida de moitas persoas están pendentes dunha acción solidaria, a doazón, e deste xeito imos construíndo unha actitude máis aberta cara ao proceso de doazón. Contamos coa información e os coñecementos dun médico da OCT e a vivencia en primeira persoa dun transplantado.



PASAPORTES SOLIDARIOS




O pasado venres 28 de outubro de 2011 os alumnos e alumnas de 4º da ESO visitaron as aulas de educación infantil e primaria para entregar a cada neno/a o seu pasaporte solidario e explicar as normas de utilización do mesmo. Anaís, Lorena, Marta, Iván, Alba e María recordaron aos máis pequenos a importancia da axuda mutua e dos xestos solidarios, tanto na escola, no ámbito familiar ou en calquera faceta das nosas vidas. Ser solidarios significa facer un pequeno pero importante esforzos para mellorar a convivencia solventar moitos dos problemas da sociedade. Neste documento os nenos e nenas do CPI Virxe da Cela irán anotando en diversos apartados todas as accións solidarias vaian desenvolvendo ao longo do curso. Pais e titores poderán participar activamente neste proxecto, revisando as accións descritas e dando validez ás mesmas a través da súa sinatura.

O Pasaporte Solidario (PS) é unha proposta da Xunta de Galicia, publicado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social. É un documento no que se propoñen diversas actividades solidarias.

No CPI Virxe da Cela estamos a traballar desde o curso académico 2008-2009 nun proxecto de centro, Monferosolidario, baseado na educación en valores. Consideramos que o Pasaporte Solidario é un documento moi apropiado para visualizar as accións solidarias realizadas polo alumnado, e que pode contribuír á motivación e participación do mesmo.


INSTRUCIÓNS PARA O SEU USO:

•Cada titor/a recibirá un exemplar do Pasaporte Solidario para cada un dos alumnos/as do seu grupo. A inicio de curso cada neno/a traerá unha fotografía e cubrirá os seus datos persoais no pasaporte.
•Cada alumno/a irá describindo cada unha das accións que vai realizando na páxina correspondente. Precisará a sinatura do seu titor/a ou dos seus pais para dar validez ás mesmas.
•Ao final de curso o titor/a recollerá todos os pasaportes e os entregará aos responsables de Monferosolidario.
•Os participantes recibirán un diploma e haberá premios tanto individuais como colectivos.