domingo, 17 de abril de 2011

A SAME NO CPI VIRXE DA CELA




Xunto co Rastro Solidario 2011 e os obradoiros de Contos Solidarios impartidos por Anxo Moure, completamos esta xornada especial do venres 15 de abril de 2011 coa celebración da campaña da SAME no CPI Virxe da Cela. Contamos coa visita de José Luís Pastoriza, técnico de Entreculturas, e Miguel Rodríguez, técnico da CME Galicia. Xuntos presentaron ao alumnado de ESO as liñas fundamentais da campaña, e mostraron o vídeo da campaña da SAME 2010, "Un gol pola educación". As dúas alumnas que representaron ao noso centro no acto da SAME celebrado en Madrid o pasado martes 12 de abril, Luz Mery e Anaís, expuxeron aos seus compañeiros/as as súas impresións e compartiron a súa experiencia, mostrando as fotografías e os videos da recepción no Congreso dos Deputados e a rolda de prensa posterior.

sábado, 16 de abril de 2011

RASTRO SOLIDARIO 2011





Como xa ven sendo unha tradición no noso centro, o pasado venres 15 de abril de 2011 organizamos unha xornada de Rastro Solidario. Alumnado, profesorado e familias visitaron o rastro, organizado por diferentes mostradores situados no edificio de secundaria onde se exhibían diferentes obxectos para a súa venda. Tras esta intensa xornada, onde se efectuaron numerosas compras e adquisicións, fixemos o reconto... Entre a venta de obxectos e unha caixa de donativos acadamos a cantidade de


930 euros con 44 céntimos.


Estes cartos serán destinados a un proxecto de educación para o desenvolvemento. A través desta actividade de sensibilización todos os nenos e nenas, así como as súas familias, comprenderemos que dándolle un novo uso a todos aqueles obxectos que acumulamos nas nosas casas podemos contribuír a mellorar as condicións de moitos outros nenos e nenas do planeta que viven en países empobrecidos. Grazas de novo pola vosa colaboración...

CONTOS SOLIDARIOS CON ANXO MOURE

As Árbores da Paz, de Anxo Moure



Atrapacontos



Alumnado da ESO dramatizando un conto con Anxo Moure




O venres 15 de abril de 2011 tivemos a oportunidade de disfrutar dun interesante obradoiro con Anxo Moure. En dúas sesións, para 3º e 4º da ESO en horario de 10:00 a 11:00; e 1º e 2 da ESO en horario de 11:00 a 12:00, Anxo Moure animou tanto aos rapaces e rapazas, como aos profesores e profesoras que acudiron ao obradoiro, a disfrutar da arte de contar contos, e utilizar os contos como unha ferramenta para cambiar o mundo, denunciando as inxustizas e resaltanto os valores positivos, como o amor, a amizade, e solidariedade. Agradecemos á ONG Educación sen Fronteiras e a Entreculturas, quen nos ofertou a actividade, esta grande oportunidade que nos brindou Anxo Moure non só para disfrutar e rir, senón para ser máis responsables e conscientes da nosa obriga para construír un mundo mellor...



jueves, 14 de abril de 2011

PETICIÓNS AO GOBERNO



Luz Mery Barral Bouzón e Anaís Buyo Collazo son as dúas alumnas do CPI Virxe da Cela que representaron a Galicia no acto estatal da SAME que tivo lugar o pasado martes 12 de abril de 2011 en Madrid. Foron recibidas, xunto con outros/as nenos e nenas de outros colexios por Delia Blanco, Presidenta da Comisión de Cooperación, e os representantes dos diferentes grupos parlamentarios, e pediron ao goberno que fixera efectivo o seu compromiso coa educación básica universal.

Os nenos e nenas aquí presentes en representación de todos os dos centros educativos que participamos na SAME facemos o seguinte chamamento aos políticos do estado español co fin de mellorar a educación e con isto o desenvolvemento daqueles países que máis o precisan:

1. Pedimos aos políticos que lembren o que prometen para conseguir un maior número de docentes e un maior número de escolas que levará a unha redución de alumnado por clase e con isto unha mellor preparación e aproveitamento dos materiais e as tecnoloxías; así acadaremos que todos os nenos e nanas podan de verdade aprender na escola.

