martes, 24 de mayo de 2011

OS SABORES DA INDIA A TRAVÉS DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Exposición de especias e láminas explicativas


Alumnas de 6º de primaria clasificando as especias


Fichas sobre a comida india e vocabulario dos alimentes en lingua telegu


Foto de grupo: alumnado de 6º de primaria coas súas mestras


Foto de grupo: alumnado de 5º de primaria coa súa titora


Alumno de 3º da ESO impartindo a charla sobre a gastronomía india


Alumno de 3º de ESO impartindo a charla sobre a gastronomía india




Ficha de iniciación á lingua telegu, falada no distrito de Anantapur




Ficha de clasificación das especias


Coa charla e os obradoiros sobre a comidia india realizados o luns 23 de maio de 2011 no horario de 14:45 a 16:25, damos por finalizado a elaboración de actividades enmarcadas no proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, que este curso académico 2010-2011 está centrado na temática da gastronomía. Por tanto o último paso consistirá no envío de todo o material gráfico e audiovisual que se realizou no noso centro á Pinnandari School, situada no distrito de Atmakur, (Anantapur, a India).

O alumnado de 3º da ESO foi o encargado de impartir tanto a charla como os obradoiros ao alumnado de 5º e 6º de primaria. En primeiro lugar, tivemos unha proxección de diapositivas sobre a alimentación e os hábitos alimenticios na India, explicada por varios alumnos/as de 3º da ESO. Posteriormente realizouse un pequeno obradoiro para aprender os nomes dos alimentos na lingua telegu, que é falada en Anantapur, a zona onde se desenvolve as accións da Fundación Vicente Ferrer. Tamén o alumnado de 3º da ESO dramatizou un pequeno diálogo para explicar frases básicas na lingua telegu. Xa na biblioteca escolar os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria realizaron un divertido obradoiro no que tiñan que clasificar as diferentes especias, así como facer unhas fichas avaliativas sobre a información recibida durante a charla.


lunes, 23 de mayo de 2011

XII ENCONTRO DA REDE DA MOCIDADE ENTRECULTURAS





Como xa ven sendo unha tradición, reunímonos cos outros centros integrantes da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas en Rianxo. Esta xuntanza celebrouse o pasado sábado 21 de maio de 2011, e nesta ocasión asistimos sete alumnas e dúas profesoras do CPI Virxe da Cela. Comezamos a xornada con xogos e dinámicas, nas que o alumnado reflexionou sobre as súas vivencias e experiencias dende que forman parte da rede. Posteriormente, cada centro elaborou un pequeno mural no que a través de textos e imaxes reflectiron o seu paso pola rede, resultando unha memoria visual coas múltiples actividades que se foron realizando. Tras un xantar colectivo, fixemos un pequeno descanso relaxándonos e divertíndonos co "show" de Pedro Brandariz, que en clave de humor fixo referencia á idionsincrasia galega. Como punto final, o alumnado de cada centro, acompañados polos seus profes, sairon a presentar e a explicar o seu mural. Un momento moi emotivo foi unha pequena homenaxe que se lle brindou aos alumnos/as que este ano deixan a rede, xa que rematan os estudos de ESO...







jueves, 19 de mayo de 2011

CHARLAS E OBRADOIROS "A COMIDA", F.V.F.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, no que participamos desde o pasado curso académico 2009-2010. Consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre unha escola española (CPI Virxe da Cela) e unha escola india (este ano asignouse a Pinnadari School, situada en Atmakur). No presente curso académico 2010-2011 o proxecto está centrado na temática da gastronomía india. O alumnado de 3º da ESO encargarase de impartir unha charla e uns obradoiros para explicar ao alumnado de 3º ciclo de Primaria as características fundamentais da gastronomía e os hábitos alimenticios na India. A charla e os obradoiros levaranse a cabo de maneira simultánea o vindeiro luns 23 de maio de 2011 nas aulas de UUMM2 e UUMM3.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria levarán bolígrafo e lapis de cores para completar as fichas dos obradoiros. Tamén traerán a ficha sobre a gastronomía galega que previamente elaboraron na aula.

No blogue Monferosolidario podedes consultar todo o material elaborado para a realización das charlas e os obradoiros.









MASCOTAS MONFEROSOLIDARIO




Dende o mércores 18 de maio estarán expostas todas as ideas para o concurso "Deseña a mascota de Monferosolidario" na entrada do edificio de secundaria e no corredor próximo á Biblioteca Escolar. Podedes comprobar o enorme potencial creativo do noso alumnado observando todas as variadas propostas, que van dende o debuxo bidimensional ate pequenas obras escultóricas tridimensionais, abarcando todo tipo de técnicas artísiticas. En un par se semanas un xurado elexirá a idea gañadora, e establecerá varios premios. Esta é unha iniciativa do Departamento de Debuxo en colaboración con Monferosolidario e o EDLG.

jueves, 12 de mayo de 2011

A DETERMINACIÓN SOCIAL

Algunha vez pensaches como sería a túa vida se naceras noutro lugar, noutra época, noutro tipo de sociedade, noutra familia? Atoparías as mesmas oportunidades que estás a ter agora? Farías o mesmo tipo de vida que estas a facer agora? Reflexiona...

Os rapaces e rapaces de 4º da ESO ofrecen a súa particular visión, redactando as vidas de mozos e mozas que consiguen superar as dificultades que se lles presentan nas súas vidas, e logran unha oportunidade para o cambio.


lunes, 9 de mayo de 2011

MONFEROSOLIDARIO NO MASTER DE XESTIÓN DA COOPERACIÓN INTERNACIONAL

O pasado sábado 7 e maio de 2011 tivo lugar a presentación do proxecto Monferosolidario no Máster de Xestión da Cooperación Internacional e ONGs da Universidade de Santiago de Compostela. Esta actividade realizouse na Facultade de Ciencias Políticas, en horario de 12:00 a 13:00. Unha vez máis o protagonismo recaeu no noso alumnado, xa que dúas alumnas do centro, Anaís Buyo (3º ESO) e Luz Mery Barral (4º ESO) foron as encargadas de explicar a traxectoria deste proxecto e de falar en primeira persoa das súas motivacións, utopías e soños no seu compromiso coa solidariedade. Contamos tamén coa intervención de Ana Collado, nai de Anaís, que alentou ás familias a tomar un rol máis activo no proxecto, recalcando a importancia de ir sembrando pequenas semillas de solidariedade e amor entre a xente máis nova. Unha vez rematada a intervención, J. Luís Pastoriza, técnico de Entreculturas e docente dun dos módulos do máster, analizou a traxectoria de Monferosolidario e resaltou como un dos grandes logros o feito de enfocar o noso campo de acción dende o protagonismo da mocidade.



No boletín on-line de Entreculturas podedes atopar unha crónica da actividade:

Entreculturas.org: