viernes, 14 de octubre de 2011

VALORES UNIVERSAIS

O alumnado de 3º e 4º da ESO fixeron durante o curso pasado un traballo sobre os valores universais, eses valores que nos fan mellores e nos axudan a crecer como persoas acercándonos mais aos demais.
Ningún é novo. Cada valor representa o mellor de cada ser para vivir plenamente e en armonía co mundo,e crear e sustentar as relacións humanas con dignidade e profundidade. Cooperación, liberdade, felicidade, respecto, responsabilidade, tolerancia… son algunhas das expresións que nos tocan día a día e que corresponden co mellor de cada un de nós, do que podemos facer para conseguir, a través da nosa forma de actuar, unha sociedade mellor de todos e para todos.
A verdade e que todos os rapaces e rapazas fixeron un bo traballo de elaboración dos valores, pero sobre todo o que pretendemos e aspiramos é a levalos á práctica.

Aquí vos dixamos unha mostra da exposición sobre "Os valores" que se atopa no corredor que conduce á biblioteca.




lunes, 10 de octubre de 2011

SEMANA DE MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA

Entre o 9 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en toda España a Semana de Mobilización contra a Pobreza. Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza. Acabar coa pobreza é unha decisión política e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é o primeiro paso para acadala. Existen medios suficientes, tecnoloxías, desenvolvemento e capacidade para cumprilos. Tan só esixe vontade política por parte dos Estados.

A erradicación da pobreza só é posible co apoio e o esforzo de todas e todos. Todos podemos colaborar dando a coñecer a situación, sensibilizando ás nosas familias e compañeiros e compañeiras do centro educativo e actuando para que a erradicación da pobreza antes do ano 2015 sexa unha realidade e non só un soño. TODOS SOMOS RESPONSABLES.

Convidámoste a participar na Semana de Mobilización contra a Pobreza. Este ano, baixo o lema: ÚNETE Á REBELIÓN




“A pobreza non é un fenómeno natural. É o resultado da acción humana e pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos” . Nelson Mandela



SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE PODE ERRADICAR A POBREZA.