2. Pedimos aos políticos que se comprometan a facilitar o acceso á educación dos sectores máis discriminados, como aquelas persoas con necesidades especiais e un trato igualitario entre nenos e nenas.

3. Pedimos aos políticos que cumpran o seu compromiso para acadar a continuidade educativa da mocidade, tanto rapaces como rapazas, impulsando o camiño cara a estudos superiores.

4. Que o goberno español mediante a súa axuda facilite o acceso de as nenas a estudos non so primarios, senón que podan facer estudos superiores e especializarse.

5. Que o goberno español traballe para que os gobernos dos outros países tomen partido cando os pais ou maridos destas nenas ou mulleres lles obriguen a deixar a escola.

6. Que parte da axuda que o goberno español se destine a campañas encamiñadas para que nos países do sur as familias valoren a importancia da educación de nenas e mulleres, e faciliten e posibiliten o acceso á mesma. Isto supoñerá un progreso na vida familiar e un desenvolvemento no país.

Luz Mery e Anaís con Pilar Debén (AECID)


Luz Mery e Anaís con Delia Blanco (Presidenta da Comisión de Cooperación Internacional)

Anaís Buyo na rolda de prensa

Anaís e Luz Mery falando co técnico de Entreculturas






domingo, 10 de abril de 2011

SAME 2011 NO C.P.I. “VIRXE DA CELA”: A educación non é un conto, polos dereitos das nenas e as mulleres.

Desde ou noso centro queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.
Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.
En España, a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) desenvolverase do 11 ao 17 de abril. O 12 de abril unha docente e dúas alumnas do noso colexio viaxarán a Madrid para participar no acto central da SAME e así,  facer chegar as peticións aos representantes do goberno, e que lembren e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade un dos Obxectivos do Milenio que é a Educación para Todos e Todas en 2015.

Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRAN HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Gran Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas historias.
Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.
Como podes facelo:
  •  Podes enviarnos o teu conto a: a.gomez@entreculturas.org, e quedará colgado aquí na nosa páxina web. Así mesmo, tamén a colgaremos, se non o fixeches ti mesmo, na páxina internacional da CME.
  •  Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación  http://www.cme-espana.org/  : Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.
 Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!

                            

viernes, 1 de abril de 2011

RASTRO SOLIDARIO 2011

Alumnado de 1º da ESO anunciando a campaña do Rastro Solidario

Queridas familias:

Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis Monferosolidario solicita a vosa colaboración para levar a cabo un Rastrillo Solidario. Os beneficios desta actividade serán destinados a un proxecto de axuda humanitaria.

O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastrillo.

Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro.

Os obxectos entregaranse no centro escolar entre o 29 de Marzo e o 8 de Abril de 2011 Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o Venres día 15 de Abril de 2011, en horario lectivo, na entrada do edificio de Secundaria.

Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras.

Convidamos ás familias a visitar o noso Rastrillo e colaborar activamente neste actividade.

Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

Monferosolidario: construíndo un mundo mellor

Monfero, a 28 de Marzo de 2011.

CONCURSO DA MASCOTA DE MONFEROSOLIDARIO




O Departamento de Educación Plástica en colaboración con Monferosolidario e o EDLG, organiza un concurso de deseño de mascotas dirixido a toos os/as alumnos/as deste centro:

BASES: Dirixido a todos os alumnos/as do CPI Virxe da Cela, que poderán participar de forma ndividual ou por parellas. Salvo EI, que poderá presentar traballos colectivos. Poderanse presentar un máximo de tres obras por autores.

Tema: O concurso te por obsecto a creación dunha mascota que serva de vehículo de transmisión dos valores de "Monferosolidario". A temática queda aberta á orixinalidade de cada participante.

Nome da mascota: cada obra irá acompañada dunha proposta de nome para a mesma

Formato: Admítense obras en dúas ou tres dimensións. O tamaño mínimo para as creacións planas será A4e máximo de A3

Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional ou tridimensional: rotuladores, lapis, témperas,collage de imaxes ou materiais, computador, plastilina, pasta de modelar, etc.

Data límite de entrega: Venres 13 de maio de 2011.

Premios: Os premios entregaranse a final de curso, e consistirán en tres cheques-regalo para a adquisición de material escolar